Saltar

10 agasallos orixinais para o Día do Pai

Os días do calendario vanse riscando e cada vez estamos máis cerca do 19 de marzo. Sabes o que significa iso, non si? Que chega o Día do Pai.

En IKEA sabemos que non hai mellor agasallo para o teu pai que compartir tempo con el nun agradable e divertido día en familia, se a situación o permite. Pero e se che apetece darlle un capricho extra? Para iso mesmo preparamos unha lista de "mellores agasallos para o Día do Pai". Son orixinais, para todo tipo de orzamentos e, sobre todo, moi prácticos, como a nós nos gusta.

Así que, a que esperas para botarlle unha ollada? Atopa o agasallo perfecto!

1. Agasallos para os amantes da música e as BSO

Se o teu pai é un amante da música, non hai nada mellor que regalarlle un pouco os oídos, pero non, non só con piropos, senón con esta primeira proposta: un altofalante portátil Bluetooth. Que che parece?

O seu son e cómodo tamaño farán que o teu pai o pase en grande en calquera momento e lugar da casa, xa sexa mentres traballa na súa mesa, se dá unha ducha pola mañá ou sinxelamente se relaxa un pouco no sofá. 

Sabías que o modelo concreto que che amosamos na foto está feito con plástico reciclado ABS? Así estaraslle facendo un agasallo orixinal, económico e tamén respectuoso co medio ambiente.

2. Agasallos para pais despistados

Teu pai pasa o día buscando o cargador pola casa porque nunca o deixa no mesmo sitio? Que tal se lle facilitas as cousas regalándolle unha base de carga que poida colocar nun lugar accesible e cómodo? É un agasallo moi práctico e económico que vén xenial para o día a día.

Os cargadores sen fíos son unha forma moi sinxela de ter sempre un punto de carga na casa, sen necesidade de cables adicionais. Así que son perfectos para despexar o escritorio ou calquera mesiña.

3. Agasallos para pais traballadores

Se che gustou a idea anterior, esta vaiche encantar. Para eses pais traballadores, que pasan horas e horas fronte á pantalla do ordenador, nada mellor que uns complementos básicos para que traballen comodamente.

Non hai nada como coidar das persoas que queremos, polo que un dos agasallos que che propoñemos é un flexo de traballo. Porque unha boa iluminación favorece a concentración e evita a irritación e o cansazo oculares.

Se xa ten un flexo ou queres regalarlle algo máis, podes optar por uns accesorios para ordenar e gardar cousas no escritorio.

Por exemplo, nós propoñémosche uns prácticos arquivadores ou un organizador de escritorio, como os da imaxe. Axudaranlle a telo todo moito máis á man para traballar mellor. 

4. Agasallos para pais aventureiros

Aínda que este ano non foi o mellor para os amantes da aventura e as emocións, este agasallo pode ser perfecto para a vosa próxima escapada xuntos. 

Se lle gustan as escapadas de fin de semana, unha mochila pode ser o agasallo perfecto para o Día do Pai. A nosa proposta afástase da mochila convencional, xa que ten un peche lateral pensado para que sexa máis seguro e cómodo acceder aos obxectos do interior.  Gústache?

O mellor de regalarlle unha mochila é que, ademais de económica, é moi útil, xa que resulta perfecta para outras actividades, como ir ao traballo. De feito, moitas das nosas mochilas teñen un compartimento especial para gardar o portátil e a friameira da comida sen que se danen. 

5. O compañeiro perfecto para os seus momentos na sala de estar 

Se a teu pai lle encanta dedicar un momentiño polas tardes a relaxarse na sala de estar lendo a súa revista favorita ou navegando por internet, seguro que este práctico agasallo lle axudará. 

Trátase dun accesorio para ter sempre á man os obxectos que máis utilizamos na sala de estar. Deste xeito, esta bolsa de almacenaxe permitiralle gardar todo o que necesite. Cando acabe de usar un obxecto, só terá que volver deixalo no seu compartimento correspondente. 

6. Un agasallo para pais coquetos

As rutinas de beleza non son alleas aos pais. Eles tamén teñen os seus truquiños! Esta proposta está pensada para facilitarlles o día a día. 

Se teu pai ten varios botes con cremas, locións, etc., o mellor é unha caixa con compartimentos así de elegante na que poida metelo todo. A realidade é que os agasallos que facilitan a orde non só nos alegran a vista, senón que nos axudan a ser máis rápidos e efectivos coas nosas tarefas. Así, gañamos minutos extra para o que de verdade nos fai felices.

7. Agasallos gourmet para o Día do Pai

Hai persoas que se conquistan polo padal. Así que, pensando nos pais máis gourmet, a nosa seguinte idea é regalar un lote de café ou té. 

E que terá de especial este lote? Ademais do seu rico sabor e o seu fascinante aroma, este agasallo ten a particularidade de apostar por un consumo máis respectuoso co medio ambiente, xa que a súa procedencia é 100 % orgánica

En IKEA apostamos pola produción de alimentos biolóxicos sostibles. De feito, todas estas bebidas contan coa certificación UTZ, que garante que se cultivou de xeito sostible e que os agricultores traballan en boas condicións.

O café que che amosamos na imaxe, por exemplo, é un produto moi especial, xa que se trata dun café afroitado de torrefacción forte. Teu pai namorarase das súas notas de chocolate negro e froitos secos.

Se queres coñecer toda a nosa oferta de bebidas, convidámoste a visitar a nosa tenda sueca e deleitarte cos nosos produtos.

8. Complementos sibaritas para os máis gastronómicos

Agora que abrimos o gran abano da gastronomía, non está de máis ensinarche algúns accesorios para gozar dela, non cres? 

Se teu pai é un apaixonado do té e o café, seguro que lle fai moita ilusión ter un kit de complementos para estas bebidas quentes (mellor aínda se vai acompañado dun paquete de bo café ou unhas novas infusións exóticas, como vimos antes).  

Por iso, como idea de agasallo para o Día do Pai, recomendámosche, por exemplo, algo tan práctico como unha culler para servir a medida xusta de café ou unhas bonitas e elegantes caixas para gardar o produto en perfecto estado. Incluso, algo tan sinxelo como uns pousavasos de bambú pode ser o toque perfecto para teu pai gozar ao máximo do seu momento.

9. Para os pais que non paran un minuto

Por que renunciar a un bo café ou unha rica infusión? Se teu pai vai contrarreloxo polas mañás, este agasallo viralle xenial para non ter que renunciar a eles. 

Unha cunca portátil para levar a súa bebida quente favorita convértese na solución perfecta. Con este agasallo, axudarás o teu pai e o medio ambiente, xa que evitarás a compra de produtos desbotables, o que supón a redución dos residuos.

Ademais, un termo serve para ir ao traballo, pero tamén de viaxe ou de excursión coa familia. Que che parece? Con esta proposta e as anteriores, seguro que podes facer un kit perfecto.

10. Os accesorios perfectos para as súas comidas e ceas na casa

Outra das posibilidades para regalar o Día do Pai é un xogo completo de copas e xerra para as súas catas na casa.

Ofrecemos, por exemplo, unha gran variedade de copas de viño, cava e cervexa que converterán as súas degustacións na casa en toda unha experiencia sensorial. Porque non hai nada mellor ca unha bebida servida nunha copa feita á medida. 

Podes darllas envoltas nun bonito paquete. Aínda que, se nos permites a recomendación, para que o agasallo teña aínda máis protagonismo, podes darllo directamente nunha cata especial preparada por ti. Que che parece?

Prepara algúns dos seus aperitivos favoritos e sirve a bebida nas copas. Sentirase como un rei!

Que che pareceu? Esperamos que che sirva de inspiración e que pases un día moi especial co teu pai. Se che gustou este artigo e queres ler máis ideas, non perdas esta selección.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.