Saltar

Mesa doce: Ideas para abraiar en calquera celebración

Queres engadir un recanto doce para abraiar os teus convidados e convidadas? A mesa doce, tamén coñecida como candy bar, é perfecta para calquera evento que teñas en mente. Dende un aniversario, unha voda, un bautizo, unha comuñón... O que se che ocorra! Descubre estas ideas e consellos para crear unha mesa doce que será o centro de atención.

Mesa doce para unha festa no exterior
Mesa doce cun soporte para amosar unha torta dun xeito orixinal

Como montar unha mesa doce sinxela e bonita?

Imaxina unha mesa chea de lambetadas, sobremesas deliciosas e unha decoración rechamante. Así é unha mesa doce, un recanto de doces que aledan calquera celebración.Se estás a pensar en crear unha e non sabes por onde comezar, sigue a ler:

  • En primeiro lugar, elixe unha temática para a túa mesa doce e unha serie de cores acordes. Podes optar por unha decoración con tons pastel, con cores rechamantes ou cunha combinación de ambas as opcións. Adáptaa aos teus gustos!
  • Decide os doces que queres engadir: chocolates, galletas, madalenas, lambetadas... A variedade sempre triunfa! Unha vez que o teñas claro, pensa en como o vas presentar. Podes utilizar pratos, bandexas, táboas de cortar ou botes con tampa para darlle un toque especial. Xoga con alturas e materiais para crear algo especial e rechamante.
  • Pensa no número de persoas que estarán no evento. Canto se debe colocar? Podes poñer o dobre de doces con respecto á listaxe de convidados.
  • Non esquezas os elementos decorativos! Utiliza flores, grilandas, candelabros... E pode quedar moi divertido engadir mensaxes personalizadas. 
  • E un toque de iluminación?Podes engadir luces decorativas, como grilandas con luces LED, e crear unha atmosfera máxica.

 

E listo! Xa só che queda poñerte mans á obra para abraiar cunha mesa doce irresistible.

Mesa doce: Como decorar o espazo

Se queres que a mesa che quede especial, tes que considerar a súa distribución e onde colocar cada produto para conseguir que sexa rechamangueira.

  • Para comezar coa túa mesa doce, elixe o elemento central que vai ser o foco de atención, como unha torta impresionante ou un detalle decorativo único. Ese será o punto focal e axudarache a organizar o resto dos elementos arredor del.
  • Xoga coas alturas mediante pedestais, bandexas empilladas ou caixas decorativas; así, conseguirás que cada doce destaque dun xeito diferente.
  • Agrupa os doces por tipo ou cor. Podes diferenciar, por exemplo, as galletas das lambetadas. Deste xeito, terás bloques visuais con coherencia, e será máis doado para os convidados e as convidadas elixir o doce que máis lles apeteza comer.
  • Evita que a mesa se vexa ateigada, deixa espazos para que cada elemento poida destacar e respirar, e tenta manter un equilibrio visual e mais unha simetría.
  • Engade detalles decorativos que poidan acompañar a temática elixida, como flores, fitas decorativas, globos e tecidos, para conseguir marcar a diferenza.

 

Deste xeito, conseguirás unha mesa doce deliciosa e atractiva.

Mesa doce para un evento decorada con plantas e flores

Dámosche algunhas ideas para decorar a túa mesa doce

Crea as sobremesas para a túa mesa doce

Queres animarte tamén a cociñar os doces? En IKEA, tes unha gran variedade de produtos para facer calquera sobremesa que te propoñas. Tortas, galletas, madalenas... Atopa todo o que precisas e síntete un gran chef!

Descubre os nosos moldes para tortas, dispoñibles en distintos tamaños e formas para adaptarse á perfección ás túas receitas favoritas. Utiliza o tamaño e a forma que mellor encaixen coa túa receita, e grazas aos nosos instrumentos de medición, terás todas as medidas exactas.

Tamén é importante un bo cunco para mesturar, así como accesorios que poidan ser de moita utilidade, como espátulas, pinceis, rodetes, mangas... Mans á obra!

Cortapastas LÄTTBAKAD prateado para crear sobremesas para mesa doce

Crea as sobremesas para a túa mesa doce

Queres animarte tamén a cociñar os doces? En IKEA, tes unha gran variedade de produtos para facer calquera sobremesa que te propoñas. Tortas, galletas, madalenas... Atopa todo o que precisas e síntete un gran chef!

Descubre os nosos moldes para tortas, dispoñibles en distintos tamaños e formas para adaptarse á perfección ás túas receitas favoritas. Utiliza o tamaño e a forma que mellor encaixen coa túa receita, e grazas aos nosos instrumentos de medición, terás todas as medidas exactas.

Tamén é importante un bo cunco para mesturar, así como accesorios que poidan ser de moita utilidade, como espátulas, pinceis, rodetes, mangas... Mans á obra!

Doces suecos para a túa mesa doce

Non tes tempo para preparar os doces? Na nosa Tenda de Alimentación Sueca, atoparás unha gran variedade de deliciosos doces listos para servir. Dende tortas para todos os gustos ata galletas e lambetadas. Seguro que a túa mesa doce será un éxito e deixará todas as persoas con ganas de máis. 

Mesa doce para todos os gustos

Se queres que as túas celebracións teñan un toque doce, o que necesitas é unha mesa doce. É a maneira perfecta de impresionar en calquera evento, xa sexa unha comuñón, unha voda ou un aniversario. Só precisas pensar nun tema e crear unha mesa espectacular. É máis fácil do que pensas!

Planifica como queres que sexa: elixe os doces que máis che gusten, o tipo de enxoval que vas necesitar e a decoración que vas utilizar. Pensa tamén no número de convidados e convidadas. Será o recanto favorito dos pequechos e os non tan pequechos.

Como decorar unha mesa doce con tecidos?

Ao preparar a mesa doce, os tecidos son a chave para resaltar a presentación. Podes elixir un mantel que se axuste ao estilo do teu evento e ás cores que estás a empregar. Tamén é xenial usar un camiño de mesa para conseguir un toque especial e xogar con diferentes texturas.

Os manteis brancos son versátiles para calquera ocasión, pero se queres arriscar un pouco e que a túa mesa sexa máis divertida, atrévete con estampados e cores vibrantes. E non esquezas incluír os panos de mesa para completar a presentación. A túa mesa doce lucirá incrible!

Estás a planificar unha voda ou unha comuñón? Descubre estes detalles de voda e detalles de comuñón para abraiar cada convidado e convidada. 

No caso dos máis pequechos, podes agasallarlles xoguetes Montessori ou xoguetes baratos para que, mentres se divirten, aprendan.

Como calcular as cantidades para unha mesa doce?

Xa tes pensado como colocar os teus doces na mesa doce, a variedade que vas poñer e o estilo que vas utilizar, pero que pasa coas cantidades? A chave é atopar o equilibrio perfecto para que as persoas convidadas gocen deste recanto, pero sen estragar alimentos.

Ao calcular a cantidade de doces para a túa mesa doce, debes pensar no número de convidados, a variedade que vas elixir, a duración do evento, as idades das persoas convidadas e o tipo de evento.

O ideal é poñer o dobre de doces con respecto ás persoas que van asistir ao evento e engadir algún toque máis para cubrir os imprevistos. Así, conseguirás que os convidados e as convidadas teñan variedade para elixir.

Seguro que o resultado da túa mesa doce é espectacular!

Que accesorios IKEA son ideais para unha mesa doce?

En IKEA, atoparás unha gran variedade de produtos ideais para completar a túa mesa doce: soportes para tortas, bandexas de distintos tamaños, botes de cristal, manteis, luces LED decorativas e moito máis!

Se buscas máis ideas e consellos, consulta esta recompilación de mobles baratos e recomendacións, e atopa o que necesitas.