Saltar

Entregas de IKEA sen emisións

En IKEA, temos o compromiso de reducir as emisións en toda a nosa cadea de valor.Como resultado, o Grupo Ingka, o maior franquiado de IKEA, propúxose que máis do 90% das entregas globais se realizasen con vehículos eléctricos ou outras solucións sen emisións para o ano 2028. 

Un vehículo eléctrico de transporte de IKEA nunha estrada de Suíza, cun ceo azul e unha cadea montañosa parcialmente nevada no fondo.
Ao promover o uso de vehículos eléctricos para a entrega a domicilio, queremos mellorar o entorno local que rodea as nosas tendas e actuar como "bo veciño". Esperamos ver cidades máis saudables e un clima en xeral.
Simon Henzell-ThomasXerente de Clima e Natureza do Grupo Ingka, que opera tendas IKEA en 31 países.

O camiño que temos por diante

Co fin de inspirar o cambio cara ás entregas sen emisións, o Grupo Ingka estableceu un ambicioso obxectivo xa no 2018 para acadar o 100% de entregas sen emisións en 2025. Porén, o camiño cara ao 100% de entregas sen emisións non sempre foi fácil.

A infraestrutura de carga para vehículos eléctricos non progresou tan rapidamente como se agardaba, e a pandemia da COVID-19 afectou en gran medida á dispoñibilidade dos vehículos eléctricos. Enfrontámonos a retos en lugares remotos, onde a autonomía dos vehículos, combinada co peso dos nosos produtos, nos facía ir máis amodo. En setembro de 2024, o 41,1% das entregas a domicilio realizadas polo Grupo Ingka fixéronse en vehículos sen emisións, mentres que o ano anterior esa cifra foi o 24,6%. Para reflectir o aprendido e o progreso ata o momento, o Grupo Ingka reformulou o seu obxectivo: agora, queremos acadar que máis do 90% das entregas a domicilio se realicen con vehículos de cero emisións para 2028. 

Este obxectivo seguirá baseándose na ambición e o impulso do primeiro obxectivo, pero será máis factible e realista. O obxectivo sempre será superar o 90%, pero ese 10% ata o 100% representa a incerteza que sempre existirá ao chegar ata os clientes, como a falta de cargadores en lugares remotos e as posibles avarías dos vehículos que requiran a súa substitución por un vehículo que non sexa eléctrico con pouca antelación para entregar os produtos prometidos aos nosos clientes.  

Cal é o enfoque das entregas sen emisións de IKEA? 

A nosa metodoloxía para acadar entregas sen emisións inclúe os seguintes elementos:

Localización

Identificar e adoptar tecnoloxías e combustibles axeitados para a infraestrutura local.

Colaboracións

Colaborar estreitamente coas autoridades, as comunidades locais e os socios e as socias para crear un ambiente que posibilite a loxística necesaria para eliminar as emisións.

Informes

Supervisar o noso progreso con frecuencia e xerar informes transparentes ao respecto para garantir a asunción de responsabilidades.


Na procura dos obxectivos de redución de emisións de IKEA

O Grupo Ingka está realizando importantes avances en todo o mundo para conseguir realizar entregas sen emisións: 

  • Percorremos un longo camiño dende que fixamos o obxectivo en 2018. Xa en 2019, Shanghái converteuse na primeira cidade na que o 100% das nosas entregas a domicilio se levan a cabo en vehículos eléctricos, e na actualidade realizamos o 100% das entregas a domicilio sen emisións en 20 cidades, en máis de 300 localizacións e con máis de 2500 vehículos eléctricos en funcionamento en todo o mundo.   
  • Os nosos prognósticos máis recentes amosan que estamos avanzando a bo ritmo cara ao obxectivo de acadar o 100% de entregas con cero emisións, aínda que seguimos a afrontar algúns retos. Porén, agardamos lograr avances significativos en 2025 grazas aos progresos realizados na infraestrutura de carga no último ano e á entrada en vigor de novas políticas que permitirán o uso de vehículos comerciais lixeiros máis pesados en moitos países.
  • Facemos todo o posible para implementar máis rapidamente os vehículos sen emisións mediante investimentos adicionais en vehículos e infraestrutura de carga, probas piloto de solucións innovadoras e colaboracións con outros axentes do sector. Estas iniciativas inclúen a colaboración con fabricantes de camións para probar novos vehículos eléctricos, o investimento en infraestruturas de carga e a promoción de cambios políticos para superar as barreiras normativas. 

Como traballamos as emisións en IKEA en España:

En España o 60% das nosas entregas rexistran cero emisións. E a nosa frota de vehículos eléctricos supera xa as 186 unidades.

No camiño cara á descarbonización completa das entregas aos nosos clientes tivemos que lidar coa limitada autonomía dos vehículos eléctricos e coa falta de infraestrutura pública de carga, decisiva nalgunhas zonas da península. Nun intento por paliar esta situación, investimos en implementar novos puntos de recarga eléctrica, tanto nas novas aperturas, como en tendas xa existentes.


Contido relacionado

Zona de reciclaxe

Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.

Localiza a túa tenda