Como utilizar as solucións de iluminación intelixente
Aplicación IKEA Home smart e dispositivo de conexión TRÅDFRI
Como crear distintos ambientes
Un ambiente é un conxunto de parámetros de brillo e cor que podes aplicar a un grupo de luces. Por exemplo, unha sala pode ter unha luz máis cálida para cear e unha máis fría e/ou intensa para traballar.
Podes crear os teus propios ambientes preconfigurados e controlalos coa aplicación IKEA Home smart (antes TRÅDFRI). Por exemplo, un ambiente para ver a TV e outro distinto para cear con tranquilidade.
Mira o vídeo para aprender a crear e controlar varios ambientes coa aplicación IKEA Home smart.

Que é un '"ambiente luminoso intelixente"?
Podo cambiar os axustes de ambiente?
Cantos grupos e ambientes se poden crear na aplicación IKEA Home smart?
Como programar os temporizadores
Podes espertar coa luz agradable que ti elixas, facer que se acendan e se apaguen as luces de acordo cun horario ou programar un temporizador para acendelas cando queiras, mesmo se non estás na casa.
Mira o vídeo e aprende a configurar os temporizadores coa aplicación IKEA Home smart (antes TRÅDFRI).

Pode funcionar a aplicación IKEA Home smart como espertador?
Que son os temporizadores e como podo configuralos?
Custa algo a aplicación IKEA Home smart?
Que teño que facer para cambiar o idioma da aplicación?
Onde podo atopar o número de versión da aplicación IKEA Home smart?
Cantas persoas poden controlar ao mesmo tempo as luces dos dispositivos intelixentes usando a aplicación IKEA Home smart?
Se teño un sistema sen dispositivo de conexión e engado un TRÅDFRI, aparecerán automaticamente os meus produtos de iluminación intelixente na aplicación IKEA Home smart?
Como se pode comprobar se o dispositivo de conexión está conectado á rede doméstica?
Como podo instalar unha actualización da aplicación IKEA Home smart?
Quero mudarme a outra casa e levar o sistema de iluminación intelixente comigo. Que teño que facer para restablecer a configuración e iniciar o sistema?
Cando debería usar o botón para desconectar do dispositivo que aparece nos axustes da aplicación e que pasa se o premo?
Podo controlar as miñas luces dende a aplicación IKEA Home smart cando non estea na casa?
Para que dispositivos móbiles está dispoñible a aplicación IKEA Home smart?
Que é un dispositivo de conexión?
Que necesito para utilizar o dispositivo de conexión TRÅDFRI e a aplicación IKEA Home smart?
Catro formas de controlar as solucións de iluminación intelixente
Sexa cun dispositivo ou mediante unha aplicación, temos todo o que precisas. Para cambiar o ambiente do teu fogar, só tes que premer un botón, mover a man, tocar a aplicación ou dar unha orde. Pódese sincronizar con Alexa de Amazon, o Asistente de Google e o HomeKit de Apple.
Utilización do mando a distancia TRÅDFRI
Utilización do regulador de intensidade sen fíos TRÅDFRI
Uso da aplicación IKEA Home smart
Utilización do sensor de movemento TRÅDFRI
Cantas tonalidades de cor pode crear a lámpada branca TRÅDFRI?
Conectei unha lámpada branca ou de cor ao meu sensor de movemento. Como podo axustar a temperatura ou a cor?
Que é un grupo de luces?
Pódense agrupar varias lámpadas TRÅDFRI?
Quero asignar a lámpada nova a un grupo diferente dos anteriores, pero só teño un dispositivo de control.
Pódese modificar o nivel de brillo dunha soa luz?
Os produtos de iluminación intelixente de IKEA teñen unha función de memoria?
Como podo controlar unha luz de forma individual?
Podo acender e apagar as luces sen utilizar un dispositivo intelixente?
Podo utilizar un circuíto normal de parede para controlar os meus produtos de iluminación intelixente?
A canta distancia teño que estar para poder controlar as luces?
Necesito ter un dispositivo de control (mando a distancia, regulador de intensidade sen fíos ou sensor de movemento) para cada luz?
Como podo quitar unha luz do dispositivo de control (mando a distancia, regulador de intensidade sen fíos ou sensor de movemento)?
Onde está o botón de sincronización do meu dispositivo de control?
Como podo recuperar a configuración predeterminada (os axustes de fábrica)?
Seguridade, interferencias e risco de radiación
Seguridade
En IKEA, aplicamos unha gran cantidade de medidas de seguridade para garantir que os nosos produtos sexan seguros e estean o máis actualizados posible no momento de mercalos. Os produtos de iluminación intelixente IKEA utilizan o estándar AES de 128 bits, e examínanse e apróbanse de acordo con todas as normas aplicables aos produtos sen fíos.
Os produtos TRÅDFRI son iguais en todos os países, e funcionan con todas as lámpadas que se adaptan ao seu tamaño.
Radiación
A radiación é menor que a que emite un móbil ou un dispositivo Wi-Fi. Non obstante, se sentes molestias porque es sensible á electricidade ou a radiación, utiliza o interruptor de parede para apagar as luces e deixalas completamente inactivas.
Interferencias
Unha vez que as luces están sincronizadas cun dispositivo de control, só se poden usar xuntos, polo que non hai risco de interferencias cos sistemas dos veciños.
Se tes outros electrodomésticos na casa que compartan a mesma frecuencia (2,4 GHz) e están preto, pódense producir interferencias. Non obstante, o produto foi certificado conforme aos estándares que aparecen na declaración de conformidade e, polo tanto, non deberían producirse interferencias.