Saltar

Só temos un Planeta, só unha vida

O Planeta é o fogar de todos, por iso en IKEA, que somos especialistas en crear fogares perfectos, sentimos unha profunda necesidade de coidalo e xerar iniciativas e proxectos sostibles.

Crecer si, pero de forma sostible

A sostibilidade empúrranos a innovar e medrar. Porque somos moito máis que decoración, somos impacto positivo no mundo. Desde as nosas materias primas a como os nosos produtos fan un fogar sostible.

Démoslle unha volta circular á nosa economía

Crecer é tamén reducir residuos e lograr unha economía circular. Reciclamos os residuos que producimos, eliminamos o desperdicio alimenticio, axustamos a produción ao consumo… somos planeta.

Producimos co máximo respecto

Conseguimos as nosas materias primas das fontes máis sostibles coa natureza e as persoas. Propomos boas opcións alimenticias aos 8 millóns de consumidores da nosa oferta culinaria. Axudamos os produtores a implementar mellores prácticas agrícolas.

Únete a IKEA e axúdanos a coidar o fogar de todos, o Planeta