É posible mellorar a vida no fogar a través dunha comida saudable?
Gústanos a boa comida, así como innovar e crear produtos alimenticios deliciosos e nutritivos. A nosa maior inspiración? Saber que podemos crear un mellor día a día no fogar para todo o mundo a través de comidas saborosas, saudables e sostibles.


Adoro a comida. A comida é a nosa amiga, e a miña misión é axudar a que as persoas mostren unha actitude máis positiva e inclusiva cara á nutrición e a saúde.”
Maria WirénNutrition/Health Leader, IKEA
Consume alimentos de calidade
Cada alimento ten unha composición nutricional diferente, con niveis distintos de hidratos de carbono, proteínas, graxas, vitaminas e minerais. O corpo precísanos todos para funcionar ben. Por iso, recoméndase levar unha alimentación variada, con máis fibras e vexetais. Os alimentos de alto contido nutricional, a maioría procedentes do reino vexetal (hortalizas, legumes ou froita), constitúen a base dunha dieta saudable e equilibrada.
Nós non decidimos o que é "saudable". A definición ten que ter unha base científica e estar fundamentada para ser útil, tanto para os nosos clientes como para nós mesmos.”
Maria WirénNutrition/Health Leader, IKEA
Daquela, que é "saudable"?
Á hora de crear novos produtos, en IKEA empregamos un sistema de perfís nutricionais (IFNPS) avalado pola ciencia. Os criterios nutricionais que obtemos del aplícanse a toda a gama, dende paquetes individuais ata aperitivos ou comidas enteiras. Cada categoría alimentaria ten tres niveis de calidade: verde, amarelo e vermello. O verde equivale ao nivel con mellor calidade nutricional.
O sistema mide:
- calorías (kcal)
- graxas saturadas
- azucres
- sal
- fibra

Queremos mellorar a vida das persoas no fogar coa nosa gama de produtos alimenticios, pois sabemos que todo comeza pola comida.”
Elin BollNutrition/Health Leader, IKEA

Cada ano, máis de 500 millóns de persoas comen en IKEA e mercan alimentos nas nosas tendas de alimentación sueca.
Come na nosa casa (ou na túa)
Cada ano, máis de 500 millóns de persoas comen e mercan alimentos en IKEA, e cada unha delas ten unha boa razón para facelo. Ofrecemos moreas de alimentos deliciosos, saudables e sostibles para todo tipo de situacións, necesidades individuais e preferencias. Come, merenda ou toma a sobremesa nas nosas tendas, ou pásate pola tenda de alimentación sueca e atopa o que precisas para cociñar en casa. As familias con nenos son moi importantes para nós. Por iso, o noso sistema de perfís nutricionais ten en conta as necesidades alimentarias dos máis cativos.