Saltar

Condicións xerais de contratación do servizo de asesoramento personalizado na tenda

As presentes Condicións xerais de contratación regularán expresamente as relacións comerciais que xurdan entre IKEA IBÉRICA S. A. e os usuarios ou clientes que contraten o servizo de asesoramento personalizado na tenda para o deseño ou a planificación de compra dun dormitorio, unha sala de estar ou unha cociña ofertado por IKEA.

1. INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS PREVIAS Á CONTRATACIÓN

O Cliente, con carácter previo á contratación e durante o proceso de compra, poderá acceder a estas condicións xerais de contratación, así como arquivalas e imprimilas, para a súa consulta.

Toda a información e todos os datos persoais que forneza o Cliente ao utilizar este sitio web trataranse de acordo coa Política de Privacidade de IKEA, segundo o tratamento de datos que se especifica nestas Condicións de Compra e conforme ás opcións que marcase o Cliente ao aceptalas. O Cliente declara que toda a información e os datos que facilite a IKEA son veraces e se corresponden coa realidade. Se o Cliente non facilita toda a información necesaria, non se poderá cursar o seu pedido.

O Cliente declara que é maior de 18 anos e dispón da capacidade legal e de obrar necesaria e suficiente para asinar contratos de contido económico.

2. PRODUTOS IKEA

O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e que se someteron a métodos de ensaio conforme ás normas e os estándares correspondentes. No entanto, algúns artigos da variedade probáronse para un uso profesional ou público e cómpren os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade que establecen as normas técnicas correspondentes aos devanditos usos.

As garantías que ofrece IKEA con respecto a todos os seus produtos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico. O Cliente deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, asegurarse de que este é axeitado para o uso que lle quere dar. A tal fin, existen fichas descritivas do produto que se poden consultar nas tendas IKEA e en www.ikea.es. IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA.

O Cliente declara coñecer que IKEA non ten sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO9000, ISO 14000, EMAS, SA8000, etc.). IKEA ten por obxectivo que a marca IKEA sexa en si mesma garantía de confianza para o Cliente, tanto dos procesos que segue coma dos artigos que vende respecto ás cuestións de calidade, seguridade, medio ambiente e responsabilidade corporativa. Para iso, conta con sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os seus procesos e que realizan auditorías internamente para asegurar que se levan a cabo da forma axeitada en todas as súas unidades. A fabricación dos seus produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios de IKEA, fundamentados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas, como as mencionadas anteriormente. Ademais, ten auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produtos e dos servizos que ofrece IKEA.

3. OS NOSOS DATOS

O servizo préstao IKEA IBÉRICA S. A., con CIF A28812618 e domicilio na Avenida Matapiñonera, n.º 9, código postal 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, no tomo 1251, sección 8.ª, folio 102, folla 23 549.

4. CONDICIÓNS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO

No caso do servizo de asesoramento para cociñas, o Cliente manifesta que o habitáculo da cociña se encontra nas condicións definitivas, incluíndo as tomas de auga e luz na súa localización final, así como os chans e as paredes cos seus acabados rematados.

IKEA informa de que o servizo de asesoramento personalizado a distancia non inclúe máis conceptos que o propio asesoramento na tenda para o deseño da cociña, a sala de estar ou o dormitorio. Tanto os artigos como outros servizos adicionais deberán ser aboados no momento da compra na tenda.

Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do servizo e non constan incluídos no prezo de ningún modo, polo que só é posible adquirilos conforme ao sistema de compra habitual, co prezo e as condicións de referencia da data na que se efectúa a compravenda de cada produto, mesmo se as condicións dos orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento fosen diferentes. Do mesmo modo, o servizo de asesoramento non inclúe ningún servizo adicional, nin de transporte ou montaxe, que non conste expresamente nas presentes condicións.

Como condición esencial para a prestación do Servizo, o contratante exime a IKEA (e, polo tanto, será o único responsable) de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e a localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente.

Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o Deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen ás condicións de seguridade, habitabilidade, idoneidade e demais obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble. Se non é así, deberán ser modificados por parte do propio Cliente.

5. DESCRICIÓN DO SERVIZO

ASESORAMENTO NA TENDA PARA COCIÑAS

O Cliente deberá rexistrarse mediante o Formulario habilitado para tal efecto introducindo os datos solicitados para pedir unha cita na tenda.

O Cliente deberá acudir á cita con IKEA cos planos da superficie obxecto de asesoramento, a escala en papel. IKEA prestará un servizo de Asesoramento Personalizado na Tenda para a compra de cociñas, que comprenderá o Deseño e a Planificación das cociñas de IKEA de acordo coa información proporcionada na enquisa que o Cliente complete no proceso de reserva de cita, así como en función do plano subministrado polo Cliente. IKEA non prestará o servizo de deseño e planificación de cociñas compostas na súa totalidade por artigos que non sexan de IKEA. O servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión na data acordada entre as dúas partes, cunha duración máxima de dúas horas, agás acordo entre ambas as partes. IKEA entregará ao Cliente un plano en 3D, cuxa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade. O Cliente poderá solicitar dous cambios no deseño posteriormente. Para facelo, terá que comunicar a IKEA a través do correo electrónico, nun prazo máximo de 30 días, as modificacións que queira realizar; ademais, o Cliente deberá achegar a IKEA o deseño, a planificación e o orzamento novos, nun prazo máximo de sete días, ao mesmo correo electrónico dende o que se fixo a solicitude.

Finalizada a prestación do servizo contratado, o Cliente deberá proceder a asinar un documento acreditativo de tal conformidade.

Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os que se tratan no asesoramento, non forman parte do servizo e non constan no prezo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes na data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes. IKEA facilitará ao Cliente a contratación de servizos adicionais á compra, como o servizo de transporte e instalación. Estes servizos deberá contratalos o Cliente coas empresas colaboradoras externas. No caso de contratar a instalación da cociña cunha empresa colaboradora externa, esta realizará unha verificación da cociña antes da instalación para comprobar que o deseño se adapte correctamente á cociña do Cliente.

Como condición esencial para a prestación do Servizo, o contratante exime a IKEA (e, polo tanto, será o único responsable) de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e a localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente. Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o Deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen ás condicións de seguridade, habitabilidade, idoneidade e demais obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble. Se non é así, deberán ser modificados por parte do propio Cliente. Toda a información que sexa facilitada polo Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder en modo algún da veracidade, exactitude ou suficiencia da información facilitada entre ambas as partes.

ASESORAMENTO NA TENDA PARA DORMITORIOS

O Cliente deberá rexistrarse mediante o Formulario habilitado para tal efecto introducindo os datos solicitados para pedir unha cita na tenda.

O Cliente deberá acudir á cita con IKEA cos planos da superficie obxecto de asesoramento, a escala en papel. IKEA prestará un servizo de Asesoramento Personalizado na Tenda para a compra dun Dormitorio, que comprenderá o Deseño e a Planificación dun Dormitorio de IKEA de acordo coa información proporcionada na enquisa que o Cliente complete no proceso de reserva de cita, así como en función do plano subministrado polo Cliente. IKEA non prestará o servizo de deseño e planificación dun Dormitorio composto na súa totalidade por artigos que non sexan de IKEA. O servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión na data acordada entre as dúas partes, cunha duración máxima de dúas horas, agás acordo entre ambas as partes. IKEA entregará ao Cliente un plano en 3D, cuxa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.

Finalizada a prestación do servizo contratado, o Cliente deberá proceder a asinar un documento acreditativo de tal conformidade.

Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os que se tratan no asesoramento, non forman parte do servizo e non constan no prezo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes na data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes. IKEA facilitará ao Cliente a contratación de servizos adicionais á compra, como o servizo de transporte e instalación. Estes servizos deberá contratalos o Cliente coas empresas colaboradoras externas.

Como condición esencial para a prestación do Servizo, o contratante exime a IKEA (e, polo tanto, será o único responsable) de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e a localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente. Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o Deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen ás condicións de seguridade, habitabilidade, idoneidade e demais obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble. Se non é así, deberán ser modificados por parte do propio Cliente. Toda a información que sexa facilitada polo Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder en modo algún da veracidade, exactitude ou suficiencia da información facilitada entre ambas as partes.

ASESORAMENTO NA TENDA PARA SALAS DE ESTAR

O Cliente deberá rexistrarse mediante o Formulario habilitado para tal efecto introducindo os datos solicitados para pedir unha cita na tenda.

O Cliente deberá acudir á cita con IKEA cos planos da superficie obxecto de asesoramento, a escala en papel. IKEA prestará un servizo de Asesoramento Personalizado na Tenda para a compra dunha Sala de estar, que comprenderá o Deseño e a Planificación dunha Sala de estar de IKEA de acordo coa información proporcionada na enquisa que o Cliente complete no proceso de reserva de cita, así como en función do plano subministrado polo Cliente. IKEA non prestará o servizo de deseño e planificación dunha Sala de estar composta na súa totalidade por artigos que non sexan de IKEA. O servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión na data acordada entre as dúas partes, cunha duración máxima de dúas horas, agás acordo entre ambas as partes. IKEA entregará ao Cliente un plano en 3D, cuxa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.

Finalizada a prestación do servizo contratado, o Cliente deberá proceder a asinar un documento acreditativo de tal conformidade.

Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os que se tratan no asesoramento, non forman parte do servizo e non constan no prezo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes na data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes. IKEA facilitará ao Cliente a contratación de servizos adicionais á compra, como o servizo de transporte e instalación. Estes servizos deberá contratalos o Cliente coas empresas colaboradoras externas.

Como condición esencial para a prestación do Servizo, o contratante exime a IKEA (e, polo tanto, será o único responsable) de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e a localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente. Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o Deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen ás condicións de seguridade, habitabilidade, idoneidade e demais obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble. Se non é así, deberán ser modificados por parte do propio Cliente. Toda a información que sexa facilitada polo Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder en modo algún da veracidade, exactitude ou suficiencia da información facilitada entre ambas as partes.

6. PREZO E PAGAMENTO

O servizo de planificación de cociñas ten carácter gratuíto.

Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os que se tratan no asesoramento, non forman parte do servizo e non constan no prezo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes na data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes.

7. SERVIZO POSVENDA

No caso de que o Cliente teña unha incidencia coa contratación do servizo, deberá dirixirse ao establecemento da súa elección. Así mesmo, poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de IKEA a través do teléfono 900 400 922 (o custo pode variar segundo o provedor de servizos de telecomunicacións) en horario de 10:00 a 22:00.

8. GARANTÍA

IKEA responde da falta de conformidade dos artigos no prazo de dous anos dende a data de compra polo cliente ou dende a súa entrega por empresas colaboradoras externas, segundo establece o Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro.

O sistema de cociñas METOD conta cunhas condicións específicas de garantía comercial só aplicables para o uso doméstico da cociña. A garantía cobre durante un período de 25 anos os defectos dos materiais ou de fabricación dos seguintes compoñentes do sistema de armarios de cociña METOD: estrutura de armario, frontes, bisagras UTRUSTA, caixóns totalmente extraíbles MAXIMERA, andeis de melanina e vidro temperado UTRUSTA, zócolos, patas, paneis laterais, molduras, mesados (agás LILLTRÄSK e FYNDIG) e vertedoiros (agás FYNDIG).

O sistema de cociñas FYNDIG non está cuberto por esta garantía.

Os seguintes produtos non están cubertos por esta garantía: pomos, tiradores, mesados FYNDIG e LILLTRÄSK, bisagras para lavalouzas semiintegradas ERSÄTTARE e bisagras para lavalouzas totalmente integradas BEHJÄLPLIG. Os caixóns FÖRVARA, os cestos de reixa UTRUSTA e os armarios abertos TUTEMO e HORDA teñen 10 anos de garantía.

Recomendamos, en todo caso, consultar na ligazón indicada as condicións específicas da garantía e a súa cobertura, así como as instrucións de mantemento, para dar o mellor tratamento posible a cada artigo.

 Esta información está dispoñible en https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/returns-claims/guarantee/

9. LEXISLACIÓN APLICABLE. SUBMISIÓN A FORO

As presentes condicións rexeranse pola lexislación española que sexa de aplicación no que non se dispuxese nel en materia de interpretación, validez e execución.

As partes acordan someter calquera controversia que puidese xurdir da interpretación ou da execución das presentes condicións contractuais aos xulgados e tribunais da cidade correspondente ao domicilio do cliente.

Información sobre o exercicio do dereito de renuncia (*)

1. Produtos IKEA 

No caso de adquisición de artigos, o Cliente poderá exercer o seu dereito de renuncia nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación. O prazo para exercer este dereito comezará a contar o día que o Cliente, ou un terceiro indicado polo Cliente, adquira a posesión material do último dos artigos entregados.

  • Renuncia total: Se o Cliente exerce o dereito de renuncia dentro do prazo dos 14 días, devolverémoslle todos os pagamentos recibidos sen ningunha demora indebida, incluídos os gastos de entrega (coa excepción dos gastos adicionais resultantes da elección por parte do Cliente dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa e ordinaria que ofrezamos) e, en todo caso, a máis tardar, nun prazo de 14 días naturais a partir da data na que se nos informe da decisión do Cliente de renunciar ao presente contrato. Procederemos a efectuar o devandito reembolso co mesmo medio de pagamento empregado polo Cliente para a transacción inicial, salvo no caso de que o Cliente dispoña expresamente o contrario; o Cliente non incorrerá, en todo caso, en ningún gasto como consecuencia do reembolso.

  • Renuncia parcial: En caso de renunciar a parte dos artigos ou produtos adquiridos, dentro do prazo dos 14 días, devolveremos ao Cliente o custo íntegro do produto ou dos produtos devoltos, así como a parte proporcional dos pagamentos recibidos do Cliente en concepto de servizos inherentes á súa compra (transporte/montaxe/instalación) sen ningunha demora indebida, incluídos os gastos de entrega (coa excepción dos gastos adicionais resultantes da elección pola súa parte dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria que ofrezamos) e, en todo caso, a máis tardar, en 14 días naturais a partir da data na que se nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato.

2. Servizos

Se ademais da adquisición de artigos, o Cliente contratou un ou varios servizos adicionais (transporte, montaxe e instalación, etc.), poderá exercer o seu dereito de renuncia con respecto a todos e cada un destes servizos nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación, sempre que os servizos contratados non se chegasen a executar, en cuxo caso o Cliente perderá este dereito. Este prazo comezará a contar a partir do día da celebración do contrato.

  • Renuncia total: No caso da prestación de servizos, se o Cliente exerce o dereito de renuncia dentro do prazo dos 14 días, sempre que os servizos contratados non se executasen por completo, devolverémoslle todos os pagamentos recibidos sen ningunha demora indebida e, en todo caso, nun prazo máximo de 14 días naturais a partir da data na que se nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato. Procederemos a efectuar o devandito reembolso co mesmo medio de pagamento empregado polo Cliente para a transacción inicial, salvo no caso de que o Cliente dispoña expresamente o contrario; o Cliente non incorrerá, en todo caso, en ningún gasto como consecuencia do reembolso.

  • Renuncia parcial: No caso da prestación de servizos, se o Cliente exerce o dereito de renuncia de parte dos servizos contratados dentro do prazo dos 14 días, sempre que os servizos contratados non se executasen por completo, devolverémoslle a parte proporcional de todos os pagamentos recibidos sen ningunha demora indebida e, en todo caso, nun prazo máximo de 14 días naturais a partir da data na que se nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato. Procederemos a efectuar o devandito reembolso co mesmo medio de pagamento empregado polo Cliente para a transacción inicial, salvo no caso de que o Cliente dispoña expresamente o contrario; o Cliente non incorrerá, en todo caso, en ningún gasto como consecuencia do reembolso.

Outras condicións aplicables

Poderemos reter o reembolso segundo o disposto legalmente. O Cliente deberá devolvernos ou entregarnos directamente os artigos sen ningunha demora indebida e, en calquera caso, nun prazo máximo de 14 días naturais dende a data en que nos comunique a súa decisión de renuncia do contrato. Considerarase que se cumpriu o prazo se efectúa a devolución dos bens antes de que conclúa o devandito prazo. O Cliente deberá asumir o custo directo da devolución dos bens. Calcúlase que este custo, no caso de contratar un novo servizo de transporte para efectuar a devolución a IKEA, será o mesmo que aboou o Cliente polo transporte da mercancía ao seu domicilio, sempre que se trate do mesmo importe de compra, da mesma zona de transporte e da mesma tenda na que efectuou a compra. Só o Cliente será responsable da diminución de valor dos bens resultante dunha manipulación distinta da necesaria para establecer a natureza, as características e o funcionamento dos bens.

Para exercer o dereito de renuncia, o Cliente deberá notificar a IKEA CONTACT CENTER ESPAÑA, Plaza Espíritu Santo, Parcelas 1-3, código postal 33010, Oviedo (Asturias), teléfono 902 400 922 e correo electrónico "[email protected]" a súa decisión de renunciar ao contrato mediante unha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal, fax ou correo electrónico). O Cliente poderá utilizar o modelo de formulario de renuncia que figura a continuación, aínda que o seu uso non é obrigatorio, xa que tamén existe a opción de cubrir e enviar en formato electrónico o modelo de formulario de renuncia ou calquera outra declaración inequívoca a través do seguinte sitio web: https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/terms-conditions/terminos-condiciones-compra-online-pubbb33a581/. Se o Cliente utiliza esta opción, comunicarémoslle sen demora nun soporte duradeiro (por exemplo, por correo electrónico) a recepción da devandita renuncia. Para cumprir o prazo de renuncia, é suficiente con que a comunicación relativa ao exercicio deste dereito pola parte do Cliente se envíe antes de que remate o prazo correspondente.

(*) Os dereitos recollidos neste documento son os previstos na normativa de aplicación de venda a distancia. A partir dos 14 días naturais recoñecidos na lei, aplicarase a política de devolucións de IKEA. No caso de que o produto non se probase e estea na súa embalaxe orixinal, IKEA devolverá o importe da compra íntegro no mesmo método de pagamento que o Cliente utilizou. No caso contrario, IKEA entregará ao Cliente unha Tarxeta Devolución sen caducidade pola totalidade do importe. A política comercial aplícase unicamente aos artigos, nunca á contratación dos servizos.