Condicións xerais de contratación do servizo de asesores especialistas
As presentes Condicións Xerais de Contratación regularán expresamente as relacións comerciais que xurdan entre IKEA IBÉRICA, S.A. e os usuarios ou clientes que contraten o servizo de asesoramento virtual ofertado na páxina web de IKEA.
IKEA informa de que este servizo está dirixido a aqueles clientes que destinen os artigos IKEA a un uso doméstico e, en todo caso, de forma completamente allea ao seu negocio ou actividade profesional.
1.INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS PREVIAS Á CONTRATACIÓN
O Cliente, con carácter previo á contratación e durante o proceso de compra, poderá acceder, arquivar e imprimir estas condicións xerais de contratación para a súa consulta.
Toda a información e todos os datos persoais que forneza o Cliente ao utilizar este sitio web trataranse de acordo coa Política de Privacidade de IKEA, segundo o tratamento de datos que se especifica nestas Condicións de Compra e conforme ás opcións que marcase o Cliente ao aceptalas.O Cliente declara que toda a información e os datos que facilite a IKEA son veraces e se corresponden coa realidade.Se o Cliente non facilita toda a información necesaria, non se poderá cursar a súa cita cun asesor.
O Cliente comprométese a non realizar ningunha planificación falsa nin fraudulenta, e IKEA resérvase a facultade de cancelar o servizo e tomar as accións oportunas nesas circunstancias.
O Cliente declara que é maior de 18 anos e dispón da capacidade legal e de obrar necesaria e suficiente para asinar contratos de contido económico.
2. PRODUTOS IKEA
O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e que se someteron a métodos de ensaio conforme ás normas e os estándares correspondentes.No entanto, algúns artigos da variedade probáronse para un uso profesional ou público e cumpren os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade que establecen as normas técnicas correspondentes aos devanditos usos.
As garantías que ofrece IKEA con respecto a todos os seus produtos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico.O Cliente deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, asegurarse de que este é axeitado para o uso que lle quere dar.A tal fin, existen fichas descritivas do produto que se poden consultar nas tendas IKEA e en www.ikea.es.
IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA.
O Cliente declara coñecer que IKEA non ten sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO9000, ISO 14000, EMAS, SA8000, etc.).IKEA ten por obxectivo que a marca IKEA sexa por si garantía de confianza para o Cliente, tanto dos procesos que segue coma dos artigos que vende respecto ás cuestións de calidade, seguridade, medio ambiente e responsabilidade corporativa.Para iso, conta con sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os seus procesos e que realizan auditorías internamente para asegurar que se levan a cabo correctamente en todas as súas unidades.
A fabricación dos seus produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios de IKEA, fundamentados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas, como as mencionadas anteriormente.Ademais, ten auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produtos e dos servizos que ofrece IKEA.
3.OS NOSOS DATOS
O servizo préstase por IKEA IBÉRICA, S.A., CIF A28812618, con domicilio na Avenida Matapiñonera n.º 9, código postal 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 1251, sección 8.ª, folio 102, folla 23 549.
4.CONDICIÓNS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO
IKEA informa de que o servizo de asesoramento personalizado a distancia non inclúe máis conceptos que o propio asesoramento para o deseño da estancia especificada (cociña, dormitorio, sala de estar ou baño).Tanto os artigos como outros servizos adicionais deberán aboarse no momento da compra, en tenda ou en remoto3.
No caso do servizo de asesoramento de cociñas, o Cliente manifesta que a estancia, o seu espazo e a súa distribución física atópanse nas condicións definitivas, que inclúen, no seu caso, tomas de auga e luz na ubicación final, así como chans e paredes cos seus acabados finalizados.
Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os que se tratan no asesoramento, non forman parte do servizo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións da data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes. Do mesmo modo, o servizo de asesoramento non inclúe ningún servizo adicional, nin de transporte ou montaxe, que non conste expresamente nas presentes condicións.
Como condición esencial para a prestación do servizo, o Cliente exime a IKEA e, polo tanto, será o único responsable de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e localización do produto no fogar, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no fogar en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente.
Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen ou que, pola súa parte, deba modificar as condicións de seguridade, habitabilidade e idoneidade, así como outras obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble.
En consecuencia, o asesoramento virtual por IKEA ao Cliente ten carácter informativo, sen que poida entenderse, baixo ningún concepto, que a imposibilidade de calquera tipo (material, xurídica, económica ou administrativa, entre outras) para trasladar o proxecto resultante do servizo á realidade física poida atribuírse a IKEA, que queda eximida por completo de calquera responsabilidade a este respecto.
Así mesmo, resulta fundamental para a axeitada prestación do servizo que o Cliente remita a IKEA o plano da estancia obxecto do asesoramento, coas correspondentes medicións, que se faga responsable das medidas, as descricións e a información que conteña e que exonere de calquera responsabilidade a IKEA no suposto de que algún elemento do plano ou da información facilitada non se corresponda coa realidade física (medicións, espazos, distribución, etc.) da estancia.
En caso dalgunha causa de forza maior ou atribuíble ao Cliente que impida a IKEA realizar algunha das obrigas asumidas para este servizo, isto non suporá un incumprimento por parte de IKEA, baixo ningún concepto nin circunstancia.
Toda a información facilitada polo Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder dalgún xeito á veracidade, exactitude ou suficiencia da información facilitada entre ambas partes.
5.DESCRICIÓN DO SERVIZO
ASESORAMENTO VIRTUAL PARA COCIÑAS
IKEA prestará un servizo de Asesoramento Personalizado a distancia para a compra de cociñas, que comprenderá o Deseño e a Planificación das cociñas IKEA en función da información proporcionada na enquisa que o Cliente complete no proceso de reserva de cita, así como do plano subministrado polo Cliente, que resulta imprescindible para que o servizo se preste de forma axeitada.IKEA non prestará o servizo de deseño e planificación de cociñas compostas na súa totalidade por artigos que non sexan de IKEA.
IKEA confirmará ao Cliente de forma automática a hora e a data específicas en que se prestará o servizo. O Cliente deberá enviar a IKEA o plano da superficie obxecto de asesoramento, coas correspondentes medicións, en formato imaxe (.jpg, .png, etc.) ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
O servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión remota na data e a través dos medios a distancia acordados entre ambas partes, cunha duración máxima de 90 minutos segundo o tipo de cita, agás acordo previo co Cliente.
Trala sesión telefónica ou remota, o resultado do servizo verifícase mediante a entrega ao Cliente, nun prazo máximo de 7 días dende a data da sesión, dun proxecto con plano en 3D e dun orzamento, ambos en formato .pdf, que eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
Para este servizo de asesoramento de cociña, IKEA tamén ofrece ao Cliente a posibilidade de solicitar axuda para a medición a través do Servizo de Verificación, que poderá contratar de forma adicional por un importe fixo establecido de 40€, independentemente de se o Cliente decide comprar a cociña en IKEA. Porén, se o Cliente adquire definitivamente a cociña en IKEA trala contratación do devandito servizo de planificación, o importe en cuestión descontarase do prezo da cociña.
En caso de contratar a instalación da cociña cunha empresa colaboradora externa, esta verificará a cociña de forma previa á instalación, e allea a IKEA, para comprobar que o deseño se adapta correctamente á cociña do Cliente.
ASESORAMENTO VIRTUAL PARA DORMITORIOS
IKEA prestará un servizo de Asesoramento Personalizado a distancia para a compra de dormitorios, que comprenderá o Deseño e a Planificación dos dormitorios IKEA en función da información proporcionada na enquisa que o Cliente complete no proceso de reserva de cita, así como do plano subministrado polo Cliente, que resulta imprescindible para que o servizo se preste de forma axeitada.IKEA non prestará o servizo de deseño e planificación de dormitorios compostos na súa totalidade por artigos que non sexan de IKEA.
IKEA confirmará ao Cliente de forma automática a hora e a data específicas en que se prestará o servizo. O Cliente deberá enviar a IKEA o plano da superficie obxecto de asesoramento, coas correspondentes medicións, en formato imaxe (.jpg, .png, etc.) ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
O servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión telefónica ou remota na data e a través dos medios a distancia acordados entre ambas partes, cunha duración máxima asignada por IKEA de 60 minutos, en función das necesidades de asesoramento do Cliente.
No caso dos dormitorios completos, trala sesión telefónica ou remota, o resultado do servizo verifícase mediante a entrega ao Cliente, nun prazo máximo de 7 días dende a data da sesión, dun proxecto con plano en 2D de planta (vista dende arriba) e dun orzamento, ambos en formato .pdf; no caso dos armarios, a entrega constará de dúas imaxes do planificador de IKEA e dun orzamento en formato .pdf, e eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
ASESORAMENTO VIRTUAL PARA SALAS DE ESTAR
IKEA prestará un servizo de Asesoramento Personalizado a distancia para a compra de salas de estar, que comprenderá o Deseño e a Planificación das salas de estar IKEA en función da información proporcionada na enquisa que o Cliente complete no proceso de reserva de cita, así como do plano subministrado polo Cliente, que resulta imprescindible para que o servizo se preste de forma axeitada.IKEA non prestará o servizo de deseño e planificación de salas de estar compostas na súa totalidade por artigos que non sexan de IKEA.
IKEA confirmará ao Cliente de forma automática a hora e a data específicas en que se prestará o servizo. O Cliente deberá enviar a IKEA o plano da superficie obxecto de asesoramento, coas correspondentes medicións, en formato imaxe (.jpg, .png, etc.) ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
O servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión telefónica ou remota na data e a través dos medios a distancia acordados entre ambas partes, cunha duración máxima asignada por IKEA de 60 minutos, en función das necesidades de asesoramento do Cliente.
No caso das salas de estar completas, trala sesión telefónica ou remota, o resultado do servizo verifícase mediante a entrega ao Cliente, nun prazo máximo de 7 días dende a data da sesión, dun proxecto con plano en 2D de planta (vista dende arriba) e dun orzamento, ambos en formato .pdf; no caso dos armarios, a entrega constará de dúas imaxes do planificador de IKEA e dun orzamento en formato .pdf, e eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
ASESORAMENTO VIRTUAL PARA BAÑOS
IKEA prestará un servizo de Asesoramento Personalizado a distancia para a compra de baños, que comprenderá o Deseño e a Planificación dos baños IKEA en función da información proporcionada polo Cliente, así como do plano subministrado, que resulta imprescindible para que o servizo se preste de forma axeitada.IKEA non prestará o servizo de deseño e planificación de baños compostos na súa totalidade por artigos que non sexan de IKEA.
IKEA confirmará ao Cliente de forma automática a hora e a data específicas en que se prestará o servizo. O Cliente deberá enviar a IKEA o plano da superficie obxecto de asesoramento, coas correspondentes medicións, en formato imaxe (.jpg, .png, etc.) ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
O servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión remota na data e a través dos medios a distancia acordados entre ambas partes, cunha duración máxima de 45 minutos segundo o tipo de cita.
Trala sesión telefónica ou remota, o resultado do servizo verifícase mediante a entrega ao Cliente, nun prazo máximo de 7 días dende a data da sesión, dun proxecto con plano en 3D e dun orzamento, ambos en formato .pdf, que eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
6.PREZO E PAGAMENTO
O servizo de asesoramento personalizado a distancia é gratuíto no que respecta ao deseño da estancia (cociña, dormitorio, sala de estar ou baño), a diferenza do Servizo de Verificación para cociñas, segundo os termos referidos no apartado correspondente.
Para o abono polo Cliente do servizo anteriormente sinalado, os medios de pagamento admitidos son o pago en liña xestionado a través do servizo de atención ao cliente ou os que se efectúan en calquera das nosas tendas IKEA.
Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os que se tratan no asesoramento, non forman parte do servizo e non constan no prezo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes a data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes.
IKEA facilitará ao Cliente a contratación doutros servizos diferentes á compra, como os de transporte e instalación, que o Cliente deberá contratar coas empresas colaboradoras externas, de acordo coas condicións pactadas con elas.
7.SERVIZO POSVENDA
No caso de que o Cliente teña unha incidencia coa contratación do servizo, deberá dirixirse ao establecemento da súa elección.Así mesmo, poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de IKEA a través do teléfono 900 400 922 en horario de 8:00 h a 22:00 h, de luns a sábado, e de 10:00 h a 20:00 h os domingos e festivos.
8.GARANTÍA
IKEA responde da falta de conformidade dos artigos no prazo de 3 anos dende a data da compra polo Cliente ou dende a súa entrega por empresas colaboradras externas, segundo establece o Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
O sistema de cociñas METOD conta cunhas condicións específicas de garantía comercial que só se aplican ao uso doméstico da cociña e a determinados compoñentes.
A garantía cobre, durante un período de 25 anos, os seguintes compoñentes de forma exclusiva: •Estruturas de armario•Frontes•Guía de parede•Bisagras UTRUSTA•Caixóns totalmente extraíbles MAXIMERA•Andeis UTRUSTA de vidro temperado e melamina•Zócolos•Patas•Amortecedores de portas•Apertura a presión para portas•Paneis•Bandas decorativas/Molduras•Mesados•Paneis de parede•Vertedoiros (agás FYNDIG)
Polo tanto, quedan excluídos da garantía os seguintes compoñentes: Pomos e tiradores•Bisagra corrediza ERSÄTTARE para lavalouza semiintegrada•Bisagra corrediza BEHJÄLPLIG para lavalouza totalmente integradaOs caixóns FÖRVARA e os cestos de reixa UTRUSTA, TUTEMO, HÖRDA, TORNVIKEN e VADHOLMA teñen 10 anos de garantía.As cociñas KNOXHULT e SUNNERSTA teñen 3 anos de garantía.
Esta información está dispoñible en https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/returns-claims/guarantee/
9.CANCELACIÓN DO SERVIZO DE VERIFICACIÓN
Non é posible pedir a cancelación unha vez que o servizo de verificación se executou por completo se a devandita execución comezou co consentimento previo e expreso do Cliente e co recoñecemento pola súa parte de que, unha vez que IKEA complete o servizo, perderá a posibilidade de cancelación.
O Cliente recoñece que se lle informou de que, unha vez iniciado o servizo de verificación coa súa conformidade, non poderá cancelar o servizo prestado cando se complete.
10.LEXISLACIÓN APLICABLE.SUBMISIÓN A FORO
O presente contrato rexerase pola lexislación española que sexa de aplicación no que non se dispoñese nel en materia de interpretación, validez e execución.
As partes acordan someter calquera controversia que puidese xurdir da interpretación ou da execución das presentes condicións contractuais aos xulgados e tribunais da cidade correspondente ao domicilio do Cliente.