Compras a distancia
Precisas que alguén faga o teu pedido por ti? Iso está feito. O noso equipo de especialistas axudarache a facer o pedido e resolverá as túas dúbidas coa rapidez e a comodidade que mereces. Todo sen saír da casa.
Compras por teléfono
Chamando ao teléfono 900 400 922. O noso equipo de venda prestarache asistencia e creará o pedido contigo. O noso horario de atención telefónica é de 8:00 a 22:00 de luns a sábado, non festivos, e de 10:00 a 20:00 os domingos e festivos.
Compras por videollamada
Poñemos á túa disposición a axuda do noso equipo de expertos/as para planificar diferentes áreas do fogar, crear en conxunto o cuarto dos teus soños e finalizar a compra.
Fai o teu pedido por teléfono en 3 pasos sinxelos:
- Elixe o que che interesa: Selecciona os produtos ou servizos que queiras e chámanos ao 900 400 922 (pulsa a opción 2 e despois 4) para falar directamente cun/cunha especialista de IKEA, que te asesorará e resolverá as túas dúbidas.
- Buscaremos a mellor opción de entrega para ti: Dá igual onde vivas. O noso equipo de asesoramento comprobará todas as posibilidades de envío ou recollida, e suxerirá a solución máis cómoda para ti.
- Confirma e paga con total tranquilidade:Enviarémosche a confirmación do pedido xunto cunha ligazón para realizar o pagamento, sexa por correo electrónico ou mensaxe de texto. Podes pagar con tarxeta, PayPal, Bizum, Apple Pay, tarxeta agasallo, tarxeta devolución, transferencia ou mesmo financiar a túa compra coa tarxeta IKEA VISA.
Opinións de fogares reais que xa mercaron coa axuda do noso equipo de especialistas
Servizo gratuíto de planificación de cuartos
Precisas axuda para organizar o teu fogar e tirarlle o máximo partido? O noso equipo de expertos/as pode asesorarte sen ningún custo adicional para planificar e distribuír de maneira eficiente calquera cuarto do teu fogar. Este servizo inclúe:
- Asesoramento personalizado
- Propostas de distribución e selección de produtos IKEA
- Xestión e soporte durante todo o proceso de compra
Servizo de deseño de interiores
Buscas unha proposta máis visual e detallada para renovar o teu fogar? Transforma calquera cuarto coa axuda do noso equipo de deseño de interiores. Nunha sesión personalizada de 90 minutos, ofrecémosche ideas adaptadas ao teu estilo, as túas necesidades e o teu orzamento. Por só 29 €/cuarto, recibirás:
- Proposta de distribución en plano
- Imaxes 3D con produtos IKEA
- Orzamento detallado
- Consellos prácticos e personalizados
IKEA para Empresas
Fai medrar o teu negocio con IKEA. Ao unirte á Rede IKEA para Empresas, accedes a un espazo exclusivo con vantaxes deseñadas especialmente para ti e a túa empresa:
- Servizos personalizados adaptados ás necesidades do teu negocio.
- Asesoramento profesional para tomar as mellores decisións de equipamento.
- Facilidades de pagamento
- Tarifas exclusivas para o envío a domicilio
- Promocións e cupóns