Edredóns de materiais naturais
Acurúxate cos nosos edredóns de materiais naturais. Os nosos edredóns, dispoñibles cunha gran variedade de recheos naturais, como penuxe e plumas, la 100%, algodón ou seda, permítenche durmir con toda a comodidade. Podes lavalos na lavadora e están dispoñibles en diferentes niveis de calidez para adaptarse ás túas necesidades de descanso.
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Categorías relacionadas
Descubre a comodidade dos edredóns de penuxe
Buscas o último en roupa de cama agradable? Se queres gozar dunha calidez e unha comodidade inigualables, os nosos edredóns de penuxe son a solución que precisabas. Prefires plumas ou la? En calquera caso, os edredóns de materiais naturais prometen un sono agradable e reparador.
Edredóns de plumas ou de penuxe?
Á hora de decidir entre edredóns de plumas ou de penuxe, é importante coñecer as principais diferenzas. A penuxe, coñecida pola súa excelente capacidade illante, é incriblemente lixeira e ofrece unha sensación branda sen avultar. Pola outra banda, o recheo de plumas é unha opción máis económica que segue ofrecendo calidade e comodidade. Aínda que non acadan o poder illante da penuxe, os edredóns de plumas proporcionan unha experiencia agradable e cálida. A distribución de penuxe e pluma nun edredón pode dicir moito sobre a súa capacidade para reter a calor e a súa esponxosidade xeral.
Cal é a clasificación TOG ideal para un edredón de penuxe?
O grao térmico xeral (TOG) dun edredón indica a súa calidez, que abarca desde 1 tog (o máis fresco) ata 15 tog (o máis cálido). Nos meses de verán, un edredón cun grao térmico de entre 1 e 7 é perfecto, xa que ofrece frescor e comodidade. En inverno, un edredón de 10,5 tog ou máis é ideal para manter a calor. Se non che resulta práctico mercar varios edredóns para as distintas estacións, un de entre 7 e 10 tog é unha excelente solución para todo o ano, xa que ofrece calidez en inverno e transpirabilidade en verán.
Aproveita as vantaxes dos edredóns de materiais naturais
A penuxe, a pluma e a la fornecen unha excelente transpirabilidade e regulación da temperatura. Isto garánteche calor en inverno e frescor en verán. Ademais, os materiais naturais adoitan ser máis duradeiros e sostibles que as alternativas sintéticas, o que os converte nun investimento intelixente para a túa comodidade.
Mantemento dun edredón de penuxe
Sacude o edredón a diario para que a penuxe estea distribuída de xeito uniforme e para que sexa esponxosa. Airealo cada poucos meses axuda a manter a súa frescura. Á hora de limpalo, sigue sempre as instrucións da etiqueta de coidado. Moitos edredóns de penuxe poden lavarse na lavadora cun programa para pezas delicadas. Garda o edredón nunha bolsa transpirable durante os meses nos que non o uses para protexelo do po e a humidade.