Saltar

Os venres, superplan!

En IKEA, pensamos que comer ben é sinónimo de felicidade. Por iso, podes gozar dos nosos pratos principais con 50% de desconto todos os venres por ser IKEA Family. Iso si que é un plan dos bos!

Consulta os horarios da túa tenda
An ALLEMANSRÄTTEN mashed potatoes, frozen
A DRYCK LINGON lingonberry syrup
Rapaza comendo un prato de albóndegas suecas cun garfo mentres sorrí á cámara.
Varias persoas comendo e gozando de diferentes pratos principais do restaurante IKEA
Consulta os horarios da túa tenda

Un restaurante IKEA preto de ti, sempre!

En IKEA, sabemos que unha boa comida fai que calquera plan sexa aínda mellor. Por iso, nos nosos restaurantes, ofrecémosche pratos emblemáticos como as nosas albóndegas suecas, opcións vexetarianas e sobremesas irresistibles, a un prezo incrible.

E os venres, sé un pouco máis sueco e paga a metade nos nosos pratos principais. Goza dunha pausa deliciosa nun ambiente acolledor.

Atopa o teu restaurante IKEA máis próximo

Condicións legais

 

50% DE DESCONTO NOS PRATOS PRINCIPAIS * RESTAURANTE IKEA

Promoción ofrecida por IKEA IBÉRICA, S. A. U., con CIF A28812618 e domicilio na Avenida Matapiñonera, n.º 9, 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, no tomo 1251, sección 8.ª, folio 102, folla 23 549.

Os días 1, 8, 22 e 29 de agosto de 2025, os socios e as socias de IKEA Family poderán gozar dun desconto directo do cincuenta por cento (50%), que se aplicará sobre o PVP exclusivamente nos pratos principais do Restaurante IKEA* das nosas tendas IKEA en España que dispoñan do servizo de Restaurante (excluídas as Illas Baleares e Canarias, e as tendas IKEA Glòries, IKEA Santander e IKEA Diagonal).

A promoción só se pode aplicar a unha compra física durante o horario de comida, merenda e cea. Consulta os horarios e a dispoñibilidade de pratos principais do teu restaurante IKEA máis próximo na seguinte ligazón: https://www.ikea.com/es/gl/campaigns/horario-de-platos-principales-en-tu-tienda-favorita-pub2a737de0

Pratos incluídos na promoción: lasaña vexetal, prato de pasta, albóndegas de proteína vexetal, albóndegas suecas, filete de salmón, lomedro de porco, milanesa de polo e "fish & chips"

Para gozar do desconto, deberás presentar a túa tarxeta ou identificarte co teu número de socio ou socia de IKEA Family no momento de efectuar o pagamento. O desconto non se pode reembolsar nin trocar por efectivo. Non se pode acumular a outras ofertas e promocións. Promoción suxeita a dispoñibilidade.