Saltar
Ir á lista de produtos
Recibe o teu pedido pequeno por 2,90€* por ser de IKEA Family

Fogar intelixente e tecnoloxía

Os nosos fogares evolucionan á medida que o fan os estilos de vida e a tecnoloxía. Queremos axudarche a que o teu fogar sexa o máis moderno posible e, por iso, contamos cunha ampla variedade de altofalantes, cargadores, accesorios para móbiles e tabletas, electrodomésticos e moitos máis artigos que axudarán a que o teu fogar sexa algo máis intelixente, e a túa vida, máis levadía.

Altofalantes Bluetooth para aledar a escena

Os teus temas favoritos a soar... Iluminación tenue de fondo... Que bo xeito de crear unha escena relaxante! Xa que a música e a iluminación son a chave para crear unha boa escena, que che parece ter unha lámpada con altofalante Bluetooth para gozar de todo en un? Hai moitos estilos entre os que elixir. Ademais, moitas lámpadas con altofalante IKEA dispoñen dun modo multialtofalante que permite vencellalas para amplificar o son. 

O rato musical que anima a escena

Os teus pequechos vanlle tirar moitísimo partido a este altofalante Bluetooth portátil GREJSIMOJS, xa sexa para bailar ao ritmo das súas cancións favoritas ou para escoitar historias fantásticas con total fascinación. Mesmo podes vencellalo a outros altofalantes Bluetooth IKEA con modo multialtofalante, ideal se organizas unha festa. Tamén podes limitar o volume do altofalante para protexer os seus oídos sensibles.

Fai que o teu fogar faga máis por ti con IKEA Home smart

Gaña en comodidade e sinxeleza ao controlar a iluminación e outros dispositivos sen erguerte do sofá. O sistema IKEA Home smart é accesible e permíteche controlalo todo cun mando a distancia ou dende a aplicación do móbil. Ademais, case todos os produtos intelixentes IKEA xa utilizan o estándar aberto Matter. Polo tanto, son compatibles con outros sistemas intelixentes, como os de Amazon, Apple e Homey. Iso significa que, cando teñas a plataforma de produtos conectados DIRIGERA, poderás usar a aplicación IKEA Home smart con produtos intelixentes doutras marcas compatibles con Matter. 

Unha lámpada de mesa DEJSA enriba dunha mesa auxiliar TRANERED negra, xunto a un mando a distancia BILRESA. A lámpada está acesa.

Fai que o teu fogar faga máis por ti con IKEA Home smart

Gaña en comodidade e sinxeleza ao controlar a iluminación e outros dispositivos sen erguerte do sofá. O sistema IKEA Home smart é accesible e permíteche controlalo todo cun mando a distancia ou dende a aplicación do móbil. Ademais, case todos os produtos intelixentes IKEA xa utilizan o estándar aberto Matter. Polo tanto, son compatibles con outros sistemas intelixentes, como os de Amazon, Apple e Homey. Iso significa que, cando teñas a plataforma de produtos conectados DIRIGERA, poderás usar a aplicación IKEA Home smart con produtos intelixentes doutras marcas compatibles con Matter. 

Un cargador que combina coa túa decoración

Aquí tes un cargador sen fíos que tamén che ofrece unha luz ambiental moi agradable. A bandexa cóncava é ideal para deixar obxectos pequenos, como as chaves, sen que se perdan. Por non falar de que aforras a lea de buscar o conector correcto para o teléfono e de ter cables esparexidos por todos os lados! 

Pasa da electrónica para o fogar á electrónica para os mobles do fogar

Ilumina o teu fogar e éncheo das mellores cancións! Coa nosa nova e mellorada serie de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth, elaborados nunha colaboración chea de cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin, non che resultará complicado atopar unha combinación de funcionalidade e estilo que encaixe contigo. Contan coa incrible función Spotify Tap —un botón que, cun simple toque, permite retomar a escoita onde a deixaches por última vez, e se o premes outra vez, ofréceche unha recomendación—, polo que nunca fora tan doado gozar dunha banda sonora á medida no teu santuario.

Un divertido pedestal de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth KULGLASS e SOLSKYDD, xunto cunha lámpada FADO.

Pasa da electrónica para o fogar á electrónica para os mobles do fogar

Ilumina o teu fogar e éncheo das mellores cancións! Coa nosa nova e mellorada serie de lámpadas intelixentes e altofalantes bluetooth, elaborados nunha colaboración chea de cor coa deseñadora Tekla Evelina Severin, non che resultará complicado atopar unha combinación de funcionalidade e estilo que encaixe contigo. Contan coa incrible función Spotify Tap —un botón que, cun simple toque, permite retomar a escoita onde a deixaches por última vez, e se o premes outra vez, ofréceche unha recomendación—, polo que nunca fora tan doado gozar dunha banda sonora á medida no teu santuario.

Electrónica para o fogar

Anova o teu espazo vital con artigos da nosa gama de electrónica para o fogar. Temos produtos que poden mellorar o teu fogar, como iluminación intelixente ou altofalantes. Mergúllate nun futuro de comodidade, practicidade e estilo coa nosa gama de produtos intelixentes.

En que consisten os dispositivos intelixentes para o fogar?

Tes curiosidade polo universo dos fogares intelixentes? Non só che pasa a ti! Son moitas as persoas que se preguntan que fan eses dispositivos para facilitar e mellorar as súas vidas. Os dispositivos intelixentes para o fogar conectan facilmente o teu día a día. Axusta a iluminación, carga o teu smartphone, elixe unha lista de reprodución ou baixa os estores facilmente. Goza da maxia de ter un fogar que responde ás túas necesidades.

Integra a iluminación intelixente na túa rutina diaria

Ilumina a túa vida coas marabillas da iluminación intelixente. Como poden mellorar a túa rutina diaria? A nosa colección de electrónica para o fogar inclúe unha ampla variedade de opcións de iluminación para transformar o teu espazo nun intre. Crea ambiente, controla o brillo e aforra enerxía, todo isto con só premer un botón.

Unha sinfonía de estilo e son

Realza o teu fogar coa fusión perfecta de estilo e son. Os nosos altofalantes Wi-Fi SYMFONISK, unha colaboración con Sonos, intégranse facilmente no teu espazo vital en forma de opcións versátiles como lámpadas con altofalante e altofalantes de estante. Goza da marabillosa sinfonía do deseño excelente e a impecable calidade do son. Converte o teu espazo nun paraíso de harmonía con altofalantes que se integran sen esforzo no teu estilo de vida. A música nunca fora tan fermosa!

Como manter e aproveitar a electrónica para o fogar

Unha vantaxe de crear un espazo vital intelixente é que os cables enleados se reducen significativamente. Porén, os cables non desaparecen de todo. Pero non te preocupes: temos produtos para poñer fin aos barullos de cables no teu fogar. Empeza por agrupalos segundo o tipo de dispositivo: cargadores, auriculares ou cables USB. Utiliza bridas de cables con códigos de cores ou etiquetas para os distinguir. Emprega clips ou organizadores de cables para telos ben ordenados e evitar que enleen. Proba a incorporar manguitos de cable para conseguir un acabado máis limpo e agochar varios cables nunha única funda. Con estas solucións intelixentes, esquecerás as leas de cables e gozarás dun sistema de electrónica para o fogar perfectamente organizado.

Lembra que o teu fogar non é só un espazo: é un reflexo do teu estilo e un lenzo para innovar. Mergúllate no universo da electrónica do fogar, onde a comodidade e a tecnoloxía de vangarda van da man.