Formas de comprar en IKEA
Compra en liña agora e recibirás os teus produtos nos próximos días. Queres tocalos, probalos ou saber máis sobre eles? Visita a túa tenda, onde podes sentar nos sofás ou preguntar a un colaborador sobre os distintos tipos de colchóns antes de comprar un.
Experimenta a realidade
Ponte cómodo/a nos distintos ambientes de salas na tenda. Apalpa as tapizarías, sente as alfombras orientais, proba os sofás cama e abre os armarios para ver a calidade. Na etiqueta do prezo encontrarás todo o que necesitas saber sobre un produto, incluído onde podes recollelo na tenda.
Paga todo dunha vez ou pouco a pouco
Aceptamos tarxetas de crédito, débito, IKEA Business e tarxetas regalo de IKEA. Obviamente, cando pagas en liña a transacción é completamente segura. Podes elixir entre unha serie de opcións de financiamento, se prefires os pagamentos aprazados.
Podes cambiar de idea
Podes estar tranquilo/a, se levas algo á casa e cambias de idea, tes 365 días para devolvelo. Simplemente garda o teu tícket de compra para que as devolucións sexan máis doadas. Para obter máis información, consulta a nosa Política de devolucións.
O teu propio asistente de compras
A app IKEA Store é de grande axuda se tes pensado visitarnos. Explora produtos, crea unha lista da compra e recibe ofertas actualizadas da túa tenda local. Podes descargar a app IKEA Store en Google Play (Android) ou na App Store de Apple (iOS).