Saltar
Ir á lista de produtos

Mesas de centro

Temos mesas de centro de diferentes estilos para que poidas combinalas cos teus asentos e mobles, e axudaranche a ter preto todo o que che gusta. É o lugar ideal para o mando a distancia da TV, o teléfono e mesmo os libros que podes almacenar debaixo dun andel ou caixón para que todo estea organizado.

Ordenar e filtrar

52 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 24 de 52 resultados
    Mostrar máis

    Como darlle estilo á túa mesa de centro 

    Unha mesa de centro é moito máis que unha superficie para as cuncas e o mandos a distancia de TV, posto que ofrece un gran potencial para alegrar a sala de estar. Unha mesa de centro de vidro é un complemento elegante e sutil para a sala, mentres que unha mesa de centro con almacenaxe é perfecta para crear un espazo para un impoñente centro de mesa. Necesitas algo de inspiración para o deseño? Velaquí algunhas ideas para facer que a mesa de centro sexa o foco de atención da sala.  

    Confía nos trucos de toda a vida

    Hai tres elementos básicos para complementar a mesa de centro: libros, candeas e flores. Unha morea de libros e revistas coidadosamente seleccionados que poidas follear daralle cor, textura e un toque persoal á sala, mentres que coas candeas podes crear un ambiente acolledor.

    As flores son un centro de mesa impoñente para unha mesa de centro, pero hai que cambialas con frecuencia. Talvez prefiras considerar outras plantas como alternativa. Dan a mesma vitalidade e duran máis se as coidas ben. Se non tes man coas plantas, téntao con suculentas pequenas, que requiren moi pouco mantemento.  

    Deixa solta a túa creatividade

    Queres facer algo diferente? Corre riscos coa túa mesa de centro e utilízaa para expoñer os adornos e recordos menos comúns.

    Así mesmo, a mesa de centro podería ser o lugar perfecto para un adorno ou recordo especial que teñas das túas viaxes ou para calquera antigüidade ou artigo de colección que queiras expoñer.  

    Non te pases

    Aínda que os toques decorativos fan que unha mesa de centro destaque, tampouco queremos que quede abarrotada. Limita os adornos a áreas específicas ou ao centro da mesa, deixando espazo para a comida e bebida. Opta pola sinxeleza para que non resulte sobrecargada, especialmente se tes unha mesa de centro de vidro.

    Se escolles unha mesa de centro con almacenamento, podes gardar libros, revistas e outras cousas esenciais para a sala neste espazo mentres fas que a superficie reflicta o teu propio estilo persoal.

    Agora que viches os nosos consellos para crear unha boa mesa de centro, é hora de poñelos en práctica. Dálle vida á sala de estar cunha mesa de centro da nosa ampla colección.