Adornos de Nadal caseiros: inspiración e ideas
Chega o Nadal e que mellor que crear adornos natalicios caseiros todos xuntos. Ten á man tesoiras, cola e moitas ganas! E se facemos uns centros de mesa, figuras para a árbore ou mesmo galletas de xenxibre para decorar o teu Nadal?
Sexas ou mañoso ou non, ensinarémosche desde centros de mesa natalicios ata adornos caseiros para que te inspires. Todo o que precisas para a túa decoración de Nadal está en IKEA.
Ideas para crear adornos natalicios caseiros
Hai un feixe de ideas para crear os teus adornos de Nadal caseiros para pendurar da árbore, para o centro da mesa, para agasallar ou mesmo para comer. Vexamos algúns para pór en práctica.
Adornos de Nadal
O Nadal é unha época de vacacións escolares e moito tempo libre, así que é un momento marabilloso para facer cousas xuntos. Entreter os máis novos pendurando adornos de Nadal poder ser unha idea xenial. Elaborar formas ou engadir cinta para decorar nunha morea de lugares será moi divertido!

Adornos caseiros para a árbore
Entre os adornos caseiros para a árbore destacan os reciclados, como, por exemplo, os cortapastas natalicios que se poden transformar en adornos para a árbore de Nadal. Contámosche como facelo no seguinte vídeo.

Centros de mesa natalicios
A mesa en Nadal non é a mesma sen os centros de mesa natalicios. Proba a sorprender e saír un pouco da monotonía dos de sempre e fainos ti mesmo. Con galletas de xenxibre, usando un candeeiro ou un sinxelo adorno de candea, a túa mesa quedará resplandecente.
Ademais, non todo acaba nos centros de mesa. Tamén pode quedar moi orixinal un gardapanos para Nadal. Ensinámosche como facer un cos teus panos de mesa e decorar a túa mesa en Nadal.

Adornos para agasallar
Non só a túa casa e a túa mesa se engalanan para recibir o Nadal, os agasallos tamén teñen ese toque especial que tanto nos gusta.
Adornar os agasallos de Nadal pode ser máis sinxelo do que pensas se tes a inspiración e a cola axeitados. Escolle papel de agasallo e moito máis entre a nosa decoración de Nadal.
Bo Nadal!”