Saltar

Xoguetes inspirados no método educativo Montessori

Coñeces o método Montessori? É un xeito de educar o teu pequerrecho xogando ao tempo que aprende. Os xoguetes Montessori están creados para que os nenos e as nenas poidan entreterse e divertirse, pero tamén teñen o toque engadido de potenciar a súa aprendizaxe mediante a súa experiencia.

Os xoguetes poden ocupar e divertir os nenos durante horas! En IKEA, podes ver unha selección de xoguetes estilo Montessori perfectos para cada idade. A xogar!

Xoguetes Montessori de madeira

Como son os xoguetes tipo Montessori?

O máis imporante é que son xoguetes inspirados na realidade, de modo que non se centran na fantasía e potencian o xogo libre. Deste xeito, son os pequerrechos os que teñen que activar a imaxinación a través do mundo ao seu redor, o cal estimula a súa creatividade, concentración e psicomotricidade. 

Un aspecto importante é o seu material, xa que poden ser xoguetes respectuosos co medio ambiente se están feitos con materiais naturais, sostibles ou reciclados. Non obstante, a característica máis importante dos xoguetes tipo Montessori non é o material do que están elaborados, senón a filosofía: axudar os pequerrechos no progreso da súa creatividade e autonomía.

Pero nais e pais! O voso papel nesta fase é moi valioso: debedes acompañalos e axudalos a descubrir, así como observar con atención para atopar o xoguete axeitado para cada momento, de modo que poidan aproveitalo e gozalo máis. 

Aquí vas poder ver unha selección de xoguetes tipo Montessori por idades, educativos e duradeiros, pero recorda: a elección dos xoguetes dependerá da etapa de maduración na que se atope. Cada bebé ten o seu propio ritmo!

Xoguetes Montessori de 0-6 meses inspirados neste enfoque educativo 

Sen dúbida, esta non é a etapa na que máis xogan, pero si na que se descobren a si mesmos e o que hai ao seu redor. Notarás unha aprendizaxe constante e o desenvolvemento dos seus sentidos. Os bebés son esponxas que absorben todo na súa cabeciña. É un bo momento para empezar a estimular a súa imaxinación!

Alfombra de actividades como xoguete Montessori
Ximnasio para bebé como xoguete Montessori nunha sala de estar

Xoguetes Montessori a partir de 6 meses inspirados nesta metodoloxía

Nesta etapa, os bebés empezan a ter curiosidade polo mundo que os rodea: non paran de explorar e de rir! Desenvolven unha maior habilidade nas mans, xa que empezan a usar os dedos e a palma para agarrar. E sobre todo é unha etapa de movemento ininterrompido, xa que empezarán a sentar e a desprazarse á súa maneira, sempre en continua evolución.

Xoguetes Montessori de lectura nun cuarto infantil
Xoguetes Montessori sensoriais

Xoguetes Montessori a partir de 12 meses inspirados nesta filosofía

O teu pequerrecho empezará pronto a camiñar. Seguro que xa lle apetece dar os seus primeiros pasos. Cada vez fala mellor, e xa sabe dicir máis palabras, pero, sobre todo, esta é unha etapa na que comeza a explorar e entreterse só.

Xoguetes Montessori nun cuarto infantil
Xoguetes Montessori para encaixar

Xoguetes Montessori a partir de 18 meses inspirados nesta metodoloxía

Medraches moito! Cada vez progresan máis e senten máis curiosidade polo que hai ao seu redor. Por iso, os xoguetes tipo Montessori teñen que permitirlles experimentar, aprender e pasalo ben. Ademais, quererán participar nas tarefas domésticas, xa sexa varrendo ou quitando o po. Encántalles imitarnos! É importante seguir estimulando a súa psicomotricidade fina, con texturas, formas, xogos de encaixar obxectos e construír, etc.

Xoguetes Montessori de construción nun cuarto
Xoguetes Montessori dun alce balancín

Xoguetes Montessori para máis de 3 anos inspirados neste método educativo

Chegou o momento de utilizar xoguetes que satisfagan as súas necesidades e os seus intereses, que respondan a súa curiosidade polas cousas e os momentos, e que sempre se enfoquen en estimular a súa creatividade, concentración e imaxinación.

Xoguetes Montessori dunha casiña de bonecas
Xoguetes Montessori artísticos
Seguridade infantil

A seguridade sempre vén ben

No momento de exploración que experimenta o bebé en cada etapa, tamén hai que protexer os seus posibles movementos e prestar atención ás súas fazañas porque nun intre pode pasar de todo.

En IKEA, atoparás unha selección de protectores, pasadores... Temos todos os que poidas necesitar.

Seguridade infantil

Xoguetes Montessori ordenados

Organiza os teus xoguetes estilo Montessori

A orde tamén é importante para que o pequerrecho teña esa autonomía que precisa. Por iso, dámosche unha serie de ideas para ter ordenados os xoguetes tipo Montessori.

  • Ten os xoguetes estilo Montessori accesibles á súa altura e visibles; deste xeito, todo estará ao seu alcance, e poderán ser independentes á hora de escoller o xoguete.
  • Antes de amorear, rota os xoguetes. Deste xeito, evitarás amorear os xoguetes e renovarás a organización, o cal xerará interese no teu pequerrecho.
  • Un recuncho de lectura á súa altura, coas portadas visibles: así, os nenos e as nenas poderán escoller os libros infantís que prefiran nese momento.

Sabemos que o día a día pode facer que o teu fogar, ás veces, non estea como che gustaría. Non te preocupes! Algo que si que axuda é que os pequerrechos teñan máis coidado coas cousas e recollan antes de sacar outro xoguete.

Familia pasando un bo rato con xoguetes estilo Montessori

Actividades en familia

Os momentos en familia tamén son moi importantes para o seu crecemento e a súa aprendizaxe. Por iso, tes que prestar atención aos intereses e as necesidades do teu pequerrecho.

Podedes crear unha morea de experiencias coas que o pequerrecho aprenda e sexa consciente das rutinas, e converter as tarefas diarias en algo divertido, como ler un conto e ver imaxes ou cantar cancións, e mesmo as rutinas, como lavar os dentes coa vosa axuda, facer a comida ou pasear en familia para recoller follas secas. Por que non?

Hai unha chea de actividades que o teu pequerrecho pode facer segundo a súa idade e as súas necesidades!

Xoguetes Montessori para cada pequerrecho seguindo esta metodoloxía

A principal vantaxe dos xoguetes tipo Montessori é que as nenas e os nenos aprenden xogando, explorando e coñecendo o mundo que os rodea.

Por iso, en IKEA temos unha gran variedade de xoguetes tipo Montessori, pensados para cada etapa evolutiva dos pequerrechos, que aprenden coa imaxinación e a creatividade que xeran as súas propias experiencias. Ademais, cos xoguetes tipo Montessori poden entreterse durante horas; os pequerrechos van pasalo xenial mentres descobren o mundo que os rodea mediante os sentidos. É unha evolución continua! As alfombras infantís e alfombras de bebé son perfectas para xogar comodamente no cuarto.

Recorda: hai que escoller o xoguete que mellor se adapte á súa idade e as súas necesidades para que o aproveite máis e o pase mellor con el. Bótalle unha ollada a esta selección de xoguetes baratos e peluches.

Aprendendo cos xoguetes estilo Montessori

Cos xoguetes tipo Montessori, as nenas e os nenos van aprender dun xeito educativo ao tempo que xogan e o pasan ben. Unha característica importante destes xoguetes para saber distinguilos é que están inspirados na realidade, deixando de lado o mundo da fantasía, e potencian a imaxinación e a creatividade a través da exploración, a práctica e o descubrimento, pero sobre todo, da aprendizaxe.

Prepárate para a volta ao cole con esta recompilación de material escolar.

Se estás a procurar máis ideas por un prezo accesible, bótalle unha ollada a esta selección de mobles baratos e recomendacións!