Organizadores, recipientes e zapateiros
Controla a desorde (e, agora, con ventilación integrada)
A almacenaxe non ten por que saturar un cuarto. As solucións de almacenaxe GREJIG deseñáronse para espazos pequenos e utilizan un deseño de reixa aberta que propicia unha sensación de espazo, por moi cheo que estea cada andel.
Son prácticas e accesibles, e axudan a facerlle fronte ao caos diario ao mesmo tempo que evitan que a desorde se descontrole. Combina o zapateiro coa bandexa BAGGMUCK para atrapar a sucidade e a humidade nada máis entrar pola porta, e para que recoller sexa algo máis doado.
Un recibidor en miniatura que causa unha grande impresión
Se ao entrar pola porta xa estás na sala de estar, o colgadoiro e banco con zapateiro NIPÅSEN crea a atmosfera perfecta para o fogar. Cos seus múltiples ganchos, un andel e o práctico banco no que sentar, encárgase de organizar a roupa de exterior para que as idas e vidas discorran sen complicacións. Por pequeno que poida parecer, este recibidor sempre che dará a benvida do mellor xeito posible.
Sinxeleza + calidade = TJUSIG
Os produtos TJUSIG son clásicos modernos, heroes do día a día e xenios versátiles. O andel zapateiro pode amontoarse sobre outro para duplicar o espazo de almacenaxe sen ocupar nin un centímetro do chan. O banco zapateiro ten a vantaxe adicional do banco. E o colgadoiro ten tanto ganchos como barras para as perchas, e as barras forman un andel para sombreiros, gorras e accesorios. Sinxelo? Si. Intelixente? A verdade é que si. A única cuestión é como o queres: en branco ou en negro?
Un sopro de aire fresco para a túa froita
Dálle un pouco de enerxía á túa cociña coas novas cestas para alimentos IKEA 365+ en verde e amarelo. O deseño de malla favorece a circulación do aire para que as froitas, verduras e outros alimentos estean frescos e saborosos. Ademais, como poderás ver facilmente o que hai dentro, desperdiciarás menos comida.

Un sopro de aire fresco para a túa froita
Dálle un pouco de enerxía á túa cociña coas novas cestas para alimentos IKEA 365+ en verde e amarelo. O deseño de malla favorece a circulación do aire para que as froitas, verduras e outros alimentos estean frescos e saborosos. Ademais, como poderás ver facilmente o que hai dentro, desperdiciarás menos comida.
O ingrediente secreto é unha boa almacenaxe
Todo pasatempo necesita unha boa solución de almacenaxe. A caixa KNAGGLIG de madeira maciza ten un deseño clásico e é perfecta para gardar os utensilios de cociña e forno máis voluminosos, así como os ingredientes que ocupan máis espazo. É resistente e duradeira, e ofrece un estilo natural e orgánico. Ademais, é doada de amorear e combinar de xeitos diferentes e creativos.
Non deixes a última fila atrás
Cucú! Só tes que rotar o prato xiratorio SNURRAD para ver a comida que está agochada no fondo do frigorífico (e comela antes de que sexa tarde). Unha forma divertida de organizar o frigorífico, reducir o desperdicio de alimentos e asegurarte de comer todas as delicias que hai no seu interior.
Recomendado para ti
Recipientes de almacenaxe: os heroes invisibles do teu fogar
Ninguén goza xogando aos acochos coas súas cousas, sobre todo se ten présa. Xa sexan as chaves, un par de calcetíns ou mesmo o móbil, que semella fuxir en canto te despistas, os recipientes de almacenaxe axeitados poden ser a solución definitiva para poñer orde. Os artigos pequenos conseguen chegar a calquera recuncho do teu fogar, pero, cunha colección tan diversa como a nosa, as túas necesidades de almacenaxe están cubertas. Dende organizadores de roupa e almacenaxe baixo a cama ata cestas e caldeiros do lixo: atoparás xusto o que precisas para volver poñer en orde o teu espazo vital.
Atopa os organizadores perfectos para ti
Os nosos organizadores de almacenaxe están dispoñibles en tantos estilos como as diferentes estancias do teu fogar, polo que se integrarán discretamente co resto do teu mobiliario. Transforma a sala de estar nun paraíso despexado con caixas e cestas. Son perfectas para dispositivos multimedia, mantas e obxectos de todo tipo. Coa nosa variedade de opcións de almacenaxe baixo a cama, gañarás moito espazo para gardar máis roupa de cama, zapatos ou pezas doutras tempadas. Xa sexan xoias, recordos ou materiais de arte, os nosos organizadores de caixóns e as nosas caixas con compartimentos encherán de harmonía os teus obxectos máis prezados. Os divisores extraíbles permítenche personalizalos, de xeito que poderás adaptar o espazo aos teus requirimentos únicos.
Comeza o día de xeito produtivo cun espazo de traballo organizado
Se o papelame pode contigo, os nosos organizadores para documentos e equipos electrónicos cambiaranche a vida. Grazas aos arquivadores e revisteiros, poderás deixar de perder o tempo rebuscando entre as túas cousas e esquecer os documentos esparexidos. E se adoitas ter o escritorio cheo de material de oficina, un organizador de escritorio axudarache a mantelo impecable nun abrir e pechar de ollos.
Potencia a eficiencia na túa cociña
A nosa selección de organizadores de cociña poñerá en orde as túas especias, os teus cubertos e os utensilios de todo tipo, ao tempo que te aseguras de telos á man. Imaxina os teus estantes cheos de tarros de especias perfectamente etiquetados ou recipientes amontoables cos accesorios básicos para enfornar. Estas solucións de almacenaxe de cociña están deseñadas coidadosamente para ofrecer funcionalidade e estética, de xeito que poidas gozar dun espazo despexado no que a túa cociña brille. Máis alá da almacenaxe de alimentos, temos recipientes especializados para utensilios de cociña, cubertos e material de limpeza. Esquécete de rebuscar en caixóns e armarios para atopar esas espátulas e eses batedores tan escorregadizos. Cos nosos recipientes de almacenaxe, atopar os teus utensilios de cociña e acceder a eles non podería ser máis doado para que goces ao máximo da túa experiencia na cociña.











