Saltar

Cales son as condicións de entrega do transporte de paquetaría?

Todos os artigos que poidas meter nunha bolsa azul de IKEA.

Para que se inclúan en transporte por paquetería as medidas dos artigos non poden superar os 78,5 cm x 55 cm x 39 cm. 

O peso máximo por artigo é de 10 kg e o volume do artigo non pode superar os 0,025 m3 (25 l). 

Se o pedido supera na súa totalidade os 25 kg, deixará de considerarse coma entrega por paquetería

No mesmo día da entrega recibirás outra notificación para informarche da franxa horaria na que se atopa prevista. 

Por favor, asegúrate de introducir o número do teu teléfono móbil e enderezo electrónico nos datos do pedido. 

A data de entrega é aproximada, non exacta. Por iso se realizarán dous intentos de entrega e, se finalmente non se produce, o teo pedido pasará a un punto onde poderás recollelo nun máximo de 10 días. Tan pronto se reciba o paquete nun punto de recollida, se che comunicará por sms/email o enderezo onde podes acudir a recollelo. 

En caso de que pasados 15 días dende que o teu pedido se atope dispoñible para a súa entrega, e o pedido non se entregase por causa non imputable a nos, entenderemos que desexas desistir do contrato e considerarémolo resolto. Como consecuencia da resolución do contrato, será reembolsado o importe da compra sen incluir os custos asociados ao transporte. 

Todos os pedidos se atopan suxeitos á dispoñibilidade dos produtos. Se tivesemos dificultades co suministro de produtos ou se non quedan artigos en stock, reembolsaremos calquera cantidade que abonases. Os produtos de alimentación, plantas naturais, electrodomésticos ou artigos sensibles a altas temperaturas quedan excluidos do servizo de paquetería.  

Poderás cancelar o pedido durante a seguinte hora á realización do mesmo e IKEA procederá á devolución do importe íntegro da compra, cos custos de transporte incluidos. Se queres cancelar o pedido despois dunha hora, IKEA non garante que o pedido non saise das nosas intalacións e se atope xa de camiño, polo que no reembolso do importe deduciranse os gastos de envío.  

Atoparás toda a información e tarefas en envío a domicilio

Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?

O texto non se entende ben

O texto non ten que ver coa miña pregunta

O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil

O texto é demasiado longo ou demasiado curto

Grazas pola túa opinión!

Non lle resultou útil o artigo? Proba cun dos artigos relacionados a continuación