Preguntas máis frecuentes
Poderás consultar o stock dos artigos no teu carriño.
Se un artigo non está dispoñible, encontrarás unha opción para avisarte vía SMS ou correo electrónico cando haxa stock de novo. A dispoñibilidade de artigos de oportunidades ou da tenda de alimentación non se pode consultar.
É posible que un produto, cuxa dispoñibilidade se confirmara, se esgotara durante o proceso de preparación de pedido. Neste caso, poñerémonos en contacto contigo para ofrecerche unha solución.
Ten en conta que o stock se actualiza cada 60 minutos.
En IKEA podes cambiar de opinión!
Poñémoscho fácil, podes consultar todos os detalles sobre a nosa política de devolucións aquí.
Escolle desde que dispositivo mercar ata como recibir o teu pedido.
Podes realizar a túa compra en liña desde calquera dispositivo e decidir onde e como queres recibir o teu pedido. Tes algunha dúbida de como funciona? Accede á páxina de compra en liña e descubre as posibilidades que ofrecemos. Para empezar un pedido selecciona os produtos que desexas e engádeos ao carriño.
Posteriormente, terás que seleccionar a modalidade de entrega que prefiras:
- Entrega a domicilio: enviámosche o teu pedido ao enderezo que ti escollas. No caso de solicitar a entrega a domicilio, pedirémosche o código postal do lugar de entrega.
- Click & Collect: para recoller o teu pedido en calquera das nosas tendas IKEA, no nosos Punto de Entrega de Pamplona ou en calquera dos Puntos de Recollida de empresas colaboradoras.
Se vives fóra de España e escolles Click & Collect, debes introducir o código postal 99999 nos teus datos persoais para poder continuar coa túa compra.
Antes de efectuar o pagamento visualizarás o pedido completo cos prezos finais dos artigos e do servizo escollido, a data de recollida de Click & Collect ou a franxa de entrega seleccionada para Entrega a domicilio.
Unha vez realizado o pagamento, recibirás de forma instantánea a confirmación do pedido por correo electrónico. Para recoller a túa compra, é necesario presentar o documento de identidade que proporcionaches no momento da compra. Para os pedidos Click & Collect, ademais do documento de identidade, é necesario presentar o correo electrónico de confirmación do pedido.
Os prezos que aparecen na nosa web poden variar, á alza ou á baixa*, segundo a tenda.
*Nas promocións nacionais ou locais que consistan en combinacións e ofertas 3x2, o cliente aboará o prezo sen desconto. Realizarase o pagamento do desconto no prazo de 72 horas e a través do mesmo medio de pagamento utilizado para facer a compra. Todos os nosos prezos inclúen IVE.
Claro! Engade o servizo Click & Collect e escolle onde queres recollelo. Avisarémoste cando o teu pedido estea listo.
Coa opción Click & Collect o teu pedido en liña estará listo a partir de 3 horas para recollelo nunha tenda IKEA e a partir de 3 días nun punto de recollida. Podes atopar toda a información e os puntos dispoñibles na seguinte ligazón: Click & Collect.
Terémolo preparado no mostrador de entrega de pedidos ou, se está dispoñible e o prefires, no punto exterior de recollida Click & Car. Podes consultar o seu funcionamento na ligazón anterior.
Tamén tes a posibilidade de seleccionar como lugar de recollida os Lockers (armarios) que atoparás no exterior das nosas tendas e accesibles para ti as 24 horas do día.
Poñemos á túa disposición 17 tendas, 35 puntos de recollida e 2300 oficinas de Correos.
Claro que si! Na nosa páxina web poderás consultar a información actualizada da túa entrega.
Xestiona e fai o seguimento do teu pedido de xeito rápido e doado. Só tes que introducir o teu número de pedido e o correo electrónico ou teléfono asociado para coñecer en que estado se atopa.
Para entregas de paquetaría, se non podes ver o estado do teu pedido na nosa web, diríxete á ligazón que atoparás no correo electrónico/SMS de confirmación de pedido de SEUR ou a través da súa web.
Consulta toda a información sobre a túa tenda IKEA: enderezo, horario e actividades.
Se queres sabelo todo sobre a túa tenda IKEA favorita, poderás atopalo nesta ligazón.
Contén o horario de apertura, o enderezo, o horario do restaurante, as actividades e os eventos programados de cada unha das nosas tendas.
Ademais, para os máis pequenos, poderás consultar se podes celebrar o seu aniversario connosco, ver o horario de SMÅLAND e os requisitos para acceder á nosa sala de xogos infantís.
É posible a cancelación do pedido, así como os servizos contratados.
É posible a cancelación do pedido, así como os servizos contratados. IKEA proporcionará ao cliente unha ligazón no correo electrónico de confirmación de pedido que permitirá a súa cancelación. O pedido poderá ser cancelado durante 1 hora despois da súa realización e sempre que se cancele con máis de 48 horas de antelación á data de entrega. Neste caso, IKEA procederá á devolución do importe íntegro da compra, incluído o custo do transporte.
Transcorrido este prazo, IKEA non garante que o pedido non saíse das nosas instalacións. Neste caso, no reembolso do importe deduciranse os custos de transporte da mercadoría previamente pagados.
Unha vez creado o pedido non será posible engadir nin quitar artigos.
Merca en liña agora e recibirás os teus produtos nos próximos días. Queres tocalos, probalos ou saber máis sobre eles? Visita a túa tenda, onde podes sentar nos sofás ou preguntar a un/unha colaborador/a sobre os distintos tipos de colchóns antes de mercar un.
A casa perfecta é aquela que é perfecta para ti. Por iso, ofrecemos máis de 10 000 produtos e unha gran cantidade de ideas e servizos para amoblar a túa casa.
Ponte cómodo/a nos distintos ambientes de salas na tenda. Proba as tapizarías, sinte as alfombras orientais, proba os sofás cama e abre os armarios para ver a calidade. Na etiqueta do prezo atoparás todo o que precisas saber sobre un produto, incluído onde podes recollelo na tenda.
Como a maioría dos mobles de IKEA se presentan en paquetes planos, podes levalos facilmente á casa cando os merques na tenda.
Se mercas en liña, levámosche os artigos que desexas á casa ou á túa empresa.
Podemos recollelos, entregalos e montalos por ti se o desexas. Incluso podemos instalar a nova cociña que queres. Obtén máis información sobre todos os nosos servizos adicionais ou fala cun/cunha colaborador/a de IKEA na tenda.
Aceptamos tarxetas de crédito, débito, IKEA para Empresas e tarxetas regalo de IKEA. Obviamente, cando pagas en liña a transacción é completamente segura. Podes escoller entre unha serie de opcións de financiamento se prefires os pagos aprazados.
Podes estar tranquilo/a, se levas algo á casa e cambias de idea, tes 365 días para devolvelo. Simplemente garda o teu tícket de compra para que as devolucións sexan máis doadas. Para obter máis información, consulta a nosa Política de devolucións.
A app IKEA Store é de gran axuda se tes pensado visitarnos. Explora produtos, crea unha lista da compra e recibe ofertas actualizadas da túa tenda local. Podes descargar a app IKEA Store en Google Play (Android) ou na App Store de Apple (iOS).
En todas as compras en IKEA emitimos unha factura simplificada, en formato tícket. E se tes dereito á exención de IVE, indicámosche como solicitala.
Obtén a túa factura IKEA de maneira fácil e rápida na propia caixa ou, despois da compra, no mostrador de Atención ao Cliente ou formulario da nosa web.
En todas as compras en IKEA emitimos unha factura simplificada en formato tícket sen incluír os teus datos fiscais. Se precisas unha factura ordinaria (que inclúa os teus datos fiscais), debes solicitala antes de realizar o pagamento na mesma caixa. Por razóns legais, non existe a posibilidade de ofrecer duplicados de tíckets.
Necesitas unha factura ordinaria?
Tes varias maneiras de facelo:
1. Se non es membro de IKEA Family ou tes un tícket antigo, preme na seguinte ligazón "Solicitude de facturas e duplicados", anexa unha foto do teu tícket de compra e do teu DNI e nun prazo aproximado de dúas semanas recibirás a túa factura ordinaria por correo electrónico (o noso servizo de envío de tíckets por correo postal está temporalmente desactivado por mor das actuais circunstancias).
Solicitude de facturas e duplicados*
* Mercaches en IKEA Baleares ou Canarias? Visita a tenda.
2. Acude á sección de Atención ao Cliente da túa tenda IKEA máis próxima co tícket de compra e os teus datos fiscais para solicitar a túa factura ordinaria.
Perdiches algo nunha das nosas tendas? Queremos axudarte a recuperalo.
Todos os artigos que atopamos rexístranse na páxina web de iLost. Podes buscar un obxecto perdido en IKEA con esta nova ferramenta.
Ao rexistrarte na súa web deberás aceptar a súa Política de Privacidade e iLost será responsable dos teus datos. Tamén podes acudir á túa tenda habitual para localizar un obxecto perdido sen necesidade de rexistrarte, dirixíndote ao mostrador de Atención ao Cliente.