Saltar

Receitas sinxelas e orixinais para Samaín

Se quixeres organizar unha pequena festa de Samaín, non deixes pasar estas sinxelas e terroríficas receitas. Lembra que, nunha noite coma esta, alén do sabor, conta moito o aspecto, polo que o obxectivo é preparar pratos gorentosos e arrepiantes ao mesmo tempo. Ponte mans á obra e sorprende os teus convidados cunha cea orixinal! 

Achégase a noite de Samaín e é momento de preparar a nosa casa para unha gran festa de celebración terrorífica e divertida á vez. E que é a cousa que non pode faltar en toda boa festa? Un menú que deixe os convidados coa boa aberta.
 
Así que, independentemente de se a festa é para os amigos ou para a familia, incluídos os pequenos da casa, non podes deixar pasar estas deliciosas receitas sinxelas e moi orixinais para sorprender a todos os comensais. Poderás atopar todos os ingredientes na nosa tenda de alimentación sueca. Así que toma nota! 

Receita 1. Momias de canela

Existen moitas iconas asociadas a esta festividade, como a bruxa, o vampiro... Pero unha das máis populares é a momia. De feito, dise que moitas están baixo os efectos dunha maldición para evitar os roubos. Entón arriscaríaste a coller do prato unha destas deliciosas momias de canela? 

Se queres preparalas, só necesitas estes ingredientes

  • Boliños de canela.  
  • Glaseado de azucre (nós empregamos un dos lapis do kit de Dr. Oetker).  
  • Ollos comestibles (tamén podes usar lambetadas ou pebidas de chocolate branco). 

Preparación

  1. Co lapis de glaseado branco, debuxa directamente sobre o boliño un rectángulo e faille divisións por dentro. 
  2. Deixa un oco para pegar uns ollos comestibles no centro. 
  3. Enche ben de vendas os ollos e os laterais. 
  4. Deixa que seque por completo o azucre e repite o proceso co resto de boliños. 

Receita 2. Filloas fantasmagóricas  

 

A quen non lle gustan as filloas? Este prato pode ser a opción ideal para a túa festa, xa que poderás darlle forma de pantasma, un personaxe que non pode faltar na noite de Samaín. Nesta ocasión imos facelas doces, pero tamén podes facer unha versión salgada con kétchup, xamón e queixo... ti elixes!  

Ingredientes: 

  • Filloas conxeladas 
  • Marmelada de amorodo 
  • Nata
  • Azucre glas  

Preparación:  

  • Quenta as filloas. 
  • Coloca varias capas e dálles forma de pantasma coa axuda dun coitelo ou dunhas tesoiras. Podes facelo cun molde para galletas en forma de pantasma. 
  • Enche cada filloa pantasma con nata y marmelada.
  • Decora a "cara" da pantasma con marmelada e coloca un chisquiño máis para darlle un toque sanguinolento.  
  • Dálle o toque final cun pouco de azucre glas.

Receita 3. Bolos de salchicha con forma de dedo

Os bolos con salchicha son unha receita moi fácil e rápida, e ademais gustan moito! Que tal se para a noite do 31 de outubro cambiamos as salchichas por uns dedos arrepiantes? O resultado é impresionante, non si? Ensinámosche a preparalos. 

Ingredientes

  • Salchichas 
  • Panciños para bolos con salchicha 
  • Cebola crocante 
  • Ketchup 

Preparación

  1. Corta unha salchicha pola metade. 
  2. Colle unha das partes e faille uns pequenos cortes ao ancho que serán as liñas da pel do dedo. 
  3. Nun dos extremos, corta lateralmente unha capa fina e sácaa para simular a uña. 
  4. Pon a salchicha nun pan. 
  5. Para un efecto máis aterrador e sanguinolento, bota kétchup arredor da salchicha. 

Receita 4. Doces arrepiantes  

Se queres que os teus convidados gocen ao máximo e se dean un capricho doce en calquera momento, recomendámosche que montes un pequeno recuncho doce con diferentes boliños personalizados. Para conseguilo, só precisarás facer uso de diferentes xaropes. Imos aló!  

Ingredientes: 

  • Bolos de canela conxelados 
  • Boliñas de coco 
  • Xarope de arandos azuis 
  • Xarope de arandos vermellos  

Preparación:  

  • Enforna os boliños de canela seguindo as indicacións.
  • Coloca os boliños de canela e as boliñas de coco en diferentes pratos.
  • Decora con motivos de Samaín con xarope de arandos azuis e vermellos. Podes facerlles caras de terror ou simplemente pór un toque sanguinolento.  

Receita 5. Torta de araña 

E por último non hai nada máis delicioso e tentador para unha comida ou cea de Samaín que unha torta de chocolate. Pero esta torta non é unha calquera, xa que unha araña decidiu crear nela unha pequena obra de arte e encheuna de teas de araña con sabor a chocolate branco. Que tal lle quedaría a sobremesa á nosa pequena chef? Velaí a receita! 

Ingredientes

  1. Torta de chocolate (pódela facer ti ou comprar unha conxelada e só decorala). 
  2. Barras de chocolate branco (a cantidade depende do tamaño da torta). 
  3. Froitas ou lambetadas pequenas. 

Pasos

  • Saca a torta do envase e deixa que desconxele. 
  • Derrete un par de barras de chocolate branco. 
  • Méteo nunha manga pasteleira. 
  • Debuxa unha tea de araña co chocolate. Podes empezar polas liñas centrais (facendo unha cruz) para que sexa máis fácil.  
  • Engade unhas froitas ou lambetadas de froitos vermellos a modo de ovos de araña. 

Presentación final    

Agora que temos preparados todos os pratos do noso particular "truco ou trato", é hora de servir o noso menú para a noite dos mortos.   

É tan sinxelo como utilizar algúns dos ingredientes das nosas divertidas receitas de Samaín. Usa unha táboa como prato ou soporte e pon enriba, nun dos extremos, unhas poucas candeas desfeitas (lembra: sempre con coidado!). Agora deixa caer por enriba anaquiños de lambetadas arrepiantes, xunto a unha colorida araña. Tamén podes crear o efecto dunha tea de araña falsa desfacendo algodón. E xa está!  

Prepara unha noite chea de disfraces de Samaín, cine de terror, música e comida espectacular. Se queres ver algunha das receitas paso a paso, non perdas o vídeo! 

Lembra que, se precisas algún dos produtos que mencionamos nas receitas de cociña, podes atopalos na nosa tenda de IKEA FOOD premendo no seguinte botón. Ademais, deixámosche un artigo con máis ideas para organizar a festa de Samaín, para que te enchas de inspiración. Feliz Samaín!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.