Avance cara a un negocio circular
Estamos a traballar para transformar todos os aspectos das nosas actividades, desde a forma en que obtemos enerxía e materiais ata como deseñamos os nosos produtos e como levamos a cabo as nosas operacións.


- Páxina de información do produto
Marcámonos obxectivos ambiciosos
- Permitir aos clientes adquirir, coidar e transferir os produtos de maneira circular
- Deseñar todos os produtos desde o principio para que se poidan reutilizar, reacondicionar e, finalmente, reciclar
- Utilizar unicamente materiais renovables e reciclados
- Promover, colaborar e formar asociacións empresariais para fomentar unha economía circular

- Páxina de información do produto
Moitas das nosas mellores ideas son recicladas
As nosas lámpadas ZEBRASÄV deséñanse pensando na reciclaxe. Unha está feita cun mínimo do 50% de plástico reciclado e a outra con, polo menos, o 90% de pasta de papel reciclado.
Estamos en camiño
Como parte da nosa viaxe de transición cara a un negocio circular, estamos a deseñar un futuro circular.
En 2024, a través do noso Servizo de recompra, recompramos máis de 495 000 produtos IKEA usados que os clientes xa non necesitaban e revendémolos. Ofrecemos máis de 25,8 millóns de pezas de montaxe gratuítas a 2,2 millóns de clientes para que puideran reparar os nosos produtos e seguir usándoos máis tempo.
Zona de reciclaxe
Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.