Saltar

Bocadillo de salchicha vexetariano: delicia de orixe vexetal

Propuxémonos crear un gorentoso bocadillo de salchicha vexeteriano para o bistró sueco, unha opción de orixe vexetal máis sostible para o noso querido e famoso bocadillo de salchicha. Mais, por que facer un bocadillo de salchicha sen carne?

Unha nena cun xersei rosa achégase para recoller o seu bocadillo de salchicha vexetariano no mostrador dunha tenda IKEA.

Dúas boas razóns

En primeiro lugar, os alimentos de orixe vexetal precisan menos recursos, menos auga e menos terra para alimentar á mesma cantidade de persoas, ao tempo que reducen a pegada climática.

En segundo lugar, cremos que os alimentos saudables e sostibles deben ser deliciosos e económicos e queremos que sexa máis fácil tomar mellores decisións diarias.

Coa nosa gama de alimentos, queremos axudar e inspirar aos nosos clientes a desfrutaren dun estilo de vida máis saudable e sostible a un prezo accesible. Deste xeito, xuntos poderemos contribuír a un impacto positivo nas persoas e no planeta.

Helene von ReisBusiness Area Manager, BA Food

Unha persoa pica un pouco de tomiño para botalo a unha tixola de bocadillos de salchicha vexetarianos, ao lado do paquete KORVMOJ.

Dálle a un bocadillo de salchicha un bo fogar

Tamén podes mercar o noso popular bocadillo de salchicha vexetariano KORVMOJ na Tenda de Alimentación Sueca. Así como a versión do Bistró IKEA, estes bocadillos de salchicha vexetarianos están feitos de col crespa, lentellas vermellas, cenorias e xenxibre.

Descubre deliciosas opcións de orixe vexetal

Máis opcións de orixe vexetal

As decisións que tomamos con respecto á comida afectan ao clima. Xa que logo, estamos traballando en crear sistemas alimentarios máis sostibles.

Descubre deliciosas opcións de orixe vexetal