Pensamos no futuro facendo futuro
Desde o primeiro día, en IKEA tomamos unha dirección: avanzar. Avanzar en todas as direccións. Coa nosa xente, os nosos provedores, clientes actuais e futuras xeracións… somos futuro e xeramos futuro.
A nosa traxectoria é medrar
Chegamos en 1996 e hoxe, co esforzo e a dedicación das nosas 8945 persoas, contamos coa confianza dos nosos clientes, os nosos colaboradores e de todos os que ven en nós o mesmo que ves ti.
Somos respostas. Somos solucións para o mundo de hoxe
Contamos cos recursos, coa capacidade de innovar e coas claves para xerar fogar. Con estes ingredientes, podemos influír nas xeracións actuais e futuras.
O noso reto é xerar sempre un impacto positivo
Contamos con 347 tendas de España a Australia. Somos parte do Grupo Ingka, que opera en centros comerciais, realiza investimentos e fai desenvolvemento de marca en todos os mercados.