Únete ao equipo
Vén a sentirte importante. Vén a medrar. Vén a sentir, desde o primeiro día, que formas parte dun equipo que te valora e te acepta tal e como es. Vén a ser feliz e a facer felices os que te rodean.

A solicitude de emprego en IKEA é como montar un estante Billy, paso a paso
Alégranos ver o teu interese. Non sabes como seguir? Non te preocupes. Aquí amosámosche como solicitar un posto de traballo para unirte ao crecente equipo de colaboradores/as de IKEA.
Tamén atoparás moitos consellos para axudarte ao longo de todo o proceso.
Estás a 6 pasos do teu próximo traballo
1. Busca e solicita un posto de traballo
Atopaches un traballo que che gusta? Xenial, é o momento de presentar a túa solicitude. Primeiro, visita o portal de emprego e crea o teu perfil. Non esquezas subir o teu CV. Unha carta persoal tamén che dará a oportunidade de presentarte e explicar a túa motivación. Interésanos o que te fai especial. Adiante!
2. Investigación previa á selección
O noso persoal de selección revisará todas as solicitudes e, logo, segundo o posto que solicites, poderían pedirche que realices unha breve avaliación. Procuraremos responderte o antes posible.
3. Coñecerte
Sabemos que es moito máis que o teu CV, polo que nos gustaría coñecerte. Despois de todo, contratamos persoas, non CV. Poñerémonos en contacto contigo cunha chamada telefónica ou unha entrevista por vídeo diferido. A isto séguelle unha entrevista presencial ou a través dalgunha plataforma en liña coa persoa responsable da selección ou o teu posible mando futuro.
4. Entrevista
Xa case estás, así que toma aire, porque ata agora foi moi ben. Neste punto, gustaríanos volver a reunirnos contigo. Traballamos con varios tipos diferentes de entrevistas, pero normalmente terás unha entrevista de traballo persoal co teu mando futuro nunha das nosas localizacións ou en liña. Aproveita esta oportunidade para compartir a túa motivación e facer preguntas sobre o teu futuro traballo. Lembra que non pasa nada por sentir nervios, só demostra que o traballo é importante para ti.
5. Oferta
Parabéns! Tomamos a nosa decisión, así que agora é o momento de que tomes a túa. Poñerémonos en contacto contigo para presentarche unha oferta de emprego e comentala contigo. Tamén a recibirás por escrito para que poidas lela e decidir tendo en conta toda a información. Naturalmente, esperamos que a aceptes. Cando facemos unha oferta, comprometémonos á igualdade salarial. Asegurámonos de pagar de maneira xusta en función da túa experiencia e titulación. Isto significa que poderiamos preguntarche cales son as túas expectativas salariais, pero non che preguntaremos cal era o teu salario anterior. Nesta etapa, realizaremos as comprobacións da túa traxectoria e as referencias necesarias.
6. Incorporación
Unha vez que aceptes a oferta, darémosche acceso ao noso portal de preincorporación para que amplíes información sobre a marca e o negocio IKEA, o teu novo equipo e outros datos útiles. Todo o que precisas para prepararte para o teu primeiro día como colaborador/a de IKEA.

Preguntas frecuentes sobre conseguir un traballo en IKEA
O proceso de solicitude e entrevista para un novo traballo pode ser un pouco confuso e estresante. Estas son as respostas a algunhas preguntas frecuentes que, con sorte, che facilitarán as cousas e te axudarán a relaxarte e a ser ti mesmo/a.
Estás a piques de comezar a túa nova viaxe
Tómate o teu tempo e revisa todos os traballos que ofrecemos. Pero unha vez que atopes un que che guste, non perdas tempo. As cousas móvense rapidamente e sempre estamos dispostos a falar con persoas interesadas en axudarnos a mellorar a vida diaria das persoas no fogar.
Non atopaches nada? Non te preocupes. Crea unha Alerta de emprego e avisarémoste cando xurda un posto adecuado.