Antes da túa visita
Poderás consultar o stock dos artigos no teu carriño.
Se un artigo non está dispoñible, encontrarás unha opción para avisarte vía SMS ou correo electrónico cando haxa stock de novo. A dispoñibilidade de artigos de oportunidades ou da tenda de alimentación non se pode consultar.
É posible que un produto, cuxa dispoñibilidade se confirmara, se esgotara durante o proceso de preparación de pedido. Neste caso, poñerémonos en contacto contigo para ofrecerche unha solución.
Ten en conta que o stock se actualiza cada 60 minutos.
Merca en liña agora e recibirás os teus produtos nos próximos días. Queres tocalos, probalos ou saber máis sobre eles? Visita a túa tenda, onde podes sentar nos sofás ou preguntar a un/unha colaborador/a sobre os distintos tipos de colchóns antes de mercar un.
A casa perfecta é aquela que é perfecta para ti. Por iso, ofrecemos máis de 10 000 produtos e unha gran cantidade de ideas e servizos para amoblar a túa casa.
Ponte cómodo/a nos distintos ambientes de salas na tenda. Proba as tapizarías, sinte as alfombras orientais, proba os sofás cama e abre os armarios para ver a calidade. Na etiqueta do prezo atoparás todo o que precisas saber sobre un produto, incluído onde podes recollelo na tenda.
Como a maioría dos mobles de IKEA se presentan en paquetes planos, podes levalos facilmente á casa cando os merques na tenda.
Se mercas en liña, levámosche os artigos que desexas á casa ou á túa empresa.
Podemos recollelos, entregalos e montalos por ti se o desexas. Incluso podemos instalar a nova cociña que queres. Obtén máis información sobre todos os nosos servizos adicionais ou fala cun/cunha colaborador/a de IKEA na tenda.
Aceptamos tarxetas de crédito, débito, IKEA para Empresas e tarxetas regalo de IKEA. Obviamente, cando pagas en liña a transacción é completamente segura. Podes escoller entre unha serie de opcións de financiamento se prefires os pagos aprazados.
Podes estar tranquilo/a, se levas algo á casa e cambias de idea, tes 365 días para devolvelo. Simplemente garda o teu tícket de compra para que as devolucións sexan máis doadas. Para obter máis información, consulta a nosa Política de devolucións.
A app IKEA Store é de gran axuda se tes pensado visitarnos. Explora produtos, crea unha lista da compra e recibe ofertas actualizadas da túa tenda local. Podes descargar a app IKEA Store en Google Play (Android) ou na App Store de Apple (iOS).
En todas as compras en IKEA emitimos unha factura simplificada, en formato tícket. E se tes dereito á exención de IVE, indicámosche como solicitala.
Ofrecémosche toda unha gama de servizos para facer que a túa compra sexa moito máis doada.
IKEA prestarache os servizos directamente ou a través de empresas externas, nas condicións que acordarás no momento de contratalos. Consulta as nosas páxinas de transporte e montaxe, onde atoparás toda a información, condicións e datos de contacto para resolver as túas dúbidas.
Se queres contratar o servizo de transporte para a túa compra en liña revisa a túa tarifa.
Sempre que contrataras o servizo de transporte no momento da compra, podes consultar o estado o teu pedido utilizado a nosa ferramenta de seguimento de pedidos.
Estamos a traballar para incorporar novos servizos á compra en liña. De momento, os servizos de instalación, montaxe ou desmontaxe e retirada de mobles e colchóns soamente están dispoñibles para a contratación en tenda.
Axudámoste a planificar os mobles da túa estancia
O noso persoal experto de IKEA brindarache unha atención completa, e asesorarache na planificación do moble da cociña, a sala de estar ou o dormitorio que mellor se axuste ás túas necesidades. Pide a túa cita para recibir atención personalizada na tenda ou, se o prefires, de xeito virtual ou a domicilio, sen necesidade de saír da casa.
Para máis información, preme aquí.
Dálle forma aos teus soños cos planificadores IKEA.
Planifica o teu espazo favorito, garda o código de recuperación para poder modificalo todas as veces que queiras e descarga ou imprime a lista da compra antes de ir á tenda. Se estás conectado/a co teu perfil IKEA, poderás gardar os teus deseños de cociñas creados.
Todos os nosos planificadores contan cunha guía en liña onde se explica en detalle o seu funcionamento. Consúltaa na propia ferramenta.
Para ver os teus deseños de cociñas gardados, accede ao planificador co teu usuario e contrasinal.
Chámanos e axudarémoste coa túa compra.
Se queres realizar unha compra e necesitas axuda ou simplemente tes dúbidas e precisas asesoramento, chámanos e faremos o que poidamos por axudar.
Podes chamarnos ao teléfono gratuíto 900 400 922 (luns a sábados de 8:00 a 22:00 horas, e domingos e festivos de 10:00 a 20:00 horas)
Se o que necesitas é resolver algunha dúbida sobre o estado do teu pedido, os tempos de entrega ou outro tipo de cuestión, contacta connosco a través da nosa páxina de atención ao cliente.
Non os perdas!
Encontrarás toda a información dispoñible sobre as nosas ofertas na páxina local da túa tenda IKEA ou na páxina de ofertas e promocións. Na nosa web de IKEA Family poderás acceder aos calendarios de todas as actividades organizadas e talleres na túa tenda IKEA, ver as prazas dispoñibles e apuntarte.
Atopa as nosas ofertas IKEA Family aquí.
Se o que estás a procurar son as nosas ofertas Family en alimentación este es é o teu sitio.
Máis información: Benvido/a a IKEA Family
Para as persoas visitantes con mobilidade reducida, ofrecemos os seguintes servizos nas tendas IKEA:
Cadeiras de rodas, de uso gratuíto na tenda.
Compra asistida: diríxete ao departamento de Atención ao Cliente da tenda para solicitala.
Instalacións para visitantes con discapacidade auditiva
En IKEA poñémoscho fácil. Por iso, podes facer as túas compras, xa sexa en tenda ou en liña, pudendo escoller comodamente entre as principais modalidades de pagamento habituais dispoñibles.
Nas tendas IKEA podes realizar o pagamento cas tarxetas VISA, Mastercard, 4B, American Express, a nosa tarxeta IKEA VISA, tarxetas regalo IKEA, tarxetas devolución IKEA e/ou diñeiro en efectivo. De acordo coa Lei 11/2021, non se admiten pagamentos en efectivo para operacións iguais ou superiores a 1000€. A partir dos 999€, o pagamento debe facerse necesariamente en tarxeta ou cheque.
Nos puntos IKEA Deseña, o pagamento só se poderá realizar con tarxeta.
O pago por transferencia é válido unicamente para os clientes Business (autónomos ou empresas) que se deron de alta a través da nosa plataforma de IKEA para Empresas.
Podes pagar con tarxeta regalo ou devolución e combinalas co resto de formas de pagamento dispoñibles. O importe máximo das tarxetas regalo ou devolución é de 999€ e só poderás usalas en pedidos que non superen o devandito importe.
Non se permitirá utilizar varios medios de pagamento (sendo algúns deles o efectivo ou os títulos ao portador) nunha mesma factura se o importe total da mesma é igual ou superior a 1000€. Só se permitirá utilizar varios medios de pagamento se todos eles son tarxetas de crédito e/ou débito e/ou cheque bancario nominativo ao nome de IKEA IBÉRICA, SAU.
En IKEA podes cambiar de opinión!
Poñémoscho fácil, podes consultar todos os detalles sobre a nosa política de devolucións >aquí.
As mascotas forman parte da familia IKEA. O acceso das mascotas está permitido en todas as nosas tendas e puntos de contacto IKEA. Podes consultar o regulamento aquí.