Saltar

Estantes metálicos

Os estantes metálicos son a solución de almacenaxe perfecta pola súa versatilidade e pola robustez dos seus materiais. Temos unha morea de modelos para que o teu estante se adapte perfectamente ás túas necesidades e ao estilo do teu fogar.

Elixe o estilo do teu estante

Axudámoste a elixir o teu estante? Deseguido tes os detalles de cada unha das nosas familias de estantes metálicos, coas súas principais características e a opinión dos nosos clientes.

HYLLIS: estantes metálicos para exterior e para interior

Os estantes HYLLIS son de aceiro galvanizado, polo que podes empregalos perfectamente na túa terraza. Viches o noso xogo de estante HYLLIS con funda impermeable?


★★★★★ Práctico e funcional, materiais resistentes

«Cumpre perfectamente co obxectivo de almacenar, cun deseño discreto e sofisticado, mesmo para decorar con algunhas plantas», Jess2


OMAR: estantes modulares que se montan nun chiscar de ollos

Os estantes metálicos modulares OMAR son moi sinxelos de montar...tanto, que para montalos non fan falta parafusos nin ferramentas.

  • Aptos para o baño
  • Altura dos andeis regulable
  • Patas regulables para maior estabilidade


★★★★★ O mellor estante metálico modular que coñezo

«Desde hai polo menos dous anos vou mercando módulos do estante OMAR e estou moi contento con el. É doado de montar, esteticamente bonito e ten un prezo axeitado», CLV


BROR: o estante todoterreno

Os estantes BROR son moi robustos e soportan moita carga, polo que son ideais para obxectos grandes e pesados.

Estes estantes metálicos son modulares, polo que podes ir engadindo módulos ao teu xogo segundo os precises. Ademais, se o prefires, podes combinar a estrutura metálica con andeis de madeira para darlle un aspecto menos industrial.

Co noso planificador, podes crear a túa propia combinación de módulos e ver como quedaría na túa casa.


★★★★★ Sinxelo, funcional e resistente

«Malia a súa lixeireza, é unha peza moi sinxela de montar e instalar. O seu aspecto pode encaixar nunha zona de almacenaxe, nunha sala desenfadada ou tamén no despacho da casa. Soporta moito peso, o que fai que sexa moi útil no rocho, no garaxe...», gbsGlòria


JONAXEL: aptos para toda a casa, mesmo para o baño

Os estantes do sistema JONAXEL son aptos para calquera cuarto do teu fogar, incluído o baño.

Estes estantes están fabricados en aceiro, un material moi resistente para que poidas gozar de estante durante moito tempo.


★★★★★ É un accesorio multifuncional excelente

«Encantoume cando o vin no catálogo. Sinxelo e pódeche solucionar múltiples situacións. Resistente», Jodger


FJÄLLBO: un estante metálico de estilo rústico e industrial

Se hai algo que define os estantes FJÄLLBO é que o seu deseño e o seu estilo industrial non deixa indiferente a ninguén. Están deseñados en aceiro e madeira maciza, polo que a súa robustez está garantida.


★★★★☆ Práctico, resistente, elegante e económico

«A modularidade, o seu excelente prezo e o aspecto refinado xa abondan para destacar este produto», Antonio1111


VITTSJÖ: o estante metálico que combina con calquera estilo

O deseño dos estantes da serie VITTSJÖ baséase nas liñas rectas e na sinxeleza. Por iso son tan versátiles que encaixan perfectamente con calquera estilo.

Estes estantes metálicos están fabricados nunha combinación de metal e vidro temperado, dous materiais moi resistentes, para que o teu estante dure anos e anos.


★★★★☆ VITTSJÖ é o máximo

«Merquei este artigo hai uns meses. Encántame a serie VITTSJÖ, e pouco e pouco estou conseguindo toda a colección. Parécenme mobles de deseño minimalista a bo prezo, de boa calidade e sinxelos de montar. Combinan cunha decoración modernista», SaraVLC 


FJÄLKINGE: o estante metálico «todo nun»

Un estante con caixóns integrados é a solución perfecta para ter á man as cousas que máis empregas ou os accesorios decorativos e ben gardadas as cousas que non adoitas empregar.

  • Altura dos andeis regulable
  • Altura dos caixóns regulable
  • Caixóns con amortecedores: peche suave e silencioso


★★★★★ Deseño a bo prezo e funcional

«Todo o mundo que vén á casa fíxase nel e pregúntame onde o merquei», MariaP40


BEKANT: estantes metálicos para uso profesional

Os estantes BEKANT están aprobados para o seu uso en oficinas, porque cumpren cos altos estándares de calidade e durabilidade. Son ideais para a carga do teu material de traballo.

Os estantes BEKANT teñen 10 anos de garantía. Consulta os detalles da cobertura da garantía.


KOLBJÖRN: estilo retro, para interior ou para exterior

Os estantes metálicos e armarios KOLBJÖRN teñen unha combinación de estilos industrial e retro que quedará perfectamente, tanto dentro da casa como na terraza ou o balcón.

Estes estantes están fabricados en aceiro galvanizado, un material moi resistente e duradeiro.


★★★★☆ Sinxelo de montar e resistente

«Merquei este estante para a terraza e estou contento. Sinxelo de montar e resistente», 39Selu


Como decorar un estante

Os estantes non só son unha excelente solución de almacenaxe, senón que tamén os podes empregar como un elemento decorativo máis e integralo en calquera cuarto do teu fogar. Neste vídeo ensinámosche algúns trucos para decorar os teus estantes.


Estantes metálicos robustos e prácticos

Despídete das moreas de caixas e as ferramentas dispersas. Organízao todo con BROR, o estante metálico industrial máis forte e robusto que fabricamos ata o momento. Pode aguantar calquera cousa, mesmo sacos de cemento (si, é o que usamos para comprobar a súa resistencia). É un estante de uso industrial cun prezo moi accesible.

Estantes metálicos de alta calidade

Os nosos estantes metálicos son versátiles e de alta calidade, para que lles poidas dar todo tipo de usos: no rocho, na oficina, na terraza, para o teu negocio... Ademais, en IKEA podes mercalos en liña e levámoschos á casa por un prezo ao alcance de todos.

Mais se o prefires, podes vir á tenda para que te asesoremos sobre que estante encaixa mellor coas túas necesidades. Cos nosos estantes metálicos poderás clasificar, arquivar, expor, gardar... todo o que se che ocorra. Elixe IKEA. Elixe calidade.