Saltar

Como crea IKEA produtos seguros

Axudamos a que a vida no fogar sexa mellor para moitas persoas, e unha vida máis segura é unha vida mellor. Toda a nosa empresa, desde os deseñadores ata os provedores e colaboradores, xira en torno a crear unha vida máis segura para os nosos clientes. Este principio forma parte do noso ADN.

Os nosos produtos son probados e verificados de forma moi coidadosa. Os nosos produtos cumpren cos requirimentos legais e cos estándares dos mercados nos que se venden, ademais de superar os nosos propios requirimentos, que adoitan ser máis estritos que os impostos polas autoridades.

Un neno xogando nun sofá branco, símbolo da seguridade dos produtos de IKEA.
Un neno xogando nun sofá branco, símbolo da seguridade dos produtos de IKEA.

A seguridade é unha parte vital no proceso de desenvolvemento dun produto

Onde has estar máis seguro que na túa casa? É por iso que a seguridade está no centro de todas as etapas creativas dun produto: dende a propia concepción da idea, pasando polo deseño e desenvolvemento, ata chegarmos ao produto acabado que ofrecemos aos nosos clientes. Os nosos deseñadores, creadores e enxeñeiros teñen en conta a posibilidades de uso dun produto e póñeno a proba.

O obxectivo é crear produtos seguros para os nosos clientes.

Marie Wendel-Svensson, especialista en dereito e calidade, Inter IKEA Group

Somos especialistas na vida no fogar

IKEA ten 75 anos de experiencia na vida doméstica cotiá. Sabemos de vida no fogar. Por iso tamén sabemos moito sobre os perigos habituais que axexan na casa e que nos levaron a implantar innovacións e formas de traballo que lles permiten os nosos clientes crearen unha contorna máis segura na casa.

En IKEA, avaliar os perigos potenciais dun produto constitúe unha parte vital dentro do proceso de creación. Asegurámonos de que cada produto sexa seguro de seu, e tamén temos en conta o uso que se fai de cada un deles.

Un resumo sobre a seguridade dos produtos

Gardamos as opinións que nos chegan dos nosos clientes de todo o mundo para saber o uso que lle dan aos nosos produtos. Temos en conta estes comentarios para ir mellorando a nosa gama de produtos. Un exemplo disto son os estores sen cordas para ventás.

Deixamos de incorporar cables aos nosos produtos cando fomos conscientes dos potenciais riscos que supuñan para a seguridade. Hoxe, os estores que vende IKEA non teñen cordas, ou polo menos, cordas á vista. Este é un exemplo de como eliminamos perigos innecesarios na casa por medio de continuas probas e melloras nos nosos produtos.

A seguridade dos bebés e dos máis pequenos é a nosa prioridade

De cantas formas pode un neno utilizar un xoguete...? O noso traballo é encontrar resposta a esa pregunta, tendo en conta todas as posibilidades. Entender e prever as distintas formas nas que se pode utilizar un produto é unha parte moi importante no proceso de creación.

Independentemente do prezo, os produtos de IKEA para os máis pequenos están creados coa seguridade en mente. Á hora de probar os nosos produtos, temos en conta os posibles usos intencionados e non intencionados para identificar e minimizar os riscos subxacentes e deste xeito ofrecer un produto seguro para ti e a túa familia.

Queremos que durmas coma un bebé

Sabías que, antes de chegar aos nosos clientes, o colchón HÖVÅG con resortes ensacados ten que superar 120 requirimentos de seguridade, sustentabilidade e calidade relativos a inflamabilidade, resistencia a rachados, resistencia contra a compresión e moitos outros?

Como sabemos que un produto é seguro?

Avaliamos a seguridade, calidade e impacto ambiental en moitas áreas, como química, resistencia ao lume, superficies, corrosión, alumeado, electrónica, función e durabilidade ou lavado e montaxe. Velaquí algúns exemplos:

Seguridade química

Traballamos arreo para os nosos produtos estaren libres de químicos potencialmente perigosos para as persoas, adiantándonos en moitos casos á lexislación vixente.

Podes ter o convencemento de que nin a roupa de cama, que está en contacto coa pel, nin os xoguetes, conteñen restos químicos nin supoñen un risco para os teus nenos. Por exemplo, a nosa roupa de cama non contén colorantes alerxénicos nin tóxicos, solventes tóxicos, formaldehido nin APEO.

Seguridade en estabilidade

Independentemente do deseño e da construción, para evitar que un toucador ou unha cómoda de caixóns caia, teñen que estar ben suxeitos á parede cos enganches que se inclúen.

Para facilitarlles unha vida máis segura na casa aos nosos clientes, todos os mobles de almacenaxe IKEA que superen unha altura determinada inclúen protección para que non caian.

Seguridade en buratos, fendas e aberturas

IKEA aplica estritos criterios de seguridade no relativo aos compostos e produtos acabados para que os buratos, fendas e aberturas sexan o máis seguros posible.

Un dos produtos nos que isto é fundamental son as liteiras. As fendas da varanda teñen que ter un tamaño que impida unha persoa caer accidentalmente polo medio, pero tamén o suficientemente grandes para que non che quede un dedo ou brazo pillado mentres dormes.

Seguridade das pezas pequenas

Na mesma fase de desenvolvemento, asegurámonos de que os xoguetes IKEA para menores de tres anos non teñan pezas pequenas e accesibles que poidan tragar ou inhalar.

Todas as persoas que traballan na creación de produtos para nenos reciben formación específica para deseñar os nosos produtos de xeito que sexan seguros para os máis pequenos e que contribúan ao seu desenvolvemento.

Seguridade de peche e apertura

As pezas de mobiliario que fan movementos tipo tesoira cando se abren ou pechan sempre supoñen un risco, especialmente para os máis pequenos, xa que lles poden provocar lesións graves. Por este motivo, IKEA préstalle especial atención a este tipo de mobles, como as cadeiras pregables. Os compoñentes teñen que estar separados ata un punto determinado, deste xeito, se a un neno lle queda preso un dedo, poderá liberalo, no peor dos casos, só cunha pequena ferida, non cun dedo roto.

Seguridade eléctrica

IKEA foi un dos líderes da industria na revolución LED. Incorporar a tecnoloxía LED deu como resultado importantes beneficios para os nosos clientes e para o ambiente. Pero sabías que a tecnoloxía LED, cunha intensidade de luz potencialmente elevada, pode provocar danos na pel e nos ollos? Ese é o motivo polo que IKEA proba todos os seus produtos LED e verifica que son seguros e que cumpren as máis rigorosas normas de seguridade.

Temos abandonado proxectos na fase de deseño porque vimos que non era posible facelos todo o seguros que queriamos.

Annabella Martegani, orientadora de calidade de produtos, IKEA para Nenos

Os laboratorios de proba de IKEA, unha parte esencial da nosa empresa

Realizamos máis de un millón de probas ao ano. Os laboratorios de probas de IKEA en Älmhult e Shangai son de última xeración, cunha área de probas combinada de 20.000 m2, onde máis de 250 persoas traballan a tempo completo para asegurar a resistencia, sustentabilidade e seguridade dos nosos produtos. Alén dos nosos laboratorios, traballamos con outros laboratorios de probas acreditados e independentes de todo o mundo.

Todos os nosos produtos son avaliados e probados durante toda a súa vida útil para garantir que seguen cumprindo as nosas esixentes normas. E se é necesario, mellorámolos.