Saltar

Ofrecedes opcións de financiamento ou crédito sen xuros?

Poderás desfrutar dun financiamento instantáneo e flexible en todas as túas compras coa nosa tarxeta IKEA Visa.

 Si, podes financiar todas as túas compras superiores a 10€ e ata un máximo de 48 meses. 

Solicita a túa tarxeta IKEA VISA no apartado de financiamento da nosa páxina web ou en calquera das nosas tendas. Esta tarxeta é gratuita e non ten gastos de mantemento nin de emisión. 

Ademais é valida nas nosas tendas IKEA, web, venda telefónica e en calquera outro establecemento que acepte VISA.

Queres coñecer máis vantaxes? Vota unha ollada aquí

Para financiar as túas compras online paga coa IKEA VISA en IKEA.es e despois poderás escoller o plan de cotas que máis se adapte as túas necesidades a través de App IKEA VISA ou no teléfono 900101131 de luns a sábado de 9:00 a 21:00h.  

En caso de perda ou roubo da túa tarxeta, bloqueaa inmediatamente coa App IKEA VISA, ou chama ao 900101131 ou ao teléfono internacional 0034 933 203 324 solicitando a baixa da túa tarxeta. Xestionarán un duplicado que recibirás no teu domicilio.  

O tempo de vixencia da tarxeta aparece impreso xunto aos datos do titular na tarxeta.

 

Tes un negocio? Dalle un aire novo co mellor financiamento!

Podes solicitar o pago aprazado das túas compras a 30 e 60 días ou financiar as túas compras ata en 10 meses.  

Vota unha ollada aquí, para ter toda a información.  

 

Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?

O texto non se entende ben

O texto non ten que ver coa miña pregunta

O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil

O texto é demasiado longo ou demasiado curto

Grazas pola túa opinión!

Non lle resultou útil o artigo? Proba cun dos artigos relacionados a continuación