7 ideas para comer na terraza: todo o que precisas
Cando o bo tempo, o sol e a calor chaman á nosa porta, o que máis nos apetece é gozar deles o maior tempo posible. E se ademais podemos facelo na casa, moito mellor! Se tes a sorte de ter un espazo como unha terraciña, un patio ou un balcón, tes un gran tesouro, así que a nosa misión é ensinarche a sacarlle todo o partido. Queres?
Neste artigo contámosche como gozar dunha comida na terraza (ou en calquera espazo de exterior) repasando punto por punto todo o que necesitas para estar a gusto e que a túa compaña (se a tes) tamén o estea. Un pequeno avance: unha das claves para preparar unha comida agradable na terraza é ter en conta os pequenos detalles e o menú que vas ofrecer.
A gozala!
1. Mobiliario e decoración de exterior
Independentemente de se tiveres unha terraza grande ou unha pequena, os mobles pregables e lixeiros sempre son unha boa idea cando falamos do exterior, sobre todo se queremos organizar unha comida na casa. Así poderemos adaptala facilmente ás nosas necesidades de cada momento e tamén ás circunstancias.
As mesas e cadeiras pregables, por exemplo, permítennos ter máis ou menos espazo de paso, pois son moi prácticas e resulta moi cómodo poñelas e quitalas.
E xa que falamos da contorna, non está de máis acondicionar a terraza cuns complementos para maior comodidade. Por exemplo, recomendámosche engadir uns coxíns de exterior e mesmo que teñas á man algunha mantiña por se refresca. Estes detalles farán que poidas estar horas e horas na terraza sen que te deas conta e que a sobremesa non teña fin.
Ah! Se podes, reserva un espazo para colocar algún moble de exterior que sirva como zona de almacenaxe. Así podes empregar un estante ou un armario pequeno con portas para ter á man todos eses obxectos que necesitas, como as mantas que mencionábamos e incluso complementos para a túa comida na terraza, como os panos de mesa ou o mantel. Así non terás que facer tantas viaxes de aquí para acolá cando poñas a mesa. Ademais, será o lugar perfecto para gardalo todo cando termines e protexelo do exterior. Superpráctico e cómodo, como debe ser.
2. Unha comida sen música? Dálle volume!
Encántannos os pícnics e as comidas na terraza, pero sen música son a metade de divertidos. Aínda cando estás a tomar un aperitivo a soas, a música é necesaria!
Neste caso, o noso altofalante ENEBY parécenos unha opción marabillosa para sacar á terraza, xa que é portátil. Podes conectalo e escoitar música dende o teléfono móbil, o ordenador ou calquera outro dispositivo con conexión Bluetooth.
Ademais, pensa que non tes por que colocalo sobre a mesa, xa que ocuparía un espazo innecesario, así que podes colgalo da asa. Irá contigo alá onde o precises.
3. Grelladas: unha comida rápida e saborosa
As grellas son as grandes aliadas das comidas e ceas na nosa terraza, incluso cando o espazo é reducido.
Para a túa comida de balcón ou terraza na cidade non pode faltar unha grella na que facer os teus pratos favoritos, xa foren carne, peixe ou verduras. Sobre todo porque é unha forma sinxela de facer unha comida ao aire libre e compartila con amigos, sen ter que estar a entrar e saír da casa para cociñar. Non hai nada que represente mellor a primavera e o verán que as grelladas!
4. Comida na terraza: elixe un menú variado e apto para todo o mundo
Á hora de escoller o menú e organizar unha comida na terraza cómpre ter en conta as persoas que van comer con nós.
Quizais non todos comen carne ou, simplemente, non lles apeteza facelo. Por iso é xenial sacares petiscos antes da grellada ou ofreceres variantes da carne que vas preparar, como salchichas vexetais ou calquera outra comida vexetal (en IKEA temos moitísimas opcións!).
Recomendámosche varios pratos, a poder ser, saudables na súa maioría, para todo o mundo ficar contento! Ademais, se hai algo que o bo tempo permite é optar por receitas máis frescas nas que a froita e a verdura teñan máis protagonismo nas nosas mesas. Así que será moi sinxelo.
5. Plantas para decorar a terraza
Tes unha terraza sen plantas? Iso non pode seguir así!
Colocar unhas poucas plantas sempre é unha excelente opción para mellorar o ambiente da terraza. Se queres, podes poñelas con diferentes tipos de testos para dar variedade de materiais e cores ao espazo, ou utilizar uns soportes para testos para xogar coas alturas.
Por outro lado, tamén nos encanta a idea de crear un horto urbano na terraza, con plantas aromáticas que sirvan para aderezar os teus pratos: menta, tomiño, alfábega… Que che parece a idea?
6. Vaixela de plástico reutilizable
A vaixela tradicional pode ser demasiado fráxil, pesada ou formal para servir petiscos ou comida na terraza.
Recomendámosche optar por unha vaixela de plástico que se poida utilizar varias veces. É ideal para comer aínda que sexa de pé, xa que non pesa nada, non rompe, pode lavarse e é preciosa!
En IKEA, estamos moi comprometidos coa sostibilidade e, por iso, deseñamos esta liña de plástico renovable, unha opción máis respectuosa co medio ambiente que coida de ti e do planeta.
7. Iluminación de exterior axeitada
Hai pícnics, comidas e ceas na terraza que poden alongarse moito e sábelo. Seguro que xa che ten pasado algunha vez! Pois ben, para estares preparado para ese momento, recomendámosche que te anticipes e teñas instalada una boa iluminación de exterior.
Podes escoller modelos solares como a nosa colección SOLVINDEN: grilandas, lámpadas de teito e de mesa… Combina varios puntos de luz para ter unha terraza do máis acolledora para estas noites de primavera e verán.
Que che pareceu? Saca todo o partido da túa terraza ou do teu balcón! Se che gustou esta idea e quedaches con ganas de máis, bota unha ollada a esta selección especial de artigos. Seguro que te inspiran moitísimo.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.