Por que compramos e vendemos mobles de segunda man?
Todos debemos ser conscientes do impacto que poden ter no planeta as decisións que tomamos. Ao mellorar os nosos fogares, podemos preguntarnos se un moble que non necesitamos podería ter unha segunda vida Todos os anos tíranse mobles de segunda man en perfecto estado. Por iso, estamos encantados de recomprar e revender os teus vellos mobles IKEA e darlles unha segunda vida nun novo fogar.
Veñas!

Obter un orzamento
Co noso servizo de recompra e revenda, nunca foi tan doado transferir os artigos que xa non usas para darlles unha segunda vida. Inicia o proceso de valoración cubrindo un formulario en liña para obter un orzamento dos teus mobles IKEA de segunda man.
Bota unha ollada aos mobles de segunda man de IKEA
Na nosa sección de Oportunidades, tenda física e tenda en liña, atoparás unha gran selección de produtos preparados para unha nova vida. Algúns son artigos de exposición, outros son xoias de segunda man do noso servizo de recompra e, outros, artigos descatalogados.
Queremos ser unha empresa circular para o 2030
Unha parte importante para acadar este obxectivo é crear e ofrecer produtos pensados para ser redeseñados, reparados, reutilizados, revendidos ou, como último recurso, reciclados, para así xerar o menor volume de residuos posible.

Demos unha segunda vida a máis de 42,6 millóns de produtos no FY22