Obxectos perdidos
Perdiches algo? Gardamos todos os obxectos que atopamos durante 30 días na área de atención ao cliente das nosas tendas. En canto teñamos o artigo perdido, publicarémolo na páxina web do noso socio iLost**.

Como reclamar o obxecto
Se o teu artigo aparece, necesitamos comprobar que o obxecto é teu, polo que cantos máis detalles ofrezas á hora de reclamalo, moito mellor. Unha vez que verifiquemos que o obxecto é da túa propiedade, poderás recollelo no mostrador de atención ao cliente da tenda na que o perdiches. Lembra que, se o artigo reclamado é un produto IKEA, solicitaremos o tícket de compra no momento da recollida. Atoparás o mostrador de atención ao cliente na saída das nosas tendas.
Utiliza a seguinte ligazón para acceder a iLost*** :
*IKEA non se fai responsable das perdas ou deterioracións que poidan afectar os obxectos perdidos. IKEA poderá custodiar, no seu caso, os artigos perdidos durante un máximo de 30 días naturais dende a data na que se perdeu o obxecto. Transcorrido ese prazo, IKEA procederá a desfacerse dos artigos, que non se poderán reclamar. Ademais, será alleo a calquera responsabilidade de custodia ou entrega.
**Esta ferramenta só é informativa e non implica obriga nin responsabilidade algunha respecto aos obxectos perdidos.
***Ao rexistrarte na súa web, deberás aceptar a súa Política de Privacidade, e iLost será responsable dos teus datos. Tamén podes acudir á túa tenda habitual para localizar un obxecto perdido sen necesidade de rexistrarte.
Tes algunha pregunta?
Introduce unha ou varias palabras na barra de busca.Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador na parte superior.
Se precisas información sobre como funciona a sección de preguntas frecuentes, agrega no buscador a palabra "Ola / Hej".