3 receitas de San Valentín: ideas doadas e románticas
O 14 de febreiro xa está aquí! E que podemos facer para sorprender a esa persoa tan especial? Nós propoñémosche que chegues ao seu corazón a través do padal. Non perdas estas 3 deliciosas e sinxelas receitas para o Día dos Namorados.


San Valentín, padrón dos namorados, chega un ano máis para unir as parellas e celebrar o amor. Como podemos superarnos ano tras ano e non perder esa chispa tan especial? Non hai mellor mostra de amor que aquela que require un chisco de esforzo e dedicación. Daquela, que mellor que preparar uns gorentosos manxares para cativar todos os sentidos? Anota estas 3 ideas e gozade dun San Valentín romántico en casa.
Os ‘bos días’ en forma de corazón
Que mellor xeito de espertar que cun almorzo romántico? As mañás son todo un desafío para preparar un festín. Apenas hai tempo para preparalo e, en calquera momento, a túa parella pode espertar e sorprenderte a ti.
Así que, para asegurarnos un éxito rotundo e a tranquilidade de telo todo a tempo, a nosa primeira receita de San Valentín son uns irresistibles gofres de corazóns con queixo e marmelada. Tan só terás que cociñalos no forno e nuns instantes estarán feitos. Engade a marmelada ou acompañante favorito, prepara un pouco de café e… listo! Un gran comezo para un día moi especial.
Un último truco: Dá un paso máis e ameniza o momento cun pouco de música. Deixa que o aroma do almorzo acabado de facer se ocupe do resto. Encantaralle!
Prepara o seu prato favorito
Quen di que crear algo romántico ten que ser complicado? Trátase de marcar a diferenza con pequenos detalles. Como adiantarse a preparar a mesa, poñer algún complemento fóra do cotián e, en definitiva, facer sentir especial á outra persoa.
Ninguén coma ti coñece a túa parella. Daquela, por que non preparas o seu prato favorito? Non fai falla que todo estea ateigado de corazóns ou que pases horas e horas cociñando unha receita que nunca probaches. Moitas veces, na sinxeleza reside a excelencia. Así que se queres unha receita coa que triunfar en San Valentín, aposta por ese prato ao que nunca resiste a tentación.
Para os que non teñen nin un segundo
Ningún xesto é demasiado pequeno cando se fai con amor. E como sabemos que ás veces é imposible dispoñer de suficiente tempo para poñerse diante dos fogóns, ou simplemente non sodes de celebrar como tal este día, esta é a nosa receita alternativa para San Valentín. Unhas exquisitas galletas! Prepara unha bebida quente para acompañalas e gozade da vosa compañía mutua. Estas galletas satisfarán o doce antollo da túa parella e o pequeno corazón que as adorna no medio establecerá o ton para un momento acolledor xuntos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.