Saltar
Ir á lista de produtos

Roupa de cama e almofadas

Deita nun leito de flores

Para a roupa de cama LUNDSKAFTING, os nosos deseñadores inspiráronse na mestura inesperada de flores e plantas dunha pradaría salvaxe, onde medran sen orde ningún. Xogaron con flores de diferentes formas e tamaños, e mesturaron recortes de papel con formas florais. Unha verdadeira obra de arte!

Una cama TONSTAD en blanco hueso en un dormitorio luminoso vestida con ropa de cama LUNDSKAFTING blanca/negra/marrón. También hay una manta de color marrón anaranjado.
Una cama TONSTAD en blanco hueso vestida con ropa de cama LUNDSKAFTING blanca/negra/marrón con cojines en fundas de color verde y marrón.

Ordenar e filtrar

481 elementos
Compare

    Lista de resultados

    O máis vendido

    Conxunto de roupa de cama SORGMANTEL verde/branco con patrón de follas, algodón e poliéster reciclado.Dormitorio minimalista con duvet de follas de sormantel, paredes brancas, mesa de noite, vaso, lámpadas sobre a cama, sensación de natureza tranquila.
    Algodón/Poliéster
    Amosando 12 de 481 resultados
    Mostrar máis

    Non deixes que a calor te afogue

    Conservar o frescor nunha noite calorosa pode semellar imposible, mais estamos no século XXI, non? Podemos viaxar á lúa, e si, tamén podemos gozar do fresquiño pola noite. Os materiais termorreguladores do protector de colchón ROSENVIAL e a almofada KLUBBSPORRE axudarante a non pasar calor. Pousa a man sobre eles e verás como refrescan! 

    Detalle dunha almofada ergonómica KLUBBSPORRE enriba dun protector de colchón ROSENVIAL, ambos os dous con efecto refrescante.

    Soña con comodidade: a arte de elixir a roupa de cama adecuada

    Descubre o equilibrio perfecto entre comodidade e estilo para o teu dormitorio coa nosa guía para elixir o conxunto de roupa de cama axeitado e asegurarte de descansar ben pola noite e acordar con enerxía.

    En que me teño que fixar para escoller un conxunto de roupa de cama?

    Á hora de elixir un conxunto de roupa de cama, o importante é encontrar a combinación axeitada de comodidade, solidez e estilo. O material é moi importante: as opcións como o algodón ofrecen transpiración e facilidade de limpeza, e, pola súa parte, as mesturas poden ofrecer texturas únicas ou resistencia ás engurras. Pensa tamén nos tecidos: o satén, por exemplo, dá un acabado suave e sedoso, mentres que, pola súa parte, o percal transmite unha sensación máis fresca. Pero non só hai que se fixar na sensación que produce a roupa de cama: tamén é importante como queda despois de lavala varias veces. Busca conxuntos que se axusten á perfección e que ofrezan unha facilidade de limpeza ideal para gozares sempre dunha cama cómoda e acolledora. 

    Como podo combinar a roupa de cama co aspecto do meu dormitorio?

    A túa cama é o elemento central do teu dormitorio, e a roupa de cama que elixas xoga un papel fundamental para definir o seu estilo. Tanto se prefires un aire minimalista con tonalidades neutras como se optas por un estilo atrevido con estampados dinámicos, a clave está en elixir roupa de cama que reflicta o teu estilo persoal e complemente o resto da decoración da estancia. Combina texturas e cores para darlle profundidade e interese. Lembra que un xogo de roupa de cama ben elixido pode ser o centro de atención ou tamén pode axudar a integrar distintos elementos dentro do espazo para crear un conxunto coherente e harmonioso. 

    Maximiza a comodidade e o estilo ao elixir a túa roupa de cama

    O obxectivo principal da roupa de cama é ofrecer un oasis de tranquilidade e rexuvenecemento. Para logralo, fíxate tanto na sensación ao tacto como no atractivo visual. Un edredón acolchado, unha almofada cómoda e a roupa de cama suave contribúen a que poidas gozar dunha experiencia de descanso reparadora. No tocante ao estilo, pensa na roupa de cama como un lenzo para expresar a túa personalidade. Ao facer cambios de tempada a través das mantas e os coxíns, conseguirás que o teu dormitorio siga tendo un aspecto fresco e novidoso sen necesidade de meterte nunha renovación profunda. Lembra que para elixir a roupa de cama non só hai que se fixar no aspecto: é un investimento na túa comodidade e benestar.

    Á hora de crear un espazo con estilo e que fomente unha boa noite de descanso, a roupa de cama que elixas é fundamental. Desde a textura e a calidade da roupa de cama ata o seu deseño e cor: cada detalle contribúe a configurar o ambiente xeral e a darlle comodidade ao teu dormitorio. Se tes moi presentes estes aspectos, crearás un paraíso de descanso que reflicta o teu estilo persoal e potencie o relax.