Coñece a Kathy
Cando cose, Kathy sente que está creando, facendo algo que ten un bonito proceso detrás. Adora ver como se van construíndo as cousas dende o padrón ata o coxín final. Ela é unha das 20 mulleres que crean a colección de coxíns ÅTERSTÄLLA de IKEA no obradoiro de Ellas lo Bordan.
O que máis me gusta do obradoiro é que me fai sentir segura a min e ao meu fillo”
Kathy foi a última das rapazas en chegar ao obradoiro. Ata ese momento, traballaba coidando persoas maiores. Ao principio para ela foi complicado facerse ao ritmo que xa colleran nos días que levaban de formación, pero sentiuse moi acollida e tremendamente motivada.
“Hai tantas cousas que me gustan do obradoiro! Pero sobre todo que me fai sentir segura a min e ao meu fillo”, di Kathy.
Antes de todo iso, fai uns anos, estudaba xestión administrativa. Encántanlle os números! “No seu momento non puiden rematar os estudos porque foi unha época na que tiven moitos problemas... Quedei soa co meu fillo e non tiña onde ir”, explica.
Unha vida completa e tranquila.
Pero eses problemas quedaron nun pasado que se vai atenuando entre teas e máquinas de coser. Aquí e agora, cando máis goza Kathy é cando están en plena produción. Nin sequera se dá conta de que o tempo pasa. A concentración no obradoiro é case algo palpable. A ilusión deste sitio pódese tocar cos dedos.
Kathy é feliz así. É feliz ao saber que o seu fillo e máis ela están ben: nunca puido chegar a imaxinar que existise tanta axuda e tantas posibilidades.
"Ellas lo Bordan é o mellor que me puido pasar"
“Agora estou feliz co meu traballo e sento que tiven moita sorte de entrar neste proxecto. É o mellor que me puido pasar”, comenta feliz.
Agora, Kathy está a cargo do almacén precisamente porque se lle dan ben os números: inventario, stock... Tamén vai botar unha man en Administración e Finanzas.
Pensaba que a súa vida era só aguantar. Agora deuse conta de que é moito máis que iso. Kathy é agora unha muller apoderada que cose un futuro inmenso, cheo de posibilidades.