5 agasallos orixinais e diferentes para persoas moi especiais
Co Nadal á volta da esquina, unha das preocupacións que máis dores de cabeza provoca aos adultos é a de que agasallar. Pasan os anos e parece que cada vez é máis complicado sorprender a esa persoa con algo acertado e totalmente inesperado, non si? Pois ben, seguindo a popular regra das tres B (bo, bonito e barato), preparamos unha selección de obxectos que, ademais de cumprir con estas condicións, teñen outros tres adxectivos máis: "orixinais", "sorprendentes" e de "calidade". Queres ver de que se trata? Deixa de preocuparte por que agasallar este Nadal e inspírate coas seguintes 5 ideas.


A tendencia do metalizado
Se a persoa á que queres facer un agasallo apaixónalle a moda, sorpréndea con algo que siga as últimas tendencias de decoración.
Esta tempada o protagonista é, sen dúbida algunha, o metalizado. Os obxectos con este tipo de acabado están tendo un grande impacto, tanto en pequenos detalles coma en pezas máis grandes e vistosas.
Así que non o penses dúas veces. Elixe un agasallo que se axuste doadamente á casa, como un portacandeas para o salón, un marco para presumir de todas as fotos que tedes ou unha campá coa base dourada para destacar un obxecto especial.
Se queres ver toda a colección de obxectos metalizados, entra na nosa sección especial de Accesorios decorativos.
Obxectos pequenos para grandes proxectos
Os agasallos de Nadal son como o bo perfume, pois o tamaño non define que vaia ser mellor. De feito, non é mala idea apostar por un detalle pequeno e útil, como o que che presentamos a continuación.
Unha vez pasen os días de festa e celebración de Nadal, a volta á rutina e ao traballo será unha crúa realidade á que haberá que facer fronte. E que mellor que comezar o novo ano con bo pé? Fai que esa persoa teña todo listo para organizarse e desenvolver toda a súa creatividade cunha minipapelaría como a LANKMOJ. Clips, posts-it, marcadores... Todo o necesario para non deixar escapar as boas ideas.
Descubre máis obxectos de organización na nosa sección de Papelaría.
A hora do café ao estilo gourmet
Para os afeccionados ao momento do café ou infusión de media tarde, non hai nada mellor que un agasallo que complemente ese ritual de bebidas quentes.
Unha bonita bandexa, un coadoiro para as infusións e incluso unha culler especial para servir o mel poden converter as tardes nunha experiencia moi especial. Podes completalo, ademais, cunha selección de paquetes de infusións afroitadas EGENTID, que a parte de deliciosas e aromáticas, están elaboradas de xeito sostible (gama natural certificada por UTZ).
Accede aos nosos produtos de alimentación premendo aquí.
Para quen sempre te invita
Esa persoa que sempre está disposta a acoller a amigos e familia no seu fogar e goza con iso, merece un detalle. Que tal un complemento práctico e decorativo para que o luza neses encontros?
O soporte BRÖLLOP é perfecto para manter calquera alimento, como os pasteis frescos ou un riquísimo queixo, en perfectas condicións. Cando retire a tapa converterase, ademais, nunha fonte para servir os pratos.
Algo bonito, natural e duradeiro
Hai persoas que adoran a natureza, pero tan só poden gozar dela nas vacacións ou nas fins de semana. Por iso as plantas son unha aposta perfecta para agasallar. Son bonitas e cuns poucos coidados poden durar ata unha década completa!
As plantas pequenas son ideais para vivendas que non dispoñen dun gran espazo, coma un apartamento ou un piso compartido. Con elas, poderás agasallar un anaquiño de natureza a eses amantes do verde. Podes poñela sobre unha pota de cerámica ou un floreiro especial para darlle un toque diferente.
Non perdas a gama de plantas naturais na sección da nosa web Plantas, xardinaría e horta.
Se quedaches con ganas de coñecer máis consellos e ideas para este Nadal, bota unha ollada á nosa sección de Árbores de Nadal, testos e plantas.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.