Saltar

Que é Segunda vida aos teus mobles ou Mercado Circular?

En IKEA recompramos e revendemos os mobles IKEA que xa non precisas de maneira segura e optimizada durante todo o ano e, a cambio, obtes unha tarxeta de devolución.

O que valen os teus mobles usados varías, pero obterás máis diñeiro por entregar produtos en mellores condicións e que estén coma novos. Non todos os produtos IKEA cumpren cos requisitos de compra, pero podes utilizar a nosa ferramenta de estimación para comprobar o que podes gañar e decidir se queres que merquemos os teus mobles IKEA.  

Atoparás todos os detalles na ferramenta de tasación e, unha vez completado o proceso na web, poderás levar o moble a túa tenda IKEA e recibirás unha tarxeta co importe da tasación. Importante: os compañeiros de tenda comprobarán que todo esté correcto e confirmarán ou modificarán a tasación. 

Despois da venda, outra persona mercará os teus produtos de segunda man e lles dará un novo fogar. Así todos gañamos, sobre todo o planeta.  

Se queres consultar a nosa tenda de segunda man aquí atoparás os produtos que volveron á tenda grazas ao noso servizo de recompra, produtos que xa non se atopan a venda ou artigos con pequenos danos estéticos. Veñan de onde veñan, poderás conseguilos a un prezo inferior ao orixinal.  

Os produtos mercados no Mercado Circular teñen unha garantía legal de 3 anos. Quedan excluidos aqueles con defectos que aparezan na etiqueta de venda, é dicir, que xa se mercasen con eses defectos.

Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?

O texto non se entende ben

O texto non ten que ver coa miña pregunta

O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil

O texto é demasiado longo ou demasiado curto

Grazas pola túa opinión!

Non lle resultou útil o artigo? Proba cun dos artigos relacionados a continuación