Saltar
Ir á lista de produtos

Camas de sofá con salóns de chaise

Ordenar e filtrar

8 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 8 de 8 resultados

    Sofás cama con chaise longue para tirarlle o máximo partido ao espazo

    Os sofás cama con chaise longue son mobles intelixentes que combinan comodidade, estilo e utilidade. De día, tes un amplo sofá con espazo de sobra para estirarte. De noite, transfórmase nunha cómoda cama para as visitas. Algúns deseños inclúen almacenaxe integrada para que poidas gardar a roupa de cama ou esas cousas que non teñen sitio. A nosa variedade inclúe tanto sofás cama con chaise longues clásicas como chaise longues cama, así que temos opcións que se adaptan a diferentes cuartos e rutinas.

    Cal é a diferenza entre un sofá cama con chaise longue e unha chaise longue cama?

    Ambos os mobles permítenche gozar da comodidade de estirar as pernas e de botar unha soneca, pero de distintos xeitos:

    • Sofás cama con chaise longue: Son sofás completos amplos e versátiles. A parte de chaise longue engade espazo para estirar as pernas e a cama extraíble fainos perfectos para un uso habitual.
    • Chaise longue cama: Son máis estreitas, polo que encaixan mellor en estancias máis pequenas, aínda que tamén podes colocalas como peza principal dun cuarto. Son estupendas se precisas un lugar flexible no que botar unha sesta, relaxarte ou facerlles un oco aos teus convidados sen ocupar demasiado espazo.

    Como elixo o estilo e o tamaño axeitados?

    Empeza polo cuarto. Se recibes convidados con frecuencia, un sofá cama con chaise longue é máis cómodo para todos. Se o teu piso é pequeno ou o cuarto ten varias funcións, unha chaise longue cama resultará máis lixeira sen sacrificar a funcionalidade. Considera o seguinte:

    • Orientación: O sofá encaixará de xeito máis ou menos natural segundo a orientación (cara á dereita ou a esquerda).
    • Material: Os tecidos resistentes son prácticos para a vida en familia, mentres que os acabados suaves achegan un toque acolledor e elegante.
    • Almacenaxe: Algúns modelos agochan amplos compartimentos baixo o asento, o que resulta práctico para gardar edredóns, almofadas ou coxíns.

    Onde encaixa mellor unha chaise longue cama?

    Son ideais para salas de estar nas que adoitan durmir as visitas, dormitorios para convidados ou mesmo despachos que ás veces teñen que acoller amizades ou familiares. A chaise longue é perfecta para relaxarse no día a día, mentres que a cama garante que as túas amizades ou familiares sempre teñan un sitio cómodo onde pasar a noite. É o moble que fai que o teu fogar sexa máis acolledor sen esixir moito espazo.