Estantes flotantes
Proba a almacenaxe intelixente e elegante con estantes flotantes. Cun aspecto minimalista e discreto e unha montaxe practicamente invisible, as guías de suspensión ocultas fan que mesmo parezan parte da parede. Utilízaos para mostrar os teus obxectos máis prezados dun xeito moderno.
Ordenar e filtrar
Vistos recentemente
Categorías relacionadas
Se queres engadir solucións de almacenaxe e exposición ó teu fogar, os estantes flotantes poden ser unha opción versátil e moderna. Estes estantes parecen "flotar" na parede, sen soportes visibles, polo que teñen un estilo elegante e minimalista. Ademais de darlle un toque moderno e decorativo ó fogar, permítenche liberar espazo e gozar dun fogar un pouco máis ordenado.
Como instalar estantes flotantes
Instalar estantes flotantes é un proceso relativamente sinxelo que se pode completar cunhas poucas ferramentas e materiais. Se che gusta a bricolaxe, pode ser un proxecto moi divertido.
Para instalar estantes flotantes, empeza medindo e marcando a parte da parede onde queiras poñelos con cinta métrica, un lapis e un nivel para asegurarte de que as marcas estean rectas. Deseguido, sigue as instrucións do fabricante para instalar os soportes na parede, aparafúsaos en tacos para ter a máxima suxeición posible e utiliza un nivel para asegurarte de que estean rectos. Após montar os soportes, desliza os estantes con coidado sobre eles, asegúrate de que estean ó mesmo nivel e que haxa un espazo uniforme entre eles. Por último, fixa os estantes ós soportes con parafusos e asegúrate de que sexan o suficientemente longos para atravesar o estante e chegar ó soporte.
Estantes flotantes de esquina
Este tipo de estantes de parede son un engadido elegante e funcional para calquera estancia do fogar, ofrecen espazo de almacenaxe e contribúen a mellorar o interese visual a esas esquinas nas que non adoitamos reparar. Os estantes de esquina están dispoñibles en diversas formas: triangulares, hexagonais e curvas, entre outras.
Ó elixir a forma do propio estante, pensa no estilo da estancia e as cousas que queiras exhibir. Os estantes de esquina pódense instalar con soportes flotantes, soportes de esquina ou soportes ocultos. Elixe un método que soporte o peso dos estantes e dos artigos que quixeres almacenar.
Elixir os materiais adecuados
Á hora de elixir os materiais para os estantes flotantes, podes elixir entre diversas opcións. O mellor material para os teus estantes flotantes de parede dependerá do teu estilo persoal, a decoración da estancia e as túas necesidades e preferencias específicas.
A madeira é unha opción popular para os estantes flotantes, porque é forte e duradeira, e está dispoñible en distintos acabados e texturas. Ademais, os estantes flotantes de madeira pódense tinguir ou pintar para que vaian a xogo coa decoración da estancia. Para os estantes flotantes adóitase utilizar madeira dura, como o carballo, o pradairo e a nogueira, mais tamén madeira branda, como a do piñeiro. Os estantes flotantes de carballo son unha opción común debido á súa resistencia e estabilidade.
O vidro, o metal e o acrílico tamén son materiais populares para os estantes flotantes. Cada un ten vantaxes e inconvenientes. O vidro ofrece un aspecto elegante e moderno, mais é fráxil e non é recomendable para as zonas de paso. Os estantes de metal son resistentes e duradeiros, mais poden ser pesados e requirir unha montaxe máis segura. O material acrílico é lixeiro e pódese personalizar, mais tamén se pode raiar facilmente e non é a mellor opción para as zonas de paso.





