A serie FINSMAKARE leva un estilo coordinado á túa cociña grazas ao seu deseño moderno e ás súas funcións enxeñosas. Ademais, gañou o premio de deseño Red Dot.
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Menos enerxía, máis cociñar
No forno de aire forzado con autolimpeza e aforro de enerxía pódense preparar varios pratos á vez. O aire forzado cun ventilador distribúe a calor con rapidez combinando o vapor e o aire quente para acadar uns niveis óptimos de humidade e calor. A comida queda branda e tenra por dentro e crocante e torrada por fóra.
Páxina de información do produto
Campá extractora de parede
Cun deseño moderno, o ángulo da campá extractora permite acceder á placa facilmente, e as tiras de luces LED regulables fornecen unha luz uniforme.
Páxina de información do produto
Unha cociña coordinada, garantímoscho
Esta serie axústase a todas as cociñas IKEA, fornece estilo e fantásticas funcións para preparar deliciosos pratos e ten cinco anos de garantía.