Camas e colchóns
Tras décadas de soños
Levamos máis de 50 anos estudando o sono, polo que sabemos o que fai que un colchón sexa bo. Os nosos enxeñeiros do laboratorio de confort garanten que cada capa estea deseñada para ofrecer comodidade e suxeición, para que poidas espertar con enerxía. Ademais, grazas á ciencia, ás probas no mundo real e a unha garantía de 10 anos, podes relaxarte e centrarte en perseguir os teus soños.
Agora é máis fácil que a cama dos teus soños chegue ao teu fogar!
Melloramos a maioría dos nosos novos colchóns de resortes con base de madeira para aforrar espazo durante o transporte. Agora, introducimos a base do colchón nun paquete plano e levamos enrolados o colchón e o colchonciño; así, é máis sinxelo transportar todo ao teu fogar.
Recomendado para ti
Embárcate nunha viaxe de comodidade coa nosa excepcional gama de colchóns. Cada colchón foi creado pensando no descanso e garánteche unha combinación de comodidade e luxo que transformará as túas noites. Descubre a nosa selección, onde encontrarás desde colchóns firmes ata opcións suaves como unha nube: seguro que atoparás a solución perfecta para o teu santuario do descanso.
Que coidados necesita o meu colchón novo?
Para empezar, proba con estes consellos sinxelos. Dálle a volta ao colchón con frecuencia para asegurarte de que o desgaste sexa uniforme e que o colchón dure máis tempo. Merca roupa de cama de calidade para durmir mellor e protexer o colchón. E non esquezas ventilalo con frecuencia para así conservar o seu frescor e gozar dunha sensación agradable pola noite.
Como podo elixir o colchón perfecto para as miñas necesidades de descanso?
Elixir o colchón perfecto é algo moi persoal. Aí entran en xogo a postura á hora de durmir, o nivel de firmeza que prefires e calquera aspecto relacionado coa saúde. A nosa gama ofrece opcións de descanso para todo o mundo, tanto para aquelas persoas que optan por un soporte de colchón firme como para aqueloutras que prefiren un máis suave.


