Saltar
Ir á lista de produtos

HOLMSUND serie

Atopa a máis cómoda das posturas co sofá cama HOLMSUND: regula os coxíns do respaldo segundo as túas necesidades ou transfórmao nunha cama de gran tamaño nun chiscar de ollos. Ten espazo de almacenaxe integrado e fundas extraíbles moi doadas de limpar e cambiar. O teu sofá cama gozará dun aspecto impecable durante moitos anos.

Atopa a posición máis cómoda cun sofá cama HOLMSUND

Podes adaptar os coxíns do respaldo como queiras ou transformalo nunha ampla cama nun tris co seu sistema de apertura de libro. Tamén conta con espazo de almacenaxe integrado e fundas extraíbles que son doadas de limpar e cambiar para manter o sofá como novo durante anos.

Proba como queda o sofá no teu fogar con IKEA Kreativ
Un sofá HOLMSUND gris nunha sala de estar branca.
Vídeo de como abrir o sofá
Un sofá cama HOLMSUND aberto e preparado para durmir.
Un sofá cama de tres prazas HOLMSUND beixe Borgunda
Un sofá HOLMSUND gris coa chaise longue aberta con roupa de cama dentro.
Proba como queda o sofá no teu fogar con IKEA Kreativ

Garantía de 10 anos

Non terás que preocuparte por nada, tan só gozar da túa compra.

Máis información

Funda extraíble

Quita a funda con facilidade para poder lavala ou cámbiaa por outra que che guste.

Velaquí as fundas HOLMSUND

No fogar, decontado

Consulta os nosos sofás con dispoñibilidade inmediata e recíbeos antes do que imaxinas

Velaquí os sofás dispoñibles
Sofá cama de tres prazas HOLMSUND Nordvalla gris medio

Fundas todo terreo

As nosas fundas de sofá HOLMSUND son extraíbles, resistentes e pódense lavar á máquina, así que non terás que preocuparte de nada se se ensucian. Probamos coidadosamente as nosas tapizarías para certificar que resisten o desgaste e o paso do tempo.

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 2,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

Máis información

Montaxe de mobles

Porque hai ocasións nas que vén ben un pouquiño de axuda

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

Desmontaxe e retirada

Non sabes o que facer cos teus mobles antigos? Xa nos encargamos nós

Máis información