Escorredoiros
Seca máis rápido e pon orde na túa cociña cos nosos escorredoiros. Están deseñados para aproveitar ao máximo a drenaxe e o fluxo de aire, e poden encargarse de todo, desde pequenos utensilios até olas grandes. Dispoñibles nunha ampla variedade de materiais, estilos e características prácticas, para que fregar sexa unha actividade mellor de levar.
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Categorías relacionadas
Escorredoiros para a túa cociña poder con todo
Unha morea de pratos limpos sen destino aparente? Se tes o escorredoiro adecuado, ese problema desaparece. Se vas lavar á man un cazo ou se lle vas dar unha tregua ás túas cuncas de café, co escorredoiro indicado todo secará antes e poderás reducir a sensación de caos. Coa nosa gama de solucións para secar ―escorredoiros, tapetes, portapratos e moito máis― lavar os pratos será moito máis sinxelo, por mollados que estean.
Que solución para secar se adapta mellor á miña cociña?
Cada fogar require unha solución diferente: desde mesados compactos até vertedoiros de gran tamaño. Na seguinte guía verás como atopar a mellor solución para ti:
- Os escorredoiros son ideais para un uso frecuente. Podes optar por versións sinxelas e pregables, ou por estilos de dous niveis se precisas máis espazo.
- Os tapetes escorredoiro son a mellor opción se o que buscas é unha solución suave e flexible que se poida recoller despois de usar. Ademais, encaixan moi ben con artigos delicados, como cristalaría, ou se tes pouco espazo.
- Cos portapratos, os pratos fican en posición vertical, o que facilita a circulación do aire e evita que caian como se fosen fichas de dominó de porcelana.
Pouco espazo? Aposta por solucións de parede e sobre o vertedoiro para o mesado estar o máis despexado posible e siga cumprindo a súa función.
Que materiais debería ficar de ollo?
Os materiais poden marcar unha diferenza importante con respecto á funcionalidade e ao aspecto do produto. Na gama, hai plásticos coloridos, acabados en metal resistente e moito máis:
- As opcións en aceiro galvanizado, de aspecto atemporal e industrial, foron deseñadas para resistir a oxidación, polo que resultan unha opción práctica cando se van utilizar durante moito tempo.
- As solucións de plástico para secar son lixeiras e adoitan incluír detalles moi útiles, como portacubertos ou bandexas para as pingas.
- Os toques de bambú e madeira transmiten unha sensación cálida a carón do vertedoiro e son ideais se o que buscas é un ambiente máis relaxado e natural.
Escollas o que escolleres, os nosos escorredoiros foron deseñados para atallar a humidade sen complicacións e conseguir que todo acabe seco e en orde.
Hai características que marcan unha gran diferenza?
Si! Son os pequenos detalles os que fan que un escorredoiro sexa marabilloso.
Pensa nas seguintes solucións:
- Deseños pregables, fáciles de retirar cando non se están a utilizar
- Bandexas extraíbles, fáciles de baleirar, que facilitan a limpeza
- Brazos extensibles para as ocasións nas que hai moito que lavar
- Ganchos integrados ou organizadores para tapas, panos ou utensilios que non encaixan noutro lugar
Secar non ten por que ser unha tarefa enfastiada. Coa solución adecuada, pode converterse no satisfactorio derradeiro paso na cociña. Limpa, seca e pronto.















































