Sempre somos un cambio a mellor
Queremos que entendas por que traballar en IKEA é moito máis. Empezando pola nosa gran misión (e a túa tamén se te unes ao equipo): colaborar con clientes/as para crear un espazo persoal ao que chamarán fogar. Isto significa ter un impacto positivo alá onde esteamos, somos axentes do cambio na vida das persoas. E ese cambio sempre é a mellor para as persoas, para a sociedade e para o planeta.
Somos parte da sociedade
Pensa por un momento no que é IKEA: produtos pensados para a vida de millóns de persoas, que faciliten a súa vida e o fagan a un prezo accesible. Somos conscientes e somos responsables do que supón desenvolver, producir e vender produtos que respondan a este desafío.
Coidamos o fogar de todos e todas: o Planeta
Igual que as nosas pezas encaixan perfectamente entre si, nós queremos encaixar perfectamente co planeta. Sabemos o impacto que temos e o legado que queremos deixar. Por iso tomamos decisións sostibles que buscan coidar o ambiente que habitamos. Empezamos coidando as casas das persoas e continuamos co fogar de todos e todas: o planeta.
Mellorar, sempre mellorar
Retámonos acotío. Cada deseño que poñemos no mercado, cada proceso ou tecnoloxía busca obter o resultado único: mellorar a vida da xente. E sempre pensamos que o desafío é facelo mellor. É ser mellores.
Estamos deseñando o noso futuro
Nacemos hai máis de 75 anos e desde esa experiencia sentímonos igual de novos e coa mesma paixón que o primeiro día, e todo é grazas a cada persoa do noso equipo. Este ADN levounos aos 6 continentes onde estamos. E este autorreto levaranos máis lonxe.