Saltar

Soporte para produtos intelixentes IKEA

Os produtos IKEA intelixentes están deseñados para que duren moito tempo. Fabrícanse con materiais resistentes que se someteron a diversas probas nos nosos laboratorios. Canto máis tempo utilices os teus produtos, máis contribuirás ao medio ambiente.

 

Utiliza os teus produtos intelixentes para o fogar de IKEA, feitos para durar

Deseñámolos para que funcionen mesmo sen estar conectados a Internet e sen a necesidade de contar cun servidor remoto. Isto significa que podes seguir utilizando os teus produtos intelixentes co teu hub DIRIGERA ou o dispositivo de conexión TRÅDFRI vinculados á aplicación IKEA Home smart ata que deixen de funcionar.

Cando o teu hub DIRIGERA ou o dispositivo de conexión TRÅDFRI estean conectados a Internet, o software destes produtos intelixentes actualizarase con novas funcións. Con todo, hai certos límites prácticos nas capacidades electrónicas dos produtos e o noso obxectivo é que funcionen o mellor posible. Esa é a razón pola que traballamos coa seguinte política á hora de ofrecer actualizacións e correccións dixitais. 

Hub DIRIGERA e dispositivo de conexión TRÅDFRI 

Teñen unha garantía de 3 anos desde a compra para garantir que o hub e o dispositivo de conexión:

  • Funcionan coa aplicación IKEA Home smart.
  • Reciben actualizacións de seguridade.
  • Reciben actualizacións para garantir a compatibilidade con Amazon Alexa, Apple HomeKit e o Asistente de Google. 

 

Produtos IKEA intelixentes (incluídos os altofalantes SYMFONISK) 

Ofrecemos asistencia de 5 anos para os produtos intelixentes IKEA que estean vinculados ao hub DIRIGERA ou ao dispositivo de conexión TRÅDFRI para asegurarnos do seguinte: 

  • Funcionan coa aplicación IKEA Home smart correspondente.
  • Reciben actualizacións de seguridade. 

Preguntas frecuentes

 

Que son os produtos IKEA coa etiqueta "Funciona con IKEA Home smart"?

Son produtos IKEA intelixentes que se poden controlar coa aplicación correspondente se se vinculan ao hub DIRIGERA ou ao dispositivo de conexión TRÅDFRI. A variedade actual de produtos intelixentes para o fogar de IKEA pódese consultar aquí.

Seguirán a funcionar os meus produtos intelixentes cando finalice a garantía? 

Claro! Podes seguir utilizando os teus produtos IKEA intelixentes cando finalice a nosa garantía de software. Por exemplo, poderán acender e apagar as luces, subir e baixar as persianas, e utilizar o hub ou o dispositivo de conexión na túa rede local mesmo sen conexión a Internet.

IKEA ofrecerache asistencia a través dos nosos centros de atención ao cliente. Ademais, podes consultar a información dispoñible en ikea.com se che xorde algunha dúbida ou se precisas axuda cos teus produtos intelixentes.

Como funcionan o hub DIRIGERA e o dispositivo de conexión TRÅDFRI?

  • O dispositivo de conexión TRÅDFRI e o hub DIRIGERA están deseñados para conectalos a Internet. Reciben actualizacións de software directamente desde IKEA ao conectalos a un router con acceso a Internet.
  • O obxectivo de IKEA é seguir desenvolvendo o hub DIRIGERA e o dispositivo de conexión TRÅDFRI coas actualizacións de seguridade pertinentes, así como garantir a compatibilidade cos nosos servizos en liña e a última versión da nosa aplicación IKEA Home smart durante un mínimo de tres anos desde que se realiza a compra.
  • Pasados eses anos, é probable que IKEA decida seguir ofrecendo actualizacións de software e compatibilidade cos servizos en liña ou as aplicacións móbiles. 

Como reciben actualizacións os produtos intelixentes que teñan a etiqueta "Funciona con IKEA Home smart" (incluídos os altofalantes SYMFONISK)?  

  • Estes produtos intelixentes poden recibir actualizacións de software directamente desde IKEA ao vinculalos ao hub DIRIGERA ou ao dispositivo de conexión TRÅDFRI con acceso a Internet, así como á aplicación IKEA Home smart. Con todo, os altofalantes SYMFONISK só reciben actualizacións directamente desde Sonos.
  • No caso destes produtos intelixentes, ofreceremos unha garantía de, ao menos, cinco anos. Se tes un dispositivo de conexión TRÅDFRI e os teus produtos intelixentes xa non funcionan con el, podes utilizalos cos controis remotos e mesmo pasar ao hub DIRIGERA.