Pensa en IKEA, un lugar desde onde chegar tan lonxe como queiras
Axudar as persoas a mellorar a súa vida diaria no fogar é un grande traballo que require un grande equipo de colaboradores/as. Por iso, sabemos que aquí atoparás o traballo que mellor se adapte a ti.
Se xa liches ata aquí, sigue porque estás a piques de escoller a área na que queres traballar.

Escolle a área de traballo que máis se adapte a ti
Tes experiencia nun campo en particular ou buscas desafíos laborais completamente novos?
Consulta as nosas categorías de traballo e bota unha ollada aos postos dispoñibles.
Alimentación
Sabías que somos a sexta cadea de alimentación máis grande do mundo? Aos nosos colaboradores/as de IKEA Food encántalles levar os sabores suecos a moitos recantos do planeta. Os ingredientes da nosa receita son paixón pola gastronomía, traballo en equipo e moitas ganas de aprender. Apetéceche?
Vendas
Desde ese detalle decorativo que marca a diferencia e transforma por completo un recuncho, ata un gran proxecto creado desde cero. Se tes vocación por axudar, es sociable e tes interese por aprender de decoración, como colaborador/a de vendas gozarás vendo como os nosos clientes/as veñen cunha casa e vanse cun fogar.
Atención ao cliente
Sempre hai solucións para todo. O departamento de atención ao cliente está especializado en atopar a mellor maneira de axudar os clientes/as, xa sexa cambiando produtos, organizando entregas, proporcionando pezas de reposto ou simplemente orientando. Aquí converteraste nunha persoa experta nos nosos produtos, servizos e clientes. Un/unha especialista en IKEA.
Decoración
Benvidos/as imaxinadores e imaxinadoras de solucións para calquera espazo. Este departamento está formado por deseñadores de interiores, visual merchandisers e especialistas gráficos. Somos inspiración para os nosos clientes e clientas, facemos que cada detalle destaque. Veste aquí? Invitámoste a consultar as nosas vacantes.
TI
Con miles de millóns de visitas únicas cada ano, o sitio web de IKEA precisa do mellor equipo de TI, con experiencia en diversas disciplinas técnicas, expertos e expertas en desenvolvemento, deseño… somos moi dixitais. Axudar as persoas pasa tamén por crear un ambiente dixital onde se sintan tan cómodas como na tenda.
Loxística
Os nosos clientes/as esperan atopar os produtos dispoñibles alá onde estean, é unha parte importante para facerlles a vida máis fácil. Por iso, hai un equipo que leva os artigos, repón os produtos, completa os pedidos e fai posibles os nosos servizos. Sen este departamento, non sería posible a promesa de IKEA.
Servizos de administración
Unha tenda IKEA é moito máis do que ves. Por iso, necesitamos colaboradores/as que se encarguen de que os sistemas e procesos funcionen para que cada persoa teña exactamente o que precisa. Poderías encaixar aquí?
Tempo parcial
IKEA é un lugar perfecto porque combina á perfección coa túa vida, por iso dicimos que traballar en IKEA é moito máis. Aquí entendemos a túa vida e axudámoste a compaxinar o teu traballo coas outras facetas da túa vida, para que avances cos teus proxectos. E sempre poderás optar por traballar a tempo parcial.