Condicións xerais da venda telefónica
O presente documento, xunto todos os documentos anexos, regula as condicións polas que se rexe a venda telefónica e a compra de produtos por este mesmo medio.
Ao facer un pedido, o Cliente consente quedar vinculado por estas Condicións Xerais de Compra, ben como polas Condicións de Uso, a Política de Privacidade e a Política de Cookies:
https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/privacy-policy/
https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/cookie-policy/
IKEA poderá modificar as presentes Condicións Xerais de Compra, ben como as Condicións de Uso, Privacidade e Cookies.
Recomendamos ao Cliente que as lea antes de proceder ao pagamento, xa que serán de aplicación aquelas que estiveren dispoñibles na web de IKEA en cada momento no apartado "Termos e Condicións", sendo sempre a aceptación destas un paso previo e indispensable para a contratación.
O pedido poderá formalizarse a elección do Cliente en calquera dos idiomas dispoñibles na páxina web: galego, castelán, éuscaro, catalán e inglés.
1. OS NOSOS DATOS
Os datos da empresa responsable son os seguintes:
IKEA IBÉRICA SA, CIF A28812618
Con domicilio na Avenida Matapiñonera N.º 9 Código postal 28703
San Sebastián de los Reyes (Madrid)
Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no Tomo 1215, Sección 8.ª, Folio 102, Folla 23549
Con teléfono 900 400 922
Correo electrónico ikeaparati@ikea.com En adiante "IKEA"
2. INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS PREVIAS Á CONTRATACIÓN.
O Cliente con carácter previo á contratación e durante o proceso de compra poderá acceder, arquivar e imprimir estas condicións xerais de contratación para a súa consulta.
Toda a información e todos os datos persoais que subministre o Cliente ao utilizar este sitio web serán tratados conforme á Política de Privacidade de IKEA, e conforme ás opcións que marcase no momento da aceptación das Condicións de Compra. O Cliente declara que toda a información e datos que facilite a IKEA son veraces e se corresponden coa realidade. Se o Cliente non facilita toda a información necesaria non se poderá cursar o seu pedido.
O Cliente comprométese a non realizar ningún pedido falso ou fraudulento, reservándose IKEA nesas circunstancias a facultade de cancelalo e tomar as accións oportunas.
O Cliente declara que é maior de 18 anos e dispón da capacidade legal e de obra necesaria e suficiente para celebrar contratos de contido económico.
No caso de persoas xurídicas, as persoas físicas que actúen no seu nome e representación a través do presente sitio garanten fronte a IKEA, e terceiros vinculados para a prestación dos servizos contratados, que ostentan representación suficiente ao seu favor pola correspondente persoa xurídica no momento de realizar a compra e garanten que no momento de realizar a transacción non están a vulnerar dereitos de ningún terceiro respecto diso e que os datos e información relativa ás persoas xurídicas son veraces, exactos e fiables.
IKEA non se responsabilizará de ningún dano, perda ou prexuízo a persoas ou bens que traian causa ou se relacionen coa anterior declaración.
3. ÁMBITO XEOGRÁFICO
Os produtos que se ofrecen a través deste sitio web están unicamente dispoñibles para o seu envío ou recollida no territorio español, agás as illas, Ceuta e Melilla.
4. PRODUTOS IKEA
O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e foron sometidos a métodos de ensaio conforme as normas e estándares correspondentes. No entanto, algúns artigos da variedade foron probados para un uso profesional ou público e cumpren os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade que establecen as normas técnicas correspondentes aos devanditos usos.
As garantías que ofrece IKEA con respecto a todos os seus produtos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico. O Cliente deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, asegurarse de que este é axeitado para o uso que lle quere dar. Para tal fin, existen fichas descritivas do produto dispoñibles para consultar nas tendas IKEA e en www.IKEA.es.
KEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA.
O Cliente declara coñecer que IKEA non ten sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO9000, ISO 14000, EMAS, SA8000, etc.). IKEA ten por obxectivo que a marca IKEA sexa por si mesma garantía de confianza para os seus Clientes, tanto dos procesos que seguen como dos artigos que venden respecto ás cuestións de calidade, seguridade, medio ambiente e responsabilidade corporativa. Para iso, conta con sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os seus procesos e que realizan auditorías internamente para asegurar que se realizan correctamente en todas as súas unidades.
A fabricación dos seus produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios de IKEA, baseados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas como as arriba mencionadas. Ademais, ten auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produtos e dos servizos que ofrece IKEA.
5. MEDIOS TÉCNICOS PARA CORRIXIR ERROS
A web de IKEA mostra ventás de confirmación dos datos facilitados que eventualmente non permiten continuar coa compra se os que se introducen non teñen o formato correcto. Sexa como for, antes de realizar o pedido e o pagamento, o Cliente poderá visualizar na páxina web de IKEA os produtos do seu interese. Se detectases un erro tras finalizar o proceso de pagamento, deberás contactar co Servizo de Atención ao Cliente no teléfono 900 400 922, no enderezo de correo electrónico ikeaparati@ikea.com ou a través do formulario dispoñible na seguinte ligazón https://ww9.ikea.com/es/es/contacto/formulario.php.
6. PRODUTOS EXCLUÍDOS
Están excluídos da compra a través do servizo de "Venda telefónica" as plantas naturais, os produtos da gama "IKEA Food", os produtos de alimentación, tea por metros, mesados á medida, alfombras persas, artigos de oportunidades, os produtos nos que non se permita diferenciar con referencias para todas as cores ou tamaños nos que estiver dispoñible e os produtos personalizados.
7. COMO REALIZAR UN PEDIDO DE VENDA TELEFÓNICA
IKEA ofrecerá aos clientes un servizo de venda telefónica a través do número de teléfono que habilite na súa páxina web nas seccións nas que se atopan os diferentes produtos dispoñibles para este servizo específico de 8:00 a 22:00 de luns a sabados, non festivos e de 10:00 a 20:00 domingos e festivos. Para calquera outra xestión que non estiver relacionada con este servizo, deberás contactar co Servizo de Atención ao Cliente.
Para poder realizar unha compra telefónica, o Cliente deberá contactar con IKEA a través dos teléfonos habilitados para a prestación deste servizo e comunicar a IKEA os produtos que desexa adquirir.
O Cliente, antes de realizar o pedido, deberá seguir os pasos seguintes:
1. Ler e entender a descrición dos produtos segundo aparece neste sitio web. No caso de dúbida, o Cliente deberá contactar con IKEA a través do formulario web https://ww9.ikea.com/es/es/contacto/formulario.php, o correo electrónico ikeaparati@ikea.com, o teléfono de contacto de Atención ao Cliente ou dirixirse á tenda IKEA máis próxima.
2. Ler e entender as características esenciais e técnicas dos produtos, que se atopan dispoñibles nos apartados de información de produto e información técnica do sitio web. Entre elas, calquera declaración relativa a normas técnicas e prestacións relevantes ao uso que quere dar ao produto.
3. Consultar no sitio web o prezo indicado dos produtos e as posibles promocións aplicables, onde poderá visualizar e coñecer o prezo final incluído o IVE ou imposto que, se for o caso, puidese ser aplicable, así como o prezo do servizo de transporte seleccionado. Infórmase previamente e o Cliente declara recoñecer e aceptar expresamente que o prezo dos artigos que figura no sitio web de IKEA pode variar, unicamente á baixa, conforme as promocións vixentes en cada momento.
Segundo a mercadoría seleccionada, a entrega dos produtos realizarase mediante paquetaría (pedidos menores de 25 kg nos que ningún dos seus artigos supere as medidas 78,5 x 55 x 39 cm) ou mediante entrega domiciliaria.
Unha vez seleccionados os artigos, IKEA procederá a enviar o pedido realizado por teléfono ao correo electrónico facilitado polo Cliente. O Cliente recibirá neste mesmo correo unha ligazón á sección da web de IKEA na que deberá ler e aceptar as condicións legais, así como a pagar a mercadoría e o servizo de entrega correspondente. No caso de formalizarse efectivamente o pedido, IKEA non arquivará en formato papel o documento no que se formaliza o contrato. No entanto, enviaralle a ligazón a estes termos e condicións, que contén o documento de desistencia (Anexo 1) ao correo electrónico que designase para tal efecto, de xeito que o Cliente terá a posibilidade de recuperar e gardar as Condicións Xerais de Compra.
No caso de conformidade, o Cliente deberá efectuar o pagamento premendo no botón "Pagar".
Após efectuar o pagamento, IKEA enviaralle decontado por correo electrónico a confirmación do seu pedido, así como a súa Orde de Compra xunto coa ligazón ás Condicións Xerais de Compra e a factura correspondente da compra realizada.
8. MODALIDADES DE ENTREGA
Paquetaría a domicilio
Sempre que o servizo estea dispoñible, os pedidos de menos de 25 kg, nos que ningún dos seus artigos supere as medidas 78,5 x 55 x 39 cm, enviaranse por medio do servizo de paquetaría. Na páxina do produto, preme "Ver máis información do produto" e atoparás todos os detalles das medidas e o volume dos nosos artigos. Quedan excluídos deste método de envío os electrodomésticos e aqueles artigos para os que non se poidan garantir as condicións óptimas na entrega da mercadoría.
Paquetaría a oficina de Correos
Todos os envíos a domicilio de menos de 25 kg, nos que ningún dos seus artigos supere as medidas 78,5 x 55 x 39 cm, enviaranse por medio do servizo de paquetaría con recollida en oficinas de Correos. Na páxina do produto, preme "Ver máis información do produto" e atoparás todos os detalles das medidas e o volume dos nosos artigos. Quedan excluídos deste método de envío os electrodomésticos e aqueles artigos para os que non se poidan garantir as condicións óptimas na entrega da mercadoría.
Envío a domicilio
Se o pedido non cumpre as características de paquetaría, enviarase a domicilio a través do servizo de 4transportista.
Envío rápido
Sexa como for, sempre que o servizo estiver dispoñible, e para pedidos con volume e características de calquera tipo, temos dispoñible o envío a domicilio desde a tenda IKEA máis próxima ao Cliente. Ofreceremos a posibilidade de envío rápido ao mesmo custo que o das modalidades establecidas para "Envío a domicilio". O Cliente poderá saber se ten dispoñibilidade de envío rápido desde a tenda máis próxima no proceso de selección do pedido. O prazo máximo do envío rápido será de 14 días desde a realización do pedido.
Envío exprés
Sexa como for, sempre que o servizo estea dispoñible e que o domicilio de entrega se atope nos CP incluídos ao final do documento, para pedidos de ata un máximo de 155 kg, poderase seleccionar o envío exprés. O prazo máximo do envío do pedido exprés será de 14 días desde a realización do pedido.
Envío económico
Sexa como for, sempre que o servizo estea dispoñible e que o domicilio de entrega se atope nos CP incluídos ao final do documento, para pedidos de ata un máximo de 50 kg, poderase seleccionar o envío económico. O Cliente poderá comprobar se ten dispoñibilidade de envío económico desde a tenda máis próxima no proceso de selección do pedido. A entrega farase na porta do domicilio ou no relanzo. Só hai dispoñible unha franxa de entrega de 09:00 a 21:00. Non será posible elixir franxas de entrega máis reducidas. Non é posible asociar este transporte cun servizo de montaxe ou instalación, ou calquera outro servizo. O prazo máximo do envío económico do pedido será de 14 días desde a realización do pedido.
Click & Collect
Recollemos o pedido e témolo preparado para que o Cliente vaia por el á tenda IKEA que elixa.
Servizo dispoñible só nas tendas habilitadas. O Cliente pode comprobar a dispoñibilidade do servizo na tenda da súa elección no carriño da compra. O proceso de preparación e entrega do pedido realizarase seguindo as medidas de seguridade establecidas para a prevención da COVID-19.
Click & Collect – Locker
Recollemos o pedido e deixámolo preparado nos armarios situados no exterior das nosas tendas. Cando o pedido está preparado, enviamos un SMS ao número de teléfono indicado no pedido polo Cliente, co código que deberá empregar para abrir o armario e recoller o pedido. A apertura do armario co código indicado implicará automaticamente a recepción da mercadoría. O Cliente deberá notificar o día da recollida, no Servizo de Atención ao Cliente, calquera incidencia relacionada co pedido recollido. O código facilitado por IKEA é persoal e intransferible, e IKEA non se fai responsable da cesión, divulgación ou uso inadecuado do código por parte do Cliente ou de terceiras persoas.
Servizo dispoñible só nas tendas habilitadas. O Cliente pode comprobar a dispoñibilidade do servizo na tenda da súa elección no carriño da compra.
Click & Collect Pick Up Point – Punto de recollida
Achegamos o pedido ao punto de recollida que o Cliente elixa. Servizo dispoñible só nos puntos de recollida habilitados.
O Cliente pode comprobar a dispoñibilidade do servizo no punto de recollida da súa elección no carriño da compra.
9. DISPOÑIBILIDADE
IKEA amosará no seu sitio web unha información actualizada da dispoñibilidade e stock dos produtos. Aínda así, é posible que un produto, cuxa dispoñibilidade fose confirmada por IKEA, se esgotase durante a realización do pedido. Neste suposto, IKEA porá en coñecemento do Cliente esta situación a través do correo electrónico ou telefonicamente e ofreceralle as seguintes alternativas:
- A entrega do produto nun prazo superior ao inicialmente indicado previa conformidade do Cliente con esta solución, sen custo adicional.
- A devolución do prezo cobrado nun prazo máximo de tres días laborables, desde a indicación por parte do Cliente de que esta é a alternativa elixida, polo mesmo medio de pagamento empregado no momento de aboar o pedido. No caso de supoñer a devolución total do pedido, o importe para devolver incluirá os gastos do servizo de envío do produto que pagase o Cliente. No caso dunha devolución parcial na que os artigos obxecto da devolución cambiasen as características da modalidade de entrega do pedido inicial, e polo tanto o prezo do servizo, axustarase esta diferenza de prezo na devolución.
10. PREZO E PAGAMENTO
Os prezos dos produtos que constan no sitio web inclúen IVE e son os actuais en cada momento, incluídas as promocións vixentes que puidesen ser aplicables.
Os prezos dos produtos exclúen os gastos dos servizos, que se engadirán ao importe total antes de proceder a pagalo.
O Cliente poderá empregar como medio de pagamento PayPal ou as tarxetas VISA e MasterCard de crédito ou débito, tarxetas devolución ou regalo (sempre que a tarxeta conte cun número PIN). Tamén poderá optar por fraccionar o pagamento da súa compra utilizando a súa Tarxeta IKEA VISA*. A compra online será fraccionada automaticamente a 10 meses sen xuros. Unha vez finalizada a compra, poderás cambiar o seu fraccionamento ao modo de pagamento habitual que tiveres asignado na túa tarxeta a través da aplicación IKEA VISA ou chamando ao 902 101 335.
Consulta as condicións de financiamento da túa tarxeta IKEA Visa en https://www.ikea.com/es/gl/customerservice/nuestros-servicios/financiacion/
*Oferta financeira realizada por CaixaBank Consumer Finance E.F.C. e suxeita á súa aprobación. TIN: 0 %.TAE: 0 % para compras feitas na tenda online de IKEA. Oferta válida ata o 31/08/2021. Importe mínimo a financiar: 10 €. Importe máximo a financiar: 15 000 €.
Para iso, no proceso de pagamento do pedido, o Cliente terá que introducir os datos da tarxeta elixida para o pagamento. IKEA contratou terceiras empresas que garanten a seguridade das transaccións na web. Todos os datos proporcionados para estes efectos son encriptados para garantir a súa máxima seguridade e alóxanse nun servidor seguro certificado segundo o protocolo SSL.
O Cliente poderá empregar como medio de pagamento tarxetas devolución ou regalo (sempre que a tarxeta conte cun número PIN), sempre que faga un pedido con servizo de envío a domicilio ou paquetaría; non será así para os pedidos con envío rápido, envío económico, recollida en tenda, recollida en Locker ou en puntos de recollida.
IKEA non se fai responsable da falta de veracidade dos datos incluídos polo Cliente no momento de realizar o pedido nin especialmente dos danos xerados a terceiros polo uso ilexítimo polo Cliente de medios de pagamento.
Non é posible aboar a compra dos produtos nin o servizo de forma distinta á prevista, nin de forma separada no establecemento IKEA ou punto de entrega.
11. PROMOCIÓNS
Promocións con desconto directo
Na páxina web o Cliente poderá atopar artigos aos que se lles aplican descontos directos no prezo. Naqueles descontos ofrecidos por ser socio IKEA Family, será necesario que introduzas o teu número de socio para que se aplique o desconto.
Algúns dos descontos ofertados fanse de forma local polo que, para que se aplique o desconto, o pedido debe ser tramitado desde a tenda que aplica o devandito desconto por medio das modalidades de entrega Click & Collect, Envío rápido ou Envío económico.
Promocións de venda con prima
En promocións con venda con prima (regálase un produto, varios, tarxeta regalo ou tarxeta desconto coa compra), informarase ao Cliente das condicións específicas de cada unha das promocións. A aqueles Clientes que cumpran os requisitos da promoción, IKEA faralles entrega dunha tarxeta promoción en formato dixital, por medio do correo electrónico que facilitaron no momento da compra, co importe indicado. Esta tarxeta promoción só se poderá trocar en todas as tendas físicas de IKEA España agás Canarias e Baleares, durante un tempo limitado.
12. FACTURACIÓN
Para pedidos de Click & Collect, Click & Collect en Locker, Click & Collect en punto de recollida, Envío rápido, Envío exprés ou Envío económico
O Cliente recibirá a súa factura, en formato papel ou dixital, pola compra dos produtos e servizos contratados, que se entregará xunto coa mercadoría.
Para pedidos de Paquetaría ou Envío a domicilio
O Cliente recibirá a súa factura, en formato dixital, por medio do correo electrónico no momento da 8confirmación da compra, pola compra dos produtos e os servizos contratados.
13. CUSTOS DOS SERVIZOS
O Cliente será informado, en todo caso e, con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, dos custos dos servizos ofrecidos para o canal online. Ademais, o Cliente pode atopar información adicional sobre os servizos aquí: https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/services/.
14. ENTREGA
IKEA remitirá o pedido no prazo acordado co Cliente segundo a modalidade de entrega. A "entrega" entenderase como realizada cando o Cliente ou un terceiro designado por el adquira a posesión material dos produtos.
Para confirmar que se fai a entrega, o Cliente deberá asinar o albará de entrega do pedido.
Se por mor da situación actual derivada do estado de alarma non podemos realizar a entrega, IKEA asumirá os custos dun segundo envío ou facilitaralle ao Cliente a cancelación deste sen ningún custo.
Para pedidos con Envío a domicilio, Envío rápido, Envío exprés ou Envío económico
Se non é posible efectuar a entrega por IKEA na data e franxa horaria acordada co Cliente, o pedido será devolto ao noso almacén e IKEA contactará co Cliente para concertar unha nova entrega.
Se o motivo polo que non realizamos a entrega é unha ausencia por parte do Cliente, este deberá aboar de novo o importe do Transporte de forma previa a que este se realice, agás causa imputable a IKEA, en cuxo caso a empresa asumirá o custo para o seguinte envío.
Para pedidos de paquetaría con entrega en domicilio
A empresa de transporte de paquetaría realizará un intento de entrega e, se finalmente non se produce a entrega, o pedido pasará a un punto de entrega da empresa de transporte de paquetaría, onde o Cliente disporá dun prazo de 10 días para recollelo.
Para pedidos de paquetaría con entrega en oficina de Correos
O Cliente disporá dun prazo máximo de 15 días naturais desde a chegada do paquete á oficina de Correos para recoller o pedido.
15. MODALIDADES DE ENTREGA
15.1. CLICK & COLLECT. RECOLLIDA DOS ARTIGOS EN TENDA, LOCKER OU PUNTO DE RECOLLIDA
Ao realizar o pedido, o Cliente deberá elixir a data desexada de recollida. Tras o pagamento, o Cliente recibirá unha confirmación por correo electrónico que incluirá os produtos comprados e a data de recollida.
O Cliente deberá recoller os produtos na data de recollida no establecemento de IKEA, Locker ou no punto de recollida de IKEA que seleccionase no horario que cada establecemento, Locker ou punto de recollida dispoña para a recollida nas zonas de retirada de mercadoría habilitadas.
Para as modalidades de recollida en tenda e Locker, o Cliente terá á súa disposición o pedido na franxa seleccionada. O tempo mínimo para a preparación do pedido será de 24 horas.
No caso de que o Cliente non recolla a mercadoría o día de recollida no seu establecemento de IKEA, Locker ou punto de recollida, IKEA lembraralle a súa obriga de recollida por SMS, por correo electrónico ou por 9teléfono. A recollida poderá retardarse un máximo de 24 horas a contar desde a data escollida polo Cliente para a recollida da mercadoría, dentro dos horarios de apertura e recollida dos establecementos que se indican na seguinte ligazón: https://www.ikea.com/es/gl/customerservice/nuestros-servicios/transporte/
Unha vez transcorridas 24 horas desde a data escollida para a recollida, se o Cliente non procedeu a realizala, entenderase que renunciou á compra, e IKEA procederá a rescindir o contrato e cancelar o pedido, realizando a devolución do importe no número de conta co que se fixo o pagamento. IKEA devolverá o importe nun prazo máximo de 3 días laborables, a contar desde o prazo máximo do que dispón o Cliente para recoller a mercadoría ou a recepción desta nunha das nosas tendas no caso de compras nos nosos puntos de recollida. Neste caso, os custos derivados do servizo prestado non serán reembolsados.
Para posibilitar a recollida da mercadoría nas tendas de IKEA, Lockers ou punto de recollida, o titular do pedido deberá identificarse exhibindo, no seu caso e para efectos da seguridade do propio Cliente, o seu Documento Nacional de Identidade, Tarxeta de Residencia Comunitaria, Pasaporte ou, no caso de actuar en nome dunha persoa xurídica, o documento que acredite a súa representación, todo iso en vigor. No caso de designar un terceiro para a recollida da mercadoría, este deberá presentar a copia ou número do pedido para poder identificar o pedido, así como un documento de identificación dos indicados.
15.2. ENTREGA MEDIANTE SERVIZO DE ENVÍO A DOMICILIO, ENVÍO RÁPIDO, ENVÍO EXPRÉS, ENVÍO ECONÓMICO, PAQUETARÍA A DOMICILIO OU PAQUETARÍA A OFICINA DE CORREOS
IKEA ofrece a posibilidade de contratar os servizos de transporte dos artigos adquiridos en IKEA, así como outros servizos adicionais, segundo o disposto nestas condicións.
Forman parte destas condicións xerais de contratación os seguintes documentos: (a) O tícket de compra (b) documento/orde do pedido no que se detallan os servizos contratados polo Cliente, o seu prezo, así como a data acordada para a súa prestación, e (c) calquera outro documento anexo que, no seu caso, asinen as partes en relación ou desenvolvemento dos servizos fornecidos.
Coa aceptación destas condicións, o Cliente autoriza que o servizo sexa prestado por terceiros designados por IKEA. Así mesmo, o Cliente manifesta a súa aceptación coas condicións expostas a continuación e a veracidade dos datos facilitados.
A. OBRIGAS DE IKEA
1. Fornecer o/s Servizo/s contratado/s nas datas ou termos máximos e franxas concertadas segundo se faga constar no pedido. IKEA non transportará nin almacenará artigos que non fosen comprados en IKEA. O pedido incorporará a data e franxa concertadas tendo en conta a chegada da totalidade da mercadoría. IKEA garante o cumprimento dos prazos acordados, agás circunstancias alleas a IKEA ou de forza maior que impidan ofrecer estes servizos nas condicións pactadas, o que non suporá o incumprimento do contrato por parte de IKEA. A excepción de devandita circunstancia de forza maior, no suposto de que IKEA, por causas que lle resulten imputables, non poida efectuar a entrega no mesmo día no que se garantise, e o Cliente non recibise a mercadoría, o Cliente terá dereito a reclamar o custo total do transporte pagado que finalmente non se efectuase.
2. Segundo a modalidade de entrega que o Cliente seleccionase, aplicarase o seguinte:
- Para o servizo de Paquetaría con entrega a domicilio:
Prazos de entrega: Ofrécese unha data de entrega máxima de 30 días desde a data de realización do pedido, de luns a venres, na España peninsular. Os Clientes poden realizar o seguimento do seu envío desde o noso localizador: https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/donde-esta-mi-pedido/
Sen menoscabar o anterior, os tempos de servizo que estivesen dispoñibles poden ser superiores aos habituais, de acordo coa información e os prazos que poderás comprobar, segundo o pedido que vaias realizar.
Unha vez que o transportista reciba a compra nas súas instalacións, o Cliente recibirá unha notificación coa data definitiva do envío. Esta conterá unha ligazón ao seu sitio web, onde o Cliente poderá modificar o enderezo de entrega a un punto de conveniencia, cunha antelación superior a 1 hora respecto a data de entrega notificada. Neste caso, o servizo de transporte de paquetaría deberá concertarse antes do prazo de 5 días, a contar desde a data na que se realizou o pedido inicial, sen que esta modificación teña custo algún para o Cliente.
No mesmo día da entrega, o Cliente recibirá outra notificación informándoo da franxa de hora na que está prevista a entrega. No caso de que esta franxa non se adapte ás súas necesidades, poderá seguir modificando o enderezo de entrega, data ou punto de conveniencia cunha antelación superior a 1 hora respecto á hora de entrega.
A empresa de transporte de paquetaría realizará un intento de entrega e, se finalmente non se produce a entrega, o pedido pasará a un punto da empresa de transporte de paquetaría onde o Cliente poderá recollelo nun máximo de 10 días. Logo de recibir o paquete nun punto da empresa de paquetaría, esta enviaralle ao Cliente unha notificación por SMS/correo electrónico co enderezo onde pode ir recollelo.
No caso de que non sexa posible concertar unha nova cita ou non se poida prestar o servizo por causa imputable ao Cliente, entenderase anulado o pedido e o Cliente asumirá o custo do servizo de transporte previamente pagado. Unha vez transcorrido devandito prazo, IKEA realizará a devolución ao Cliente do importe da mercadoría obxecto do pedido inicial no prazo de 3 días laborais a contar desde a recepción da mercadoría por parte de IKEA, na mesma conta/tarxeta ou medio desde o que se realizou o pagamento do pedido.
Todos os pedidos están suxeitos á dispoñibilidade dos produtos. Se se producisen dificultades en canto á subministración de produtos ou non quedasen artigos en stock, aplicaranse as casuísticas do apartado 9. Dispoñibilidade.
IKEA proporcionará ao Cliente unha ligazón no correo electrónico de confirmación de pedido que permitirá a súa cancelación. O pedido poderá ser cancelado durante 1 hora tras a realización deste e sempre e cando se cancele con máis de 48 horas de antelación á data de entrega. Neste caso, IKEA procederá á devolución do importe íntegro da compra, incluído o custo do transporte. - Para o servizo de Paquetaría con entrega a oficina de Correos:
Prazos de entrega: Ofrécese unha data de entrega de entre 3 e 5 días hábiles desde o día no que se realizou o pedido, de luns a sábado, na España peninsular. Hai 2300 oficinas de Correos na España peninsular. Durante o proceso de compra amósanse ata 20 oficinas nun radio de 500 km.
Cando Correos reciba a compra no seu almacén de distribución, ao Cliente notificaráselle por SMS a data definitiva de entrega. O día que a compra chegue á oficina de Correos escollida, o Cliente recibirá unha segunda notificación por SMS.
No caso de non recoller a compra transcorridos 5 días naturais da data de recepción na oficina de Correos, o Cliente recibirá unha terceira notificación por SMS.
No caso de non recoller a compra transcorridos 10 días naturais da data de recepción na oficina de Correos, o Cliente recibirá unha cuarta notificación por SMS.
Transcorridos 15 días naturais, Correos devolverá o pedido e comunicaráselle ao Cliente que a súa compra foi cancelada e que se lle reembolsará o seu importe, agás os custos de transporte. - Para o servizo de Envío a domicilio, Envío rápido, Envío exprés e Envío económico:
Será o servizo para aplicar para envío a domicilio cando non cumpra as características de paquetaría.
1. A data concertada co Cliente para o Transporte poderase modificar a petición do Cliente, sempre e cando a nova data se concerte con IKEA cun aviso previo superior a 48 horas de antelación á data inicial establecida para efectuar o servizo de transporte do pedido.
2. Se o Cliente cambia o lugar de entrega, poderá comportar un custo adicional dependendo da nova zona designada para o servizo, en cuxo caso se lle informará de forma previa do custo que supoñerá o cambio de lugar de entrega para a súa previa aceptación.
3. Se na data e hora acordadas o Cliente estivese ausente, IKEA contactará co Cliente por teléfono para concertar unha nova data nos prazos indicados. Nese caso deberá aboar o custo dun novo transporte.
4. Os servizos encárganse e páganse no momento de compra do servizo. IKEA non aceptará pagamentos posteriores dun Cliente como cobramento dun servizo adicional, agás que poida xustificalo cunha factura do servizo correspondente. IKEA só responderá dos servizos contratados directamente con ela, en ningún caso dos servizos adicionais ou de terceiros que non resulten contratados a IKEA.
5. IKEA proporcionará ao Cliente unha ligazón no correo electrónico de confirmación de pedido que permitirá a cancelalo. O pedido poderá cancelarse durante 1 hora tras a súa realización. Neste caso, IKEA devolverá o importe íntegro da compra, incluído o custo do transporte.
B. OBRIGAS DO CLIENTE
1. Aboar o prezo dos Servizos no momento da contratación, conforme os prezos estipulados no pedido anexo para cada Servizo a través dos medios de pagamento admitidos.
2. Permanecer no domicilio onde deba realizarse o Servizo na data e horario acordados ou designar expresamente unha persoa para estes efectos.
-En pedidos de paquetaría, para calquera modificación deberá avisar á empresa de envío de paquetaría cunha antelación superior a 1 hora respecto á data de entrega notificada. Se non se efectúa este aviso nos prazos establecidos, o teu pedido pasará a un punto da empresa de transporte de paquetaría onde poderás ir recollelo nun máximo de 10 días.
-En pedidos de Envío a domicilio e Envío rápido, debes permanecer no domicilio no que se realice o servizo na data e horario acordados, ou ben designar unha persoa para que te substitúa. Se cambia o lugar de entrega, o pedido cancelarase, sempre e cando nos avises con 48 horas de antelación á data e franxa previstas para fornecer o servizo, e devolverémosche o 12importe da mercadoría e dos servizos. Nese caso, deberás realizar un novo pedido e acordar unha nova data de entrega. Para calquera modificación da data e hora previstas, debes avisar a IKEA con máis de 48 horas (laborables) de antelación. Se non nos avisas nos prazos establecidos, deberás aboar o importe dun segundo desprazamento antes de fornecer o novo servizo.
3. A corrección nos datos é fundamental para fornecer o servizo; por iso, o Cliente manifesta e garante que os datos que figuran no pedido (nome, apelidos, teléfonos, enderezo completo, data e hora da realización do Servizo) son correctos. É necesario que o Cliente facilite a IKEA un teléfono de contacto para poder localizalo e xestionar os servizos contratados e facer un seguimento.
4. Non se admiten entregas en apartados postais e lugares públicos. No caso de que o transportista teña que desprazarse unha segunda vez debido a un erro nos datos, o Cliente deberá aboar o custo deste desprazamento ou envío segundo a tarifa do pedido.
Finalizada a prestación do servizo contratado, é imprescindible confirmar a entrega tal e como se indica no apartado 14. Entrega, indicando no apartado de incidencias calquera que puidera xurdir no momento da prestación do servizo ou dano causado cando for visible. Iso permitiranos adoptar as melloras necesarias no servizo que se presta e ter constancia destas. Non se aceptarán reclamacións que non se comunicasen segundo se indica no punto 14. Entrega, agás cando se trate de danos ocultos ou defectos cubertos pola garantía.
Finalizada a prestación do servizo contratado, é imprescindible confirmar a entrega tal e como se indica no apartado 14. Entrega, indicando no apartado de incidencias calquera que puidese xurdir no momento de fornecer o servizo ou dano causado cando for visible. Iso permitiranos adoptar as melloras necesarias no servizo que se presta e ter constancia destas. Non se aceptarán reclamacións que non se comunicasen segundo se indica no punto 14. Entrega, agás cando se trate de danos ocultos ou defectos cubertos pola garantía.
O Cliente debe presentar un escrito descritivo e, no seu caso, fotografías de calquera dano/incidencia que perciba. O escrito poderá presentarse presencialmente en calquera das nosas tendas ou a través do formulario dispoñible na seguinte ligazón:https://ww9.ikea.com/es/es/contacto/formulario.php
O Cliente poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de IKEA a través do teléfono 900 400 922 en horario de 09 a 22 horas de luns a domingo agás festivos nacionais. As reclamacións, en todo caso, deberán incluír a información descrita para o seu estudo.
5. Ao asinar este contrato, declaras que che informamos sobre as dimensións do teu pedido e que o inmoble onde cho entregaremos reúne as condicións de tamaño e accesibilidade para depositar a mercadoría. No caso de que IKEA requira realizar algún gasto adicional para proceder á entrega, sempre che comunicará antes o custo adicional que supón a entrega. Se non nos informas destes detalles e o teu servizo require un segundo transporte, terás que aboar a tarifa que corresponda e non terás dereito a reembolso.
6. O Cliente exime a IKEA, e por tanto será o único responsable de i) facer uso dos produtos de acordo coas especificacións técnicas e instrucións de uso correspondentes ii) verificar a correcta localización e emprazamento do produto no inmoble de conformidade, no seu caso, co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, manuais de emerxencia e evacuación e calquera outros requirimentos de aplicación ao inmoble en cuestión.
7. IKEA fornecerá ao Cliente unha ligazón no correo electrónico de confirmación de pedido que permitirá a súa cancelación. O pedido poderá cancelarse durante 1 hora despois da súa realización e sempre que se cancele con máis de 48 horas de antelación á data de entrega. Neste caso, IKEA devolverá importe íntegro da compra, incluído o custo do transporte.
C. RECOLLIDA DE ELECTRODOMÉSTICOS E OUTROS APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS E XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL CORRECTA:
IKEA informa de que se encontra habilitada para a venda destes produtos segundo a inscrición no Rexistro Integrado Industrial correspondente e que o número de inscrición no citado Rexistro Integrado Industrial a nome de IKEA Supply AG con número de produtor 4435 está dispoñible na páxina:http://www.minetur.gob.es/industria/RAEE/Paginas/Index.aspx
Cando se realice a entrega dun novo aparello eléctrico ou electrónico, IKEA informará ao Cliente da posibilidade de recoller ou retirar o produto anterior sen ningún cargo para o Cliente, sempre que sexa de similares características e funcionalidades ao produto mercado. A recollida farase quer no lugar onde se entreguen ao Cliente os produtos adquiridos quer no domicilio do propio Cliente cando este opte polo servizo de transporte.
A recollida destes produtos formalizarase por escrito, tal e como se indica no punto 14. Entrega, cuberto polo Cliente en presencia do transportista, no que se indicará a data de recollida, o tipo de produto, a marca e o seu número de serie, se este último for posible. Os aparatos entregados no marco desta xestión deberán estar completos. O Cliente deberá confirmar a entrega tal e como se indica no apartado 14. Entrega, verificando a entrega dos produtos desbotados. Se o Cliente renuncia á entrega do produto desbotado que comunicou que ía entregar, deberá facer constar a renuncia de xeito expreso, segundo o punto 14. Entrega. Se o Cliente non estivese interesado en que o transportista retire o produto ou aparello eléctrico ou electrónico refugado, ou se o aparello para refugar non estivese completo, o Cliente dispón dun (1) mes adicional para efectuar el mesmo a entrega do devandito produto ou aparello eléctrico ou electrónico refugado. Poderá facelo de forma física e directa en calquera tenda IKEA presentando o tícket correspondente de compra do aparello novo equivalente.
Infórmase aos Clientes de que, conforme co previsto na actual normativa sobre residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos, o transporte dos produtos refugados á tenda, plataforma loxística ou instalacións de reciclaxe pode realizarse pola empresa transportista que realiza a entrega dos pedidos de IKEA. https://www.ikea.com/es/gl/doc/billingweeemessage/ikea-formulario-de-retirada-weee.__1364636713611.pdf
16. SERVIZO POSVENDA
No caso de que o Cliente teña unha incidencia coa xestión da recepción ou recollida do seu pedido ou co contido deste, deberá poñerse en contacto coa tenda IKEA máis próxima. Ademais, poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de IKEA a través do teléfono 900 400 922 en horario de 9 a 22 horas, ou a través do formulario de reclamacións dispoñible na seguinte ligazón: https://ww9.ikea.com/es/es/contacto/formulario.php
Sexa como for, IKEA informa de que pon á disposición do Cliente unha plataforma de resolución de litixios online que se encontra dispoñible na seguinte ligazón:https://webgate.ec.europa.eu/odr/main/index.cfm?event=main.home.chooseLanguage
17. CANCELACIÓN, DESISTENCIA E DEVOLUCIÓN
Cancelación do pedido
IKEA proporcionará ao Cliente unha ligazón no correo electrónico de confirmación de pedido que permitirá cancelalo. O pedido poderá cancelarse durante 1 hora despois de efectualo e sempre que se cancele con máis de 48 horas de antelación á data de entrega. Neste caso, IKEA devolverá o importe íntegro da compra, incluído o custo do transporte. O Cliente poderá contactar con IKEA no teléfono 900 400 922 para cancelar o pedido.
Nestes casos, aboaráselle o prezo total mediante o mesmo sistema de pagamento utilizado no momento de aboar o pedido nun prazo máximo de tres días laborables desde a comunicación da cancelación. Non se admitirán cancelacións parciais do pedido. Neste caso o Cliente deberá cancelar o pedido na súa totalidade e cursar un novo pedido.
Transcorrido este prazo, IKEA non garante que o pedido non saíse das nosas instalacións. Neste caso, no reembolso do importe deduciranse os custos de transporte da mercadoría previamente pagados.
Se por mor da situación actual derivada do estado de alarma non podemos realizar a entrega, IKEA asumirá os custos dun segundo envío ou facilitaralle ao Cliente a cancelación deste sen ningún custo.
Dereito de desistencia
Unha vez recibida a mercadoría, o Cliente, se a súa condición for a de consumidor, disporá de 14 días naturais contados desde a recepción do último dos produtos adquiridos nun mesmo pedido para exercer parcial ou totalmente o seu dereito de desistencia.
No caso de desistencia, total ou parcial, IKEA devolverá ao Cliente, polo mesmo medio que utilizou para pagar, os pagamentos recibidos pola mercadoría devolta e polos servizos contratados (de recollida ou transporte) que, de ser así, será proporcional á cantidade de mercadoría devolta, no prazo máximo de tres días laborables desde que IKEA reciba a devandita mercadoría.
Para exercer o dereito de desistencia, o Cliente deberá dirixirse, dentro dese prazo, a IKEA CONTACT SUPPORT CENTER ESPAÑA, c/ Me falta un tornillo, 5, Arroyo de la Encomienda, 47195 (Valladolid). IKEA facilita, anexo a estes termos e condicións, un documento de desistencia que o Cliente pode utilizar ou non para tal fin. Ademais, o Cliente poderá enviar a IKEA o formulario de desistencia por correo electrónico ao enderezo: csc.ibes.ES@ikea.com.
Se o Cliente optase pola recollida dos produtos por parte de IKEA, os custos derivados da devolución irán a cargo do Cliente, sendo estes os indicados no apartado 13. Custos dos servizos. Este custo compensarase das cantidades totais a devolver ao Cliente.
Devolución
Transcorrido o prazo para exercer o dereito legal de desistencia, IKEA ofrece ao Cliente unha garantía, adicional á legal, de devolución ou cambio dos produtos adquiridos, que poderá facer efectiva durante os primeiros 365 días desde a compra, por cambio de opinión.
Unha vez verificado o estado da mercadoría devolta polo Cliente en exercicio desta garantía comercial, se o produto non se desprecintou e mantén a súa embalaxe orixinal, IKEA devolverá o importe da compra do produto (non dos servizos contratados). Para facelo, empregará o mesmo método de pagamento que o Cliente utilizou, no prazo de tres días laborables desde a súa recepción.
Se o produto que se devolve está coa embalaxe orixinal aberta, extraído da embalaxe ou sen embalaxe, montado ou usado, pero en bo estado, IKEA entregará ao Cliente unha Tarxeta Devolución sen caducidade polo importe dos produtos devoltos (non dos servizos contratados). A 15política de devolucións non aplica á contratación dos servizos.
Na utilización das Tarxetas Devolución como medio de pagamento, deberá observarse, en calquera caso, o establecido na Lei 7/2012, de 29 de outubro, de modificación da normativa tributaria e orzamentaria, e de adecuación da normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra a fraude, tal e como resulte modificada, así como as limitacións preceptuadas nesta.
Os artigos deteriorados por mor do seu uso, así como as Tarxetas Regalo, están excluídos da Política de Cambios e Devolucións. As devolucións de compras feitas con Tarxeta Regalo, Promoción e Devolución realizaranse no mesmo método de pagamento.
O Cliente será responsable da diminución de valor dos produtos a devolver resultante dunha manipulación dos mesmos allea á derivada da súa natureza, das súas características ou do seu funcionamento, o que comportará que en tales casos non se admita o exercicio do dereito de desistencia nin a garantía comercial de devolución ofrecida por IKEA. Para exercer estes dereitos e garantías, o Cliente debe presentar en todo caso o xustificante de compra dos produtos.
As devolucións con retirada de mercadoría teñen un custo que podes comprobar aquí:https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/returns-claims/return-policy/, ao carón da política de devolucións. O prezo do artigo que se vai devolver deberá ser igual ou superior ao custo de devolución, xa que o custo do servizo de devolución se descontará do importe total da devolución.
Para efectuar a devolución con retirada de mercadoría a domicilio, debes preparar os produtos coa embalaxe orixinal.
Condicións de devolucións con paquetaría en oficina de Correos
Para realizar devolucións utilizando o servizo de paquetaría na oficina de Correos, a devolución deberá cumprir os seguintes criterios: Desde que realiza a solicitude, o Cliente dispón de 14 días para entregar a devolución nunha oficina de Correos. Todos os produtos devoltos deberán enviarse nun único paquete e todos os produtos incluídos deberán corresponder ao mesmo pedido. Non se poden devolver nun mesmo paquete produtos de diferentes pedidos. O total de produtos devoltos non poderá superar os 30 kg de peso total. Se o paquete utilizado para a devolución tivese un formato de caixa, a suma da lonxitude, altura e anchura non pasará dos 210 cm, sen que a maior dimensión pase de 120 cm. Se o paquete utilizado para a devolución tivese un formato de rolo ou tubo, a lonxitude non poderá pasar dos 120 cm. O custo do servizo descontarase do total da devolución despois de recibir e validar os produtos na tenda.
No caso de que a mercadoría devolta corresponda ao artigo indicado na orde de devolución e o artigo estea incluído no tícket de compra/número de pedido indicado polo Cliente:
- Para compras online: devolveráselle na tarxeta de crédito utilizada para a compra polo Cliente
- Para compras en tenda: aboarase por transferencia bancaria (ao número de conta indicado no formulario)
Se no paquete chega un artigo IKEA diferente do indicado polo Cliente no formulario e o devandito artigo está incluído no tícket indicado, procederase a devolver o importe indicado no tícket para o artigo recibido
Se no paquete chega un artigo en mal estado, non é un artigo IKEA ou o artigo é IKEA pero non está incluído no tícket indicado polo Cliente, non se procederá a facer ningún tipo de aboamento e contactarase co Cliente (por calquera dos medios de contacto proporcionados no formulario) para facerllo saber e darlle un prazo de 30 días para retirar o artigo entregado. IKEA non se fará 16responsable no caso de que o Cliente non retire o artigo no prazo anteriormente indicado.
18. GARANTÍA
Os produtos adquiridos neste sitio web gozan das mesmas garantías que os adquiridos directamente nas tendas IKEA. En virtude do disposto no Real decreto lexislativo 1/2007 do 16 de novembro, cando o Cliente sexa consumidor nun prazo de dous anos desde a entrega, IKEA responderá dos defectos de fabricación dos artigos adquiridos. Verificada a existencia dun defecto de fabricación no produto, IKEA reparará o produto ou no seu caso substituirao. Se ambas as dúas solucións non foren posibles, o Cliente poderá solicitar a rebaixa proporcional do prezo e, se o defecto fose grave, a resolución do contrato. O Cliente ten a obriga de comunicar o defecto advertido nos dous meses seguintes ao momento en que o advirta.
IKEA, para determinados produtos, ofrece unha garantía comercial, adicional á legal, de cinco, dez, quince ou vinte e cinco anos para defectos de fabricación ou de materiais, con carácter voluntario (garantía comercial). Polo tanto, recoméndase consultar na ligazón indicada deseguido as condicións específicas destas garantías e a súa cobertura, así como as instrucións de mantemento dos produtos para darlles o mellor tratamento posible. Na web de IKEA esta información está dispoñible na ligazón: https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/garantia-ikea/
As garantías comerciais que ofrece IKEA con respecto aos seus produtos están condicionadas a un uso doméstico. Non se aplicará esta garantía no caso de que se evidencie un uso distinto, por exemplo, un uso profesional vinculado a unha actividade empresarial (agás produtos ensaiados para tal fin) e en todo caso polo seu uso en institucións e administracións públicas.
A garantía dos produtos adquiridos para o desenvolvemento dun negocio ou actividade profesional regularase de conformidade co estipulado no Código de Comercio e no Código Civil.
19. LEXISLACIÓN APLICABLE. SUBMISIÓN A FORO
O presente contrato rexerase pola lexislación española aplicable no non disposto en materia de interpretación, validez e execución.
No caso de desacordo derivado da compra de produtos a través do servizo de venda a distancia, das presentes Condicións xerais, e para resolver calquera conflito, as partes acordan someterse, con renuncia a calquera outro foro ou xurisdición ao que puidesen ter dereito, aos xulgados e tribunais da cidade correspondente ao domicilio do Cliente. No caso de empresas, os Xulgados e Tribunais competentes serán os previstos na normativa vixente para cada caso.
CÓDIGOS POSTAIS CON POSIBILIDADE DE ENVÍO ECONÓMICO
01400, 01409, 01474, 01476, 08001, 08002, 08003, 08004, 08005, 08006, 08007, 08008, 08009, 08010, 08011,08012, 08013, 08014, 08015, 08016, 08017, 08018, 08019, 08020, 08021, 08022, 08023, 08024, 08025, 08026,08027, 08028, 08029, 08030, 08031, 08032, 08033, 08034, 08035, 08036, 08037, 08038, 08039, 08040, 08041,08042, 08100, 08104, 08105, 08106, 08107, 08110, 08120, 08130, 08150, 08160, 08170, 08172, 08173, 08174, 08184,08191, 08192, 08193, 08194, 08195, 08196, 08197, 08198, 08201, 08202, 08203, 08204, 08205, 08206, 08207,08208, 08210, 08213, 08214, 08221, 08222, 08223, 08224, 08225, 08226, 08227, 08228, 08290, 08291, 08330,08390, 08391, 08620, 08690, 08802, 08820, 08830, 08840, 08849, 08860, 08901, 08902, 08903, 08904, 08905,08906, 08907, 08908, 08911, 08912, 08913, 08915, 08916, 08917, 08918, 08921, 08922, 08923, 08930, 08940,08950, 08960, 08970, 08980, 11001, 11002, 11003, 11004, 11005, 11006, 11007, 11008, 11009, 11010, 11011, 11012,11100, 11400, 11401, 11402, 11403, 11404, 11405, 11406, 11407, 11408, 11470, 11471, 11500, 11510, 11519, 11520, 11540,11570, 11589, 11590, 11591, 11592, 11593, 11594, 11595, 11596, 11597, 11620, 15001, 15002, 15003, 15004, 15005, 1715006, 15007, 15008, 15009, 15010, 15011, 15105, 15108, 15109, 15139, 15140, 15141, 15142, 15143, 15144, 15145,15146, 15160, 15165, 15166, 15167, 15168, 15169, 15171, 15172, 15173, 15174, 15175, 15176, 15177, 15178, 15179, 15180,15181, 15182, 15183, 15184, 15185, 15187, 15188, 15189, 15190, 15198, 15300, 15314, 15316, 15318, 15319, 15389,15630, 15635, 15640, 15650, 15659, 15660, 15668, 15669, 15670, 15679, 15690, 28001, 28002, 28003, 28004, 28005,28006, 28007, 28008, 28009, 28010, 28011, 28012, 28013, 28014, 28015, 28016, 28017, 28018, 28019, 28020,28021, 28022, 28023, 28024, 28025, 28026, 28027, 28028, 28029, 28030, 28031, 28032, 28033, 28034, 28035,28036, 28037, 28038, 28039, 28040, 28041, 28042, 28043, 28044, 28045, 28046, 28047, 28050, 28052, 28053,28054, 28055, 28100, 28108, 28109, 28210, 28220, 28221, 28222, 28223, 28224, 28229, 28231, 28232, 28250,28270, 28290, 28320, 28330, 28339, 28341, 28342, 28343, 28350, 28359, 28370, 28500, 28510, 28521, 28522,28523, 28524, 28529, 28530, 28600, 28607, 28609, 28610, 28660, 28668, 28669, 28670, 28679, 28690, 28691,28692, 28693, 28701, 28702, 28703, 28798, 28802, 28803, 28806, 28813, 28821, 28822, 28823, 28830, 28840,28850, 28851, 28860, 28861, 28864, 28890, 28891, 28901, 28902, 28903, 28904, 28905, 28906, 28907, 28909,28911, 28912, 28913, 28914, 28915, 28916, 28917, 28918, 28919, 28921, 28922, 28923, 28924, 28925, 28931, 28932,28933, 28934, 28935, 28936, 28937, 28938, 28939, 28941, 28942, 28943, 28944, 28945, 28946, 28947, 28950,28970, 28971, 28976, 28977, 28978, 28979, 28981, 28982, 28983, 28984, 28990, 28991, 29001, 29002, 29003,29004, 29005, 29006, 29007, 29008, 29009, 29010, 29011, 29012, 29013, 29014, 29015, 29016, 29017, 29018, 29120,29130, 29140, 29150, 29190, 29191, 29192, 29193, 29196, 29569, 29570, 29580, 29590, 29591, 29592, 29620, 29630,29631, 29639, 29640, 29649, 29650, 29720, 30001, 30002, 30003, 30004, 30005, 30006, 30007, 30008, 30009,30010, 30011, 30012, 30100, 30107, 30108, 30109, 30110, 30120, 30130, 30139, 30140, 30150, 30151, 30152, 30157,30158, 30159, 30160, 30161, 30162, 30163, 30164, 30165, 30166, 30167, 30168, 30169, 30500, 30506, 30507, 30508,30509, 30560, 30562, 30564, 30565, 30570, 30579, 30820, 30830, 30831, 30832, 30833, 30834, 30835, 30836,33001, 33002, 33003, 33004, 33005, 33006, 33007, 33008, 33009, 33010, 33011, 33012, 33013, 33070, 33071,33080, 33100, 33140, 33170, 33171, 33172, 33173, 33174, 33180, 33183, 33186, 33187, 33188, 33189, 33190, 33191,33192, 33193, 33194, 33195, 33196, 33199, 33200, 33201, 33202, 33203, 33204, 33205, 33206, 33207, 33208,33209, 33210, 33212, 33213, 33290, 33299, 33340, 33350, 33390, 33391, 33392, 33393, 33394, 33400, 33401,33402, 33403, 33404, 33405, 33410, 33411, 33412, 33416, 33417, 33418, 33420, 33422, 33423, 33424, 33425,33426, 33427, 33428, 33429, 33430, 33438, 33439, 33440, 33448, 33449, 33450, 33456, 33457, 33460, 33468,33469, 33470, 33480, 33490, 33491, 33492, 33518, 33519, 33527, 33600, 33610, 33611, 33612, 33613, 33614,33615, 33616, 33617, 33618, 33619, 33620, 33627, 33628, 33629, 33630, 33637, 33638, 33639, 33640, 33650,33660, 33669, 33690, 33691, 33692, 33693, 33694, 33695, 33696, 33697, 33700, 33701, 33702, 33703, 33704,33705, 33706, 33910, 33912, 33919, 33920, 33928, 33929, 33930, 33934, 39700, 39706, 39707, 39709, 39798,41001, 41002, 41003, 41004, 41005, 41006, 41007, 41008, 41009, 41010, 41011, 41012, 41013, 41014, 41015, 41016,41017, 41018, 41019, 41020, 41080, 41089, 41092, 41100, 41110, 41111, 41120, 41130, 41200, 41210, 41300, 41309,41500, 41700, 41800, 41804, 41805, 41806, 41807, 41808, 41809, 41830, 41849, 41900, 41907, 41908, 41909, 41910,41927, 41928, 41930, 41940, 41950, 41960, 41970, 41980, 41989, 46001, 46002, 46003, 46004, 46005, 46006,46007, 46008, 46009, 46010, 46011, 46012, 46013, 46014, 46015, 46016, 46017, 46018, 46019, 46020, 46021, 46022,46023, 46024, 46025, 46026, 46035, 46100, 46110, 46111, 46112, 46113, 46114, 46115, 46116, 46120, 46128, 46131,46132, 46133, 46134, 46182, 46192, 46200, 46210, 46220, 46225, 46230, 46290, 46394, 46419, 46420, 46430,46439, 46440, 46450, 46460, 46469, 46470, 46900, 46901, 46909, 46910, 46920, 46930, 46940, 46950, 46960,46970, 46980, 46988, 46989, 47001, 47002, 47003, 47004, 47005, 47006, 47007, 47008, 47009, 47010, 47011,47012, 47013, 47014, 47015, 47016, 47017, 47018, 47130, 47131, 47132, 47140, 47150, 47151, 47152, 47153, 47155,47161, 47169, 47170, 47171, 47190, 47191, 47192, 47193, 47194, 47195, 47196, 47197, 47200, 47239, 47240, 47270,47280, 47281, 47290, 47610, 47620, 48001, 48002, 48003, 48004, 48005, 48006, 48007, 48008, 48009, 48010,48011, 48012, 48013, 48014, 48015, 48100, 48110, 48111, 48112, 48113, 48114, 48115, 48116, 48120, 48150, 48160,48170, 48180, 48190, 48191, 48192, 48194, 48195, 48196, 48330, 48340, 48390, 48410, 48450, 48480, 48490,48498, 48499, 48500, 48508, 48510, 48520, 48530, 48550, 48600, 48610, 48620, 48630, 48640, 48650, 48810,48820, 48830, 48840, 48850, 48860, 48901, 48902, 48903, 48910, 48920, 48930, 48940, 48950, 48960, 48970,48980, 48990, 48991, 48992, 48993, 50001, 50002, 50003, 50004, 50005, 50006, 50007, 50008, 50009, 50010,50011, 50012, 50013, 50014, 50015, 50016, 50017, 50018, 50019, 50020, 50059, 50090, 50110, 50120, 50162, 50171,50172, 50173, 50174, 50180, 50191, 50192, 50193, 50194, 50195, 50196, 50197, 50198, 50410, 50411, 50420, 50430,50720, 50730, 50740, 50820, 50830.
Modelo de formulario de desistencia
O presente formulario só debe ser cuberto e enviado se desexa desistir do contrato.
Á atención de:
IKEA CONTACT SUPPORT CENTER ESPAÑA
C/ Me falta un tornillo 5
47195 - Arroyo de la Encomienda (Valladolid)
Teléfono: 900 400 922
Correo electrónico: csc.ibes.ES@ikea.com.
Pola presente comunícolle que desisto do meu contrato de venda do seguinte pedido e o ben ou bens e servizos que o compoñen:
N.º de pedido: Recibido o día:
Nome do consumidor:
Domicilio do consumidor:
Sinatura do consumidor Data:
(Só se este formulario se presenta en papel)