Saltar

Axuda sobre a base DIRIGERA e IKEA Home smart

A vida é algo máis doada se equipas o teu fogar con solucións intelixentes. Obtén máis información sobre as funcións e características dos nosos produtos intelixentes e como un fogar intelixente co hub DIRIGERA e a aplicación IKEA Home smart pode mellorar a túa vida diaria no fogar.

Un home sentado nunha cadeira, cun dispositivo móbil, ollando a aplicación IKEA Home smart habilitada polo hub DIRIGERA.

Fogares intelixentes para todas as persoas

Un fogar intelixente pode espertarte suavemente pola mañá, prepararvos a ti e ao teu fogar para as tarefas cotiás, e axudarte a relaxarte pola noite para que durmas o mellor posible. Todo grazas á base DIRIGERA e a aplicación IKEA Home smart. Contámoste como conseguilo!

En IKEA, temos produtos intelixentes que non sabías que existían, como altofalantes, purificadores de aire, lámpadas LED, enchufes controlados, sensores de movemento, estores e mandos a distancia.

E estarás a preguntarte: como podo controlar todos estes dispositivos? Moi sinxelo. Podes facelo ao engadir a base para produtos intelixentes DIRIGERA e utilizar a aplicación IKEA Home smart.Con esta aplicación, podes cambiar a iluminación da sala de estar, verificar o estado do purificador de aire, apagar a cafeteira, acender a lámpada de noite dos pequechos... Verás que cambio!

Como empezar

Un fogar que se volve máis intelixente co tempo

O hub DIRIGERA e a aplicación IKEA Home smart ofrecen moitas máis vantaxes para facer que a vida diaria no fogar sexa máis eficiente, máis práctica e simplemente máis adaptada a ti. Terás máis formas de controlar os teus produtos intelixentes e máis funcións dixitais que se usas os produtos intelixentes de IKEA sen o hub.

Tamén é fácil ampliar a configuración do teu fogar intelixente co tempo e facer que sexa aínda máis intelixente. Comeza coas habitacións que máis se utilizan, como a sala de estar ou o dormitorio, para atopar as solucións intelixentes que se adaptan a ti e ao teu fogar. A próxima vez que chegues a casa cun novo produto intelixente de IKEA, a aplicación guiarate paso a paso para que poidas engadilo ao teu fogar intelixente.

O teu fogar intelixente só seguirá sendo máis intelixente, pero nunca máis ca ti. A medida que desenvolvamos prestacións dixitais e produtos intelixentes con novas funcións, ti seguirás personalizando a túa propia experiencia. Tes o control.

Xestiona o teu fogar dende o sofá

Coa base DIRIGERA no teu fogar, obterás novas formas de administrar os teus produtos intelixentes de IKEA (individualmente, por cuarto ou simultaneamente), en especial porque permite o uso da aplicación IKEA Home smart. Calquera persoa do fogar cun dispositivo móbil ou unha tableta pode descargar e utilizar a aplicación para controlar o fogar, e os mandos a distancia son a ferramenta perfecta para os convidados ou para cando queiras acender, apagar ou atenuar as luces rapidamente.

Utiliza a aplicación para atenuar as luces e cambiar a tons máis cálidos por enriba da mesa de centro para calmar os ollos cansados pola noite. Máis tarde, utiliza o mando a distancia para apagar as mesmas luces. Pide ao teu asistente de voz que suba a música cando tes as mans ocupadas cortando tomates. Programa o purificador de aire do dormitorio para preparalo para durmir. E preme un botón rápido á beira da porta cando marches para activar a escena coa que todo se apaga de forma segura (incluído o vaporizador de camisas).

Aplicación IKEA Home smart

A aplicación IKEA Home smart será o acceso principal ao teu fogar intelixente cando a empregues co hub DIRIGERA. A aplicación guíate por todo o proceso de configuración e xestión dos teus produtos intelixentes, colócaos nas habitacións do fogar e programa o que desexas que se execute mediante temporizadores. Ti e todas as persoas do fogar podedes escoller tarefas rápidas, como comprobar que as luces están acendidas e apagadas, en que nivel funciona o purificador de aire e o nome desa canción que non deixa de soar na planta de arriba.

Na aplicación IKEA Home smart, tes a opción de conectarte a un asistente de voz e controlar o teu fogar intelixente co son da túa voz. IKEA Home smart funciona con Google Home, Apple Home e Alexa.

A aplicación IKEA Home smart está dispoñible en App Store para iPhone ou Google Play para Android.

Explorar todos os produtos intelixentes

Xa atopaches o teu próximo produto favorito?

É unha mesa auxiliar ou un purificador de aire? Pois as dúas cousas. Este é só un exemplo de como integramos funcións intelixentes nun práctico moble. E todos eles ofrecen aínda máis prestacións e funcións dixitais cando están conectados ao hub DIRIGERA para produtos intelixentes.

Explorar todos os produtos intelixentes

Estamos aquí para axudarte.

Estamos aquí para axudarte coa túa vida no fogar máis intelixente. Se non atopaches o que buscabas, contacta connosco e axudarémoste con moito gusto.

Tes algunha pregunta?

Insire unha ou varias palabras na barra de busca para consultar as nosas preguntas frecuentes.

  • Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador da parte superior da web.
  • Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí

Tamén che podería interesar