Saltar
Ir á lista de produtos

Mobles de xardín e terraza

E se a túa sala de estar se mudase ao exterior?

Coa serie NÄMMARÖ, converte calquera balcón, terraza ou xardín nun espazo para relaxarte, compartir e gozar ao aire libre. Mobles modulares de acacia sostible, deseñados para resistir o sol, a chuvia e calquera plan estival. Porque o teu espazo exterior tamén merece ser tan acolledor e cómodo como a túa sala de estar.

Explora a serie NÄMMARÖ
Unha mesa NÄMMARÖ en marrón claro, exterior
Un asento NÄMMARÖ marrón claro para sofá modular, exterior
Explora a serie NÄMMARÖ

Ordenar e filtrar

258 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 12 de 258 resultados
    Mostrar máis

    Hoxe ceamos ao aire libre

    Cando fai bo tempo e se respira a calor do verán, non hai mellor lugar para cear có exterior. Atopa aquí os mobles de exterior que mellor se adapten a eses momentos.

    Serie NÄMMARÖ: elegantes artigos con listóns de acacia, doados de combinar e que se adaptan á perfección ao teu espazo exterior
    Serie SEGERÖN: módulos de corda e metal estilizados que che permiten crear conxuntos elegantes para calquera reunión ao aire libre
    Serie GRILLSKÄR: módulos para darlle forma a unha cociña personalizada, dende módulos individuais ata unha cociña ao aire libre a grande escala

    A domicilio a partir de 48 horas

    Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 0€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

    Máis información

    Montaxe de mobles

    Porque hai ocasións nas que vén ben un pouquiño de axuda

    Máis información

    Opcións de financiamento

    Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

    Máis información

    Mercado Circular

    Merca mobles IKEA de segunda man ou véndenos os que xa non utilizas: ti elixes!

    Máis información

    Cos mobles de exterior axeitados, podes levar a singularidade do teu fogar ao exterior, xa sexa un patio ou un pequeno balcón. Cunha hamaca ou un sofá de exterior, sentiraste como na sala da túa casa, pero ao aire libre. Os domingos pola mañá, erguerse da cama é moito máis doado se te plantas directamente nunha hamaca. Que che parece un aperitivo pola tarde mentres contemplas o solpor? Unha mesa de xardín fará que te sintas como no teu propio comedor, pero ao aire libre. 

    Descubre a nosa ampla selección de mobles de exterior e tira o máximo proveito do teu balcón, patio ou xardín.

    Mobles de xardín de diferentes materiais

    Debes ter en conta os diferentes materiais dos mobles segundo o uso que lles queiras dar. Aquí atoparás unha guía rápida dos diferentes materiais dos mobles de exterior.

    Mobiliario de xardín de ratán

    O ratán é un tipo de cana delgada que crece ao redor de árbores meirandes nas selvas de África, Malaisia e Filipinas. Cando se corta en tiras finas, o material pode entrelazarse en moitos patróns diferentes e o núcleo interior pódese elaborar con vimbio para que sexa máis resistente. O material utilizouse con esta técnica para facer mobles de ratán tecido durante séculos.

    O ratán é moi resistente e duradeiro. Tamén se pode vernizar ou pintar, o que significa que está dispoñible nunha ampla gama de cores e estilos. Escolle un estilo que che guste da nosa selección ou escolle unha cor neutra para pintalo, vernizalo ou poñelo ao teu gusto. Deste xeito, aseguraraste de que o moble de xardín de ratán sexa perfecto para o teu xardín, balcón ou terraza.

    Mobiliario de xardín de madeira

    O tipo de madeira utilizada para os mobles de exterior afecta, naturalmente, ás súas características. Por exemplo, o eucalipto e a acacia adoitan empregarse para mobles de exterior, posto que son duradeiros e poden soportar moi ben as inclemencias do tempo. 

    Para que os nosos mobles de madeira sexan máis duradeiros, adoitan tratarse previamente con varias capas de verniz semitransparente. Isto axuda a prolongar a súa vida útil. 

    Asegúrate de coidar ben os teus mobles de exterior de madeira co verniz VÅRDA despois de cada estación (véndese por separado e podes atopalo entre os nosos produtos de mantemento). Ao volver vernizar os mobles, conseguirás que luzan como novos durante moitos anos. 

    Mobiliario de xardín de metal, vidro e plástico

    É posible que os materiais sintéticos como o plástico, o metal e o vidro non acheguen o aspecto natural do ratán ou a madeira. Pero ten outras vantaxes. Podes conseguir estes mobles en case calquera cor que queiras, dende un gris discreto e elegante ata un vermello rechamante. Ademais, a maioría de materiais sintéticos non precisan ningún mantemento: só tes que asegurarte de mantelos o suficientemente limpos como para que non lles saia mofo. 

    Coidado dos mobles de exterior

    Lembra que, aínda que os nosos mobles de exterior están deseñados para estar ao aire libre, non son indestrutibles. 

    O mofo pode aparecer en todos os tipos de mobles se non se limpan con regularidade. Durante os meses de inverno, recoméndase gardar os mobles nun lugar seco e cuberto, como un garaxe ou unha caseta. Se non tes ningún sitio onde gardalos, poñerlles fundas é outra opción. Isto é moi importante se tes mobles de madeira ou ratán. 

    Lembra que as cores e as superficies dos teus mobles poden perder a cor co sol. Por iso, planifica detidamente o teu espazo exterior para tirar o máximo partido do teu mobiliario sen expoñelo innecesariamente.