Política de privacidade do Club Familiar IKEA
1. Sobre esta Política de privacidade
Somos conscientes do importante que resulta para ti coñecer o uso que lles damos aos teus datos, e sempre faremos o que estea nas nosas mans para ser o máis transparentes posible contigo.
Esta Política de privacidade atinxe aos clientes cunha conta de IKEA Family (en diante, a "Conta"). Nel, explícanse o procedemento e os motivos para tratar os datos persoais que nos achegas ao facer uso da túa condición de socio ou socia de IKEA Family na tenda, en liña (a través do sitio web ou da aplicación IKEA), no mercado en liña de segunda man IKEA, no mercado de servizos de mellora do fogar e ao contactar cos centros de asistencia ao cliente. Toda a información que temos sobre ti como socio ou socia está vencellada ao teu perfil de IKEA Family.
Así mesmo, esta Política de privacidade resalta os teus dereitos no tocante aos datos persoais que tratamos sobre ti. Respectamos o teu dereito á privacidade e comprometémonos a que siga a ser así.
2. Quen somos e como podes contactar connosco?
Somos o Grupo Ingka, un franquiado de Inter IKEA Systems B. V. que xestiona as canles de venda físicas e dixitais de IKEA en todo o mundo. Podes atopar máis información sobre nós en www.ingka.com.
As empresas do Grupo Ingka que teñen unha responsabilidade conxunta no tratamento dos datos, de acordo con esta Política de privacidade, son IKEA Ibérica S. A. U. ("Responsable de datos local") e Ingka NB AB ("Responsable de datos global"); en diante, referirémonos a eles de xeito colectivo como "Responsables de datos" ou "nós".
Responsable local do tratamento:
IKEA IBERICA S.A., unha sociedade de responsabilidade limitada española.
Domicilio social: avenida Matapiñonera, 9, San Sebastián de los Reyes, 28703 Madrid, España.
Inscrición: Rexistro Mercantil de Madrid, número A28812618.
Teléfono: 910 378 769.
Responsable global do tratamento:
Ingka NB AB, unha sociedade de responsabilidade limitada sueca.
Domicilio social: lmhultsgatan 2, 215 86 Malmö, Suecia.
Inscrición: Rexistro Mercantil de Suecia (Sw. Bolagsverket), número 559487-7051.
Nas actividades de tratamento que se describen nesta Política de privacidade, actuamos como corresponsables do tratamento, de acordo co artigo 26 do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). É dicir, que determinamos en conxunto os propósitos do tratamento dos teus datos persoais, así como as formas de tratalos, para fornecer a Conta e os seus servizos asociados en Europa. Os corresponsables tratarán os teus datos persoais co obxectivo de fornecer a Conta.
Se tes algunha dúbida sobre estPolítica de privacidade ou sobre os dereitos que nel se inclúen, contacta co Delegado de Protección de Datos da túa zona por correo electrónico ([email protected]), por teléfono (+34 900 400 922) ou cunha carta ao seguinte enderezo:
Delegado de Protección de Datos
IKEA Ibérica S. A. U.
Avenida Matapiñonera, n.º 9
San Sebastián de los Reyes
28703, Madrid
Se queres exercer os teus dereitos no tocante aos teus datos persoais, presente unha solicitude a través do noso formulario web de privacidade.
Se queres contactar co Delegado de Protección de Datos do Responsable de datos global, presenta unha solicitude ao Delegado de Protección de Datos da túa zona a través dos datos de contacto de enriba.
3. Funcións dos Responsables de datos
Como corresponsables, colaboraremos para fornecer IKEA Family e xestionar a información da túa Conta. É dicir, que ambas as empresas temos a responsabilidade de coidar dos teus datos. Porén, para facilitarche as cousas, o teu Responsable de datos local é o punto de contacto principal ante calquera cuestión sobre os teus datos, e mais o encargado de xestionar os aspectos cotiáns da túa Conta, como a maioría das comunicacións, as recompensas e vantaxes asociadas á actividade da Conta, e a resposta ás solicitudes que fagas sobre os teus datos.
Ten en conta que tamén actuamos como responsables de datos independentes para o tratamento dos teus datos persoais cando interactúas connosco, xa sexa para efectuar unha compra a través do Responsable de datos local, por exemplo, ou para empregar o mercado en liña de segunda man IKEA, que xestiona o Responsable de datos global.
- Se andas na procura da Política de privacidade do Responsable de datos local, podes atopalo aquí: Privacy Notice - IKEA Spain. Neste Aviso de privacidade, atoparás información sobre o tratamento dos teus datos persoais no relativo a aspectos como os pagamentos, os reembolsos, as devolucións, a entrega de produtos IKEA e outros procesos asociados ás compras que fas en IKEA.
- Se estás a buscar a Política de privacidade do Responsable de datos global para o mercado de segunda man IKEA, podes atopalo aquí: [Aviso de privacidade do mercado de segunda man IKEA]. Nesta Política de privacidade, atoparás información sobre o tratamento dos teus datos persoais que permite realizar publicacións, interactuar con outros usuarios no mercado en liña de segunda man e efectuar vendas ou compras no devandito espazo.
- Se estás a buscar a Política de privacidade do Responsable de datos global para IKEA Home, podes atopalo aquí. Neste Aviso de privacidade, atoparás información sobre o tratamento dos teus datos persoais que permite efectuar solicitudes de servizos, interactuar e levar a cabo contratos con profesionais, e adquirir servizos en IKEA Home.
4. Por que recompilamos e tratamos os teus datos?
Ofrecemos unha gran variedade de servizos, vantaxes e recompensas aos socios e as socias de IKEA Family, como descontos, puntos de recompensa, un historial de compras e acceso ao mercado con produtos de segunda man IKEA, un mercado en liña de segunda man no que vender e mercar produtos IKEA a socios e socias de IKEA Family, así como o mercado de servizos de mellora do fogar, dispoñible na aplicación IKEA Home (en diante, referidos en conxunto como "Mercados"). Co obxectivo de proporcionar a mellor experiencia posible, empregamos os teus datos persoais para ofrecer contido á medida, fornecer servizos, mellorar a túa experiencia personalizada e enviar mensaxes de márketing (o que inclúe anuncios e ofertas) que satisfagan as expectativas e necesidades dos socios e socias de IKEA Family.
Atoparás máis información sobre os servizos, as vantaxes e as recompensas de IKEA Family nos termos e condicións de IKEA Family (en diante, "Termos e condicións de IKEA Family").
Así mesmo, ao recompilar e tratar os teus datos, podemos fornecer asistencia onde a necesites, xestionar as túas solicitudes de información e servizos, e, se procede, encargarnos das queixas que poidas ter relacionadas coa túa Conta ou con IKEA Family.
Tamén analizaremos os teus datos persoais con fins estatísticos e de seguranza da información, e trasladarémolos a outras empresas do Grupo Ingka que compartan actividades ou procesos comerciais connosco. Farémolo co obxectivo de cumprir as obrigas contractuais que temos contigo ou porque forma parte do noso interese lexítimo.
5. Que datos persoais tratamos e con que fin o facemos?
Ao crear e utilizar unha Conta, recompilamos e tratamos os teus datos persoais. É posible que recompilemos os seguintes tipos de datos persoais:
- Información que nos achegas directamente a nós: Isto pode incluír a túa tarxeta de IKEA Family (dixital ou física), o teu nome, o teu enderezo, o teu correo electrónico, o teu número de teléfono e calquera outra información que decidas compartir ao crear ou empregar unha conta de IKEA Family, usar as túas recompensas, reservar un servizo, subscribirte ás nosas comunicacións, utilizar os nosos Mercados ou apuntarte a un evento ou unha promoción de IKEA Family.
- Información que recompilamos de xeito automático: Cando interactúas connosco a través da túa Conta, recompilamos certa información de maneira automática, como o teu enderezo IP, o software do teu navegador, o teu sistema operativo e a tenda IKEA dende a que accediches á Conta.
Os teus datos persoais trátanse cos seguintes obxectivos:
Crear e xestionar a túa Conta de IKEA Family
Tratamos os teus datos persoais para configurar e xestionar o acceso á túa Conta. Isto abrangue confirmar que cumpres os requirimentos de idade estipulados nos Termos e condicións de IKEA Family, identificarte durante as compras e as interaccións en liña, na tenda e nos Mercados, e ofrecer asistencia coa xestión da Conta. Cando sexa necesario, é posible que empreguemos os teus datos de identificación nacional para acreditar que sexas socio ou socia de IKEA Family, se non tes a túa tarxeta IKEA Family física ou dixital na tenda.
Datos persoais que se tratan
- Nome
- Apelidos
- Título
- Enderezo
- Correo electrónico
- Mes e ano de nacemento
- Número de teléfono (opcional)
- Número de tarxeta IKEA Family
- Contrasinal
- Datos de identificación nacional (DNI)
Base legal para o tratamento
Facemos isto para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family) contigo e para poder configurar a túa Conta e ofrecerche asistencia mentres que formes parte do club. Os datos persoais opcionais trátanse se nos dás o teu consentimento, e podes optar por non achegar esta información se non queres.
Fornecer servizos segundo a túa localización
Utilizamos a información que compartes connosco sobre a túa localización para saber cal é a tenda IKEA máis próxima a ti e, así, identificar o teu mercado de preferencia. Esta sería a localización principal para empregar os servizos de IKEA Family. Ademais, usamos estes datos para que o teu perfil de IKEA Family estea no idioma que queiras.
Datos persoais que se tratan
- Tenda preferida
- Datos de localización
Base legal para o tratamento
Temos o interese lexítimo de ofrecerche os nosos sitios web no idioma axeitado, así como información actualizada sobre as tendas.
Ofrecer os nosos servizos de asistencia ao cliente
Tratamos os datos das interaccións que tes nos chats do sitio web de IKEA e os Mercados para proporcionar servizos de asistencia ao cliente relacionados coas solicitudes e a xestión da Conta. Tamén utilizamos estes datos para realizar seguimentos das queixas e para mellorar os sistemas e os servizos que ofrecemos, xa que nos permiten coñecer mellor a actividade e o desempeño do sistema.
Datos persoais que se tratan
- Información de contacto, nome e ID do cliente
- Historial e datos dos chats
- O tipo de solicitude de servizo
Base legal para o tratamento
Tratamos estes datos persoais para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family) contigo e mais para garantir que goces dunha boa experiencia e solucionar os problemas que atopes ao utilizar a Conta.
Personalizar a experiencia como socio ou socia de IKEA Family no noso sitio web, na aplicación e nos Mercados
Levamos a cabo análises dos datos de actividade dos usuarios para xerar información útil sobre os clientes e personalizar a túa experiencia de compra. Se consentes que fagamos isto, ofrecerémosche contido á medida, recomendacións de produtos, ofertas relevantes e mensaxes de márketing personalizadas. Ademais, é posible que segmentemos clientes que compartan características (con historiais de compra ou preferencias de produtos similares, por exemplo) e creemos públicos semellantes nas plataformas de redes sociais no tocante á publicidade (con correos electrónicos cifrados).
Se decides compartir connosco datos sobre o teu fogar ou os teus intereses, empregarémolos para fornecer recomendacións de produtos melloradas.
Datos persoais que se tratan
- Historial de navegación
- Preferencias de compra
- Listaxes de desexos
- Detalles sobre se a persoa posúe unha vivenda (opcional)
- Número de fillos (opcional)
- Categorías de interese (opcional)
- Correo electrónico cifrado
Base legal para o tratamento
Personalizaremos a túa experiencia en liña se consentes o uso de cookies no noso sitio web ou nos Mercados, ou se dás o teu consentimento na túa Conta para utilizar listaxes de desexos, categorías de interese e información sobre o fogar. Podes xestionar as cookies e actualizar as túas preferencias en calquera momento.
Creamos públicos semellantes para ofrecer publicidade, algo que se sustenta no teu consentimento para recibir márketing directo da nosa parte. Este consentimento recompílase ao crear a Conta, e podes actualizalo en calquera momento.
Ofrecer servizos de consulta e de planificación do fogar aos socios e as socias de IKEA Family
Ao reservar un servizo de consulta ou planificación coa túa Conta, empregamos os teus datos persoais cos seguintes obxectivos:
- Identificarte como socio ou socia de IKEA Family ç
- Gardar resultados na túa Conta
Datos persoais que se tratan
- Información sobre a conta
- Detalles sobre o fogar
Base legal para o tratamento
Temos que tratar os teus datos persoais para executar o noso contrato (os Termos e condicións de IKEA Family) contigo.
Enviar mensaxes de márketing directo como socio ou socia de IKEA Family
Recibirás mensaxes de márketing directo, como ofertas, promocións e eventos, se outorgas o teu consentimento para recibir comunicacións personalizadas deste tipo. Isto pode incluír análises dos datos das túas transaccións e información sobre as compras, para así enviar márketing directo personalizado. O Responsable de datos local e o Responsable de datos global decidiron de maneira conxunta que o Responsable de datos local será quen envíe todas estas mensaxes de márketing directo.
Datos persoais que se tratan
- Correo electrónico
- Historial de compras e actividade compra/venda (no sitio web, na aplicación ou nos Mercados)
- Número de teléfono (opcional)
Base legal para o tratamento
Levaremos a cabo esta acción se outorgaches o teu consentimento ao Responsable de datos local. Este consentimento recompílase ao crear a Conta e pode actualizarse en calquera momento.
Proporcionar recompensas e ofertas de fidelidade aos socios e as socias de IKEA Family
Tratamos os teus datos de compra e as interaccións entre usuarios para ofrecerche as nosas recompensas e ofertas de fidelidade.
Estes son os datos de compra:
- Compras que realizases na Conta
- Devolucións de compras a través da Conta
- Recibos de compra (como xustificantes)
Estas son as interaccións entre usuarios:
- Identificación como socio ou socia de IKEA Family
- Vantaxes e servizos dos que gozas
- Enquisas e competicións
- Rexistros nun evento de IKEA Family
- Interaccións co márketing
Podes atopar máis información sobre as recompensas e ofertas de fidelidade de IKEA Family nos Termos e condicións de IKEA Family.
Datos persoais que se tratan e son alleos ás interaccións entre usuarios:
- Número de tarxeta IKEA Family
- Datos de transacción
- ID dos pedidos e identificadores dos clientes
- Historiais de pedidos e actividade de compra
- Interaccións en liña
Base legal para o tratamento
Levamos a cabo esta acción para executar o noso contrato contigo no tocante a fornecer recompensas e ofertas de fidelidade, segundo o estipulado nos Termos e condicións de IKEA Family. Cando che convidamos a participar nunha enquisa, temos o interese lexítimo de mellorar os nosos produtos e servizos. O teu consentimento tense en conta cando decides participar en competicións ou eventos de IKEA Family de maneira voluntaria. Cando sexa necesario, tamén trataremos os teus datos de acordo coas condicións contractuais do evento ou a competición.
Axudar a realizar un seguimento do desempeño e mellorar os servizos
Empregamos os datos das interaccións para analizar tendencias e identificar melloras que se poden levar a cabo de maneira interna no que respecta ao desempeño e o uso de IKEA Family. Realizamos análises de datos sobre a actividade da conta de IKEA Family de xeito agregado ou usamos datos pseudonimizados para poder supervisar o desempeño e mellorar de forma continua.
Datos persoais que se tratan
- Información sobre a conta
- Interaccións en liña
- Historial de navegación
- Preferencias de compra
- Listaxes de desexos
Base legal para o tratamento
Temos o interese lexítimo de analizar esta información para mellorar a experiencia do cliente. O consentimento que lles dás ás cookies afecta ao historial de navegación, que se emprega para levar a cabo estas análises. Utilizamos a túa Conta para coñecer as túas preferencias e listaxes de desexos que se compartisen no perfil da Conta. Podes xestionar as cookies e actualizar as túas preferencias en calquera momento.
Cumprir as obrigas legais
Tratamos os datos para detectar e previr a fraude, e por motivos de auditoría e seguranza.
Datos que se tratan
- Detalles da identificación nacional
- Enderezo IP completo (metadatos)
Base legal para o tratamento
Debemos facer isto para cumprir as nosas obrigas legais.
Cookies e tecnoloxías de seguimento
Empregamos certas tecnoloxías, como cookies, para que o noso sitio web e as nosas aplicacións cumpran o seu principal propósito. Aquí pódense incluír cookies que permiten iniciar sesión na túa Conta e cookies que lembran os artigos que gardaches no carriño.
Ademais, usamos tecnoloxías similares ás cookies, como píxeles, con obxectivos de análise e desempeño. Se deches o teu consentimento, é posible que empreguemos a información recompilada para optimizar a túa experiencia de navegación ou obter datos agregados sobre o tráfico e as interaccións nos Mercados.
Consulta a nosa política de cookies para obter máis información Política de cookies - IKEA en España.
Datos que se tratan
- Actividade de navegación
- Enderezo IP completo (metadatos)
- Información do dispositivo (tipo de dispositivo, sistema operativo, versión e tipo de navegador...)
- Interaccións cos nosos servizos e as nosas ferramentas en liña (como a tarxeta de compra, o paso para realizar pedidos, as ferramentas de deseño...)
- Interaccións coas nosas comunicacións de márketing
- Información similar de aplicacións ou sitios web de terceiros
Base legal para o tratamento
Temos o interese lexítimo de garantir que o sitio web e os Mercados funcionen como é debido, polo que estas cookies funcionais sempre estarán activadas. Se usamos outras cookies con fins de personalización ou análise, dependerá do consentimento que outorgues ou denegues nos banners de cookies dos nosos sitios web. Podes actualizar as cookies que consentes en calquera momento.
6. Canto tempo conservamos os teus datos?
Conservamos os teus datos persoais mentres que sexas socio ou socia de IKEA Family. Nalgunhas ocasións, é posible que conservemos algúns datos durante máis ou menos tempo, por razóns comerciais ou operativas, ou a causa de obrigas legais. O tempo que conservemos os teus datos persoais depende do motivo polo que se recompilaron, polo que varía en cada caso. Cando xa non precisemos os teus datos persoais para os obxectivos planeados, os datos eliminaranse ou anonimizaranse para que non se che poida identificar. Pode haber excepcións, como cando temos a obriga de almacenar datos persoais durante máis tempo pola lexislación pertinente. Se precisas máis información, consulta a sección en IKEA.es.
7. Quen ten acceso aos teus datos persoais?
Empresas que nos proporcionan servizos:
Colaboramos con provedores de servizos de terceiros (en diante, "provedores de servizos") para tratar os teus datos persoais, no noso nome, de acordo coas instrucións que achegamos e cumprindo de forma rigorosa a lexislación pertinente, así como esta Política de privacidade.
A continuación, resaltamos algúns destes provedores de servizos:
- Terceiros que nos ofrecen servizos dixitais para asegurar o funcionamento de IKEA Family
- Terceiros que nos axudan a segmentar e coñecer mellor os nosos clientes
- Empresas que nos fornecen de servizos de márketing e publicidade
- Empresas que agregan ou anonimizan os comportamentos derivados das secuencias de clics no noso sitio web, na aplicación e nos Mercados
Os nosos provedores de servizos non comparten os teus datos con outras entidades sen que nós o aprobemos e se non hai un fundamento xurídico relevante que lles permita facelo. Comprometémonos a establecer acordos só con entidades que aseguran como corresponde a implementación de medidas organizativas e técnicas que garantan a protección dos teus dereitos. Por lei, todos os provedores de servizos deben adherirse a un contrato por escrito que regule, entre outros aspectos, o tema, a duración, a natureza e o propósito do tratamento, así como as categorías de titulares de datos e os dereitos e as obrigas de cada parte.
Outros destinatarios:
Ademais, é posible que compartamos os teus datos persoais con terceiros (como autoridades públicas e organismos gobernamentais), ou ben que llelos comuniquemos, cando sexa necesario polos seguintes propósitos: (i) cumprir as nosas obrigas de acordo co estipulado nos Termos e condicións de IKEA Family, e (ii) cumprir as obrigas legais.
Tamén compartiremos os teus datos persoais con outras empresas do Grupo Ingka cando estas compartan diversas operacións e procesos comerciais con nós. Facémolo co fin de cumprir as nosas obrigas contractuais contigo ou porque iso redunda no noso interese lexítimo.
Compartimos datos con compañías do Grupo Inter IKEA (como o franquiciador de IKEA, Inter IKEA Systems B.V.). A maioría dos datos que compartimos non son datos persoais. Se compartimos datos persoais, facémolo só de forma seudonimizada. Isto significa que os datos foron editados e/ou cifrados para que as empresas do Grupo Inter IKEA non poidan identificarte. As empresas do Grupo Inter IKEA utilizan os datos seudonimizados que compartimos con elas para manter e desenvolver o concepto IKEA, os produtos IKEA e os servizos IKEA. Atoparás máis información e datos de contacto de Inter IKEA Systems B.V. en www.about.IKEA.com
8. Transferencias internacionais de datos
É posible que transfiramos datos persoais a empresas estranxeiras do Grupo Ingka (se as devanditas empresas comparten actividades e procesos comerciais connosco) ou aos nosos provedores de servizos. Para facelo, pode que sexa necesario tratar os datos persoais nun país que non forme parte do EEE. Nestes casos, a transferencia dos teus datos persoais realizouse con base nunha decisión de adecuación da Comisión Europea ou porque aseguramos a transferencia ao asinar as cláusulas contractuais estándar (aprobadas pola Comisión Europea) co destinatario. Tomaremos as medidas necesarias para garantir que, ao transferir os teus datos persoais fóra da Unión Europea, estes gocen dun nivel de protección similar ao que teñen na Unión Europea; se fose preciso, empregaremos outras ferramentas válidas de transferencia ou unha derrogación que se axuste á lexislación en materia de protección de datos para salvagardar os teus datos persoais.
Se queres obter máis información sobre as transferencias de datos internacionais e as medidas de seguranza que implementamos para garantir a protección dos teus datos persoais, ponte en contacto connosco de acordo co establecido na sección 9.
9. Os teus dereitos
A lexislación en materia de privacidade, que inclúe o Regulamento Xeral de Protección de Datos (en diante, "RXPD"), outórgache unha serie de dereitos relacionados cos datos persoais que recompilamos sobre ti. Podes exercer estes dereitos en calquera momento se contactas connosco a través dos detalles descritos na sección 2.
Se queres exercer algún dos seguintes dereitos que che corresponden, ponte en contacto con nós a través do seguinte formulario web: portal de privacidade de ISDP en España.
O acceso, os dereitos e os controis poden variar segundo a túa solicitude, pero, en xeral, os seguintes dereitos están á túa disposición, salvo que che comuniquemos ou xustifiquemos o contrario.
Acceso: Tes dereito a que che confirmemos que datos persoais tratamos sobre ti e, se é o caso, a recibir unha copia destes datos persoais.
Rectificación: Tes dereito a pedir que actualicemos ou corrixamos os teus datos persoais se son imprecisos ou están incompletos ou desfasados.
Supresión ("dereito ao esquecemento"): Tes dereito a solicitar que eliminemos os teus datos persoais se non seguen a ser necesarios para o seu fin.
Limitación do tratamento: Tes dereito a pedir que limitemos ou deteñamos algúns dos tratamentos que facemos dos teus datos persoais, de xeito temporal ou permanente.
Oposición: Tes dereito a opoñerte ao tratamento dos teus datos persoais en calquera momento, sempre que a base legal do tratamento destes datos sexa o noso interese lexítimo. Nalgúns casos, se aceptamos a túa solicitude, será imposible que poidas seguir accedendo á túa Conta e aos servizos e as vantaxes de IKEA Family.
Dereito a retirar o teu consentimento: Se o fundamento para tratar os teus datos persoais é o teu consentimento, tes o dereito a retiralo en calquera momento. Podes exercer este dereito se cambias a configuración da túa Conta ou se contactas connosco segundo o indicado na sección 2. Ten en conta que retirar o teu consentimento non afecta á legalidade do tratamento que se efectuou antes da retirada.
Portabilidade: Tes dereito a recibir unha copia lexible dos teus datos persoais e, se o solicitas, a que os devanditos datos persoais se transfiran a outro provedor de servizos.
Non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: Tes dereito a non ser obxecto de decisións que só se sustentan en tratamentos automatizados, como a elaboración de perfís, que produzan efectos xurídicos sobre ti ou que che afecten de xeito considerable dunha forma similar.
Dereito a queixarse: Tes dereito a presentar unha queixa sobre o uso que facemos dos teus datos persoais ante a túa autoridade de protección de datos local. Porén, antes de facelo, apreciaríamos moito que contactases connosco para poder abordar o que che preocupa.
A túa autoridade de protección de datos local é a Agencia Española de Protección de Datos. Para obter máis información ao respecto, bótalle unha ollada ao seu sitio web: Agencia Española de Protección de Datos | AEPD. Tamén tes o dereito de presentar unha queixa perante a nosa autoridade de supervisión principal, a autoridade sueca de protección da privacidade (en sueco, Integritetsskyddsmyndigheten, ou "IMY").
Presentar unha queixa perante a Agencia Española de Protección de Datos ou a autoridade supervisora principal non afectará ao resto dos dereitos nin das solucións legais que poidan estar á túa disposición.
É posible que teñamos que solicitarche información específica para que nos confirmes a túa identidade e garantir o teu dereito a acceder aos teus datos (ou a exercer calquera outro dereito). Deste xeito, asegurámonos de que os datos persoais non se comparten con persoas que non teñan dereito a recibilos. Tamén é posible que contactemos contigo para pedirche máis información sobre a túa solicitude e axilizar a nosa resposta.
Tentamos responder todas as solicitudes lexítimas nun prazo dun mes. En certas ocasións, poderiamos necesitar máis tempo; por exemplo, se a solicitude presenta complexidades particulares ou se realizaches varias solicitudes. Neses casos, comunicarémonos contigo para que esteas sempre ao día.
10. Como saberei se cambia este Aviso de privacidade?
A medida que os regulamentos de privacidade cambian e desenvolvemos os nosos procesos e servizos, é posible que actualicemos esta Política de privacidade. Os futuros cambios que afecten a esta Política de privacidade actualizaranse en liña, e poderase acceder a eles tamén en liña; no documento actualizado aparecerá a data na que se efectuaron os últimos cambios, como se ve abaixo. Se realizamos cambios materiais na Política de privacidade, informarémoste por correo electrónico.
Animámoste a que consultes esta Política de privacidade cada certo tempo para comprobar se cambiou. Se segues a facer un uso continuo da túa Conta e dos servizos unha vez que esta Política de privacidade se revise ou cambie, quererá dicir que se che informou como é debido dos termos revisados no tocante ao tratamento dos teus datos persoais.
Esta Política de privacidade actualizouse por última vez en novembro de 2025.