Todo o que necesitas para organizar a túa casa
En IKEA temos todos os produtos que precisas para por a túa casa en orde.
Un caixón ben ordenado
Un caixón revolto pode provocar estrés. Mais se está ben organizado, pódeche axudar a empezar o día dun xeito máis tranquilo, atopando facilmente o que buscas. Emprega as caixas de almacenaxe SKUBB para aproveitar ao máximo o espazo dos teus caixóns.
Estantes en orde
Opta por unha solución sinxela para por a túa casa en orde: Organiza o teu estante gardándoo todo en cestas e caixas, como a cesta de vimbio BRANÄS. Distribúe as cousas por categorías para que che resulte máis doado atopalas despois: libros, revistas, fotos, recordos...
Orde no baño
Mantén o moble de baño en orde cos nosos organizadores de interior, como a caixa con compartimentos GODMORGON, perfecta para organizar a maquillaxe e os produtos de beleza. Ademais, como é transparente, atoparás todo facilmente.
Detrás da porta
O colgadoiro ENUDDEN é unha gran solución para aproveitar o espazo detrás das portas. Podes empregalo no baño para colgar as toallas ou no cuarto para as chaquetas e os bolsos. Ademais, ten un prezo fantástico.
Xoga e ordena
Os teus fillos precisan espazo para xogar e é importante que teñan un lugar para os seus xoguetes. A serie de almacenaxe TROFAST adáptase ás súas necesidades. Por iso, as caixas teñen diferentes cores e tamaños. Deste xeito, recoller tamén será moito máis sinxelo.
Frigorífico ordenado
Non esquezas organizar o teu frigorífico. Podes cociñar máis cantidade e conxelar ou gardar a comida en friameiras para outro día. As de cristal son perfectas para a almacenaxe de carnes e peixes, dado que non transfiren o cheiro, pódelas meter directamente no forno ou o microondas e tamén transportalas a calquera parte.
Escritorio en orde
Faite cun organizador de escritorio e ten a man todos os teus accesorios: clips, lapiseiros, cadernos... E cando remates, deixa o escritorio recolleito. O organizador TJENA non só é práctico, senón tamén sostible, posto que está fabricado cun 80 % de papel reciclado.
Armarios ordenados
A nova serie STUK axúdache a almacenar e organizar o teu armario. Podes ter unha caixa para os calcetíns, outra para a roupa deportiva e unha terceira para colocar os xerseis pregados. Estas caixas son ideais para facer un bo uso do espazo e ter todo en orde.
A reciclar!
Ás veces non reciclamos por falta de espazo nas nosas cociñas, pero isto non ten que ser así. Podes colocar un caldeiro para o papel ao pé do escritorio ou crear un espazo para a reciclaxe no lavadoiro, por exemplo. Os caldeiros SORTERA son modulares e poden ser encastelados.
Conserva os teus alimentos
Deixa de ter tantos paquetes abertos de pasta, legumes, arroz, fariñas, etc. Organiza os teus alimentos cos botes KORKEN que, grazas ao seu peche hermético, permiten unha mellor conservación dos alimentos e fan que os teus armarios luzan máis ordenados.
Debaixo da cama
Saca partido ao oco embaixo da cama cos nosos caixóns de cama. Garda edredóns, almofadas e a roupa que uses con menos frecuencia. A caixa VARDÖ é ideal: a súa tapa de tecido impide a entrada de po e as súas rodas permítenche sacala con facilidade.
Un taboleiro moi útil
O taboleiro perforado da serie SKÅDIS é a solución perfecta para ter a man as cousas pequenas. Podes colocar un no recibidor para deixar as chaves e o correo, ou quizais no escritorio para ter todo a man. Complétao cos seus accesorios: pinzas, ganchos, caixas...
A despensa en orde
Organiza a túa despensa coas caixas VARIERA para atopar as cousas máis facilmente. Agrupa os alimentos por tipos, por exemplo, pastas e arroces, fariñas ou legumes. Deste xeito, resultarache máis sinxelo saber que tes e que non cando vaias facer a compra e evitarás que che caduquen os alimentos.
Para as cousas pequenas
Ás veces organizar non é unha tarefa fácil porque temos moitas cousas pequenas na casa que non sabemos onde por: cargadores, complementos, pilas, cadernos, candeas... Decide que vas gardar na minicómoda de madeira MOPPE. Resulta moi práctica; ademais, podes pintala e decorala ao teu gusto.